ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social por sectores de actividade económica e grao de urbanización. Galicia

A distribución das afiliacións á Seguridade Social por sectores de actividade amosa unha forte presenza do sector servizos nas tres zonas de Galicia establecidas polo grao de urbanización. Ademais, a porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social no sector servizos aumenta co grao de urbanización e o valor máis alto acádase na ZDP, cun 82,7% das afiliacións totais neste sector.

 
Pola contra, a porcentaxe de afiliacións na agricultura e na pesca presenta una relación inversa co grao de urbanización e así, o seu valor máis alto rexístrase na ZPP, cun 11,4% das afiliacións totais neste sector.
 
A porcentaxe de afiliacións na construción acada tamén os seus valores máis elevados na ZPP. Polo que respecta ao sector da industria, ocupa nas tres zonas un segundo lugar no peso das afiliacións, e no caso da ZPP cun peso similar ao da agricultura e pesca.

 

2023
Sector Total ZDP ZIP ZPP
Agricultura e pesca 5,0 1,0 4,6 11,4
Construción 7,4 5,2 8,1 9,7
Industria 13,7 10,8 15,6 15,2
Servizos 73,4 82,7 71,1 62,9

 


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social por sectores de actividade económica e subgrao de urbanización. Galicia

 
A consideración de subzonas segundo o subgrao de urbanización permite afondar algo máis na diferenciación da xeografía galega por sectores.
 
A ZDP e a ZIP alta destacan pola forte presenza de afiliacións no sector servizos (82,7% e 72,0% respectivamente en 2023).
 
No que respecta á porcentaxe de afiliacións na industria, esta variable non presenta unha relación directa ou inversa co subgrao de urbanización; é na ZPP alta e na ZIP baixa onde este sector acada un maior peso.
 
Dentro da zona pouco poboada, a ZPP baixa é na que maior predominio se observa da agricultura e da pesca (15,0%) e a porcentaxe de afiliacións nos servizos (60,5%) é sensiblemente menor á rexistrada na ZPP intermedia (63,1%) e, sobre todo, na ZPP alta (67,0%)

 

2023
Agricultura e pesca Construción Industria Servizos
Total 5,0 7,4 13,7 73,4
ZDP 1,0 5,2 10,8 82,7
ZIP alta 4,1 7,9 15,5 72,0
ZIP baixa 6,4 8,8 16,2 67,9
ZPP alta 5,5 9,8 17,1 67,0
ZPP intermedia 11,2 10,3 14,5 63,1
ZPP baixa 15,0 9,5 14,3 60,5

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Porcentaxe de afiliacións por sector de actividade:
É a porcentaxe que supoñen as afiliacións á Seguridade Social de cada sector de actividade económica sobre o total de afiliacións. Os datos refírense ao 31 de decembro de cada ano.

Persoas afiliadas á Seguridade Social:
A afiliación ao Sistema da Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador ou da traballadora e para todo o sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador ou a traballadora afíliase cando comeza a súa vida laboral e se dá de alta nalgún dos rexímenes do Sistema da Seguridade Social. Esta situación denomínase alta inicial. Se cesa na súa actividade será dado ou dada de baixa pero seguirá afiliado ou afiliada en situación de baixa laboral. Se retoma a actividade producirase unha alta denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador.
CNAE-09 (Clasificación Nacional de Actividades Económicas):
É a Clasificación Nacional de Actividades Económicas resultante do proceso internacional de revisión denominado Operación 2007. Foi elaborada segundo as condicións recollidas no Regulamento de aprobación da NACE Rev.2. O obxectivo desta clasificación é establecer un conxunto xerarquizado de actividades económicas que poida ser empregado para:

Acceso á Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009)

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social