ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Afiliacións á Seguridade Social segundo grupos de idade, xénero e grao de urbanización


As afiliacións á Seguridade Social en Galicia no ano 2024 amosan un comportamento moi similar entre as tres zonas de urbanización, densamente poboada (ZDP), intermedia (ZIP) e pouco poboada (ZPP). O grupo de idade con maior número de persoas afiliadas, tanto de homes coma de mulleres, nas tres zonas é o de 45-49 anos, con entre o 17,3% das afiliacións na ZIP e o 15,8% na ZPP (a porcentaxe correspondente á ZDP atópase a medio camiño entre ambas, situándose no 16,3%). Nas tres zonas se observa o mesmo fenómeno, moi relacionado coa estrutura demográfica da poboación galega: entre 2014 e 2024 diminúe a porcentaxe de persoas afiliadas nas idades novas e aumenta a partir do grupo de 45-49 anos.

Se comparamos as pirámides de cada zona dos anos 2014 e 2024, apreciamos un desprazamento vertical da pirámide en todas as zonas e un aumento das porcentaxes de poboación nos grupos de idade maiores de 45 anos. Os maiores aumentos producíronse na ZIP, nos grupos de idade entre 45 e 60 anos, e na ZPP e na ZDP nos grupos de idade máis elevados (maiores de 60 anos).

 

2014
2024
Total ZDP ZIP ZPP Total ZDP ZIP ZPP
<25 3,6 3,1 3,8 4,3 4,5 4,5 4,7 4,3
25-29 8,2 7,7 8,2 9,0 6,9 7,4 6,8 6,4
30-34 12,5 12,2 12,9 12,3 8,8 9,2 8,5 8,7
35-39 15,9 16,1 17,0 14,2 10,6 10,5 10,5 10,8
40-44 15,3 15,5 16,1 13,7 13,7 13,4 13,9 13,6
45-49 14,1 14,2 14,4 13,7 16,5 16,3 17,3 15,8
50-54 12,7 12,8 12,3 13,2 15,0 14,9 15,5 14,5
55-59 10,1 10,5 9,1 11,0 12,5 12,3 12,4 13,1
>=60 7,6 8,1 6,3 8,6 11,5 11,6 10,5 12,7


Pirámide de idades das afiliacións á Seguridade Social para os anos 2014 e 2024 para os distintos graos de urbanización





Información para Galicia e provincias segundo o subgrao de urbanización


Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social segundo grupos de idade e subgrao de urbanización

Os grupos de idade de 20 a 39 anos e de 40 a 59 anos acumulan o 85% das afiliacións á Seguridade Social no ano 2024 en Galicia na ZIP alta, e é superior ao 80% en todas as demáis subzonas de urbanización.

No período 2018-2024 obsérvase unha diminución da porcentaxe de afiliacións no grupo de idade de 20 a 39 anos en todas as subzonas de urbanización. Aínda que non existen diferenzas moi significativas entre subzonas, cómpre resaltar que os valores máis altos acádanse na ZDP a partir do ano 2023.

Polo que respecta á porcentaxe de afiliacións no grupo de idade de 40 a 59 anos, cómpre resaltar que, ao contrario que no grupo de idade de 20 a 39 anos, esta aumenta ao longo do período 2018-2024 en todas as subzonas de urbanización, aínda que nos 3 últimos anos obsérvase una diminución na ZDP e na ZIP alta.

2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
20-39
Total 34,8 33,6 31,8 31,5 27,2 26,6 26,2
   ZDP 34,0 33,0 31,3 31,2 27,3 27,1 27,0
   ZIP alta 35,0 33,6 31,6 31,2 26,8 26,0 25,6
   ZIP baixa 36,0 34,5 32,4 32,1 27,5 26,5 26,0
   ZPP alta 35,9 34,3 32,4 31,7 27,2 26,3 25,6
   ZPP intermedia 35,9 34,8 32,9 32,4 27,7 27,0 26,5
   ZPP baixa 35,0 33,9 32,6 32,2 27,2 26,3 25,9
2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
40-59
Total 56,1 56,9 58,1 58,0 58,2 58,0 57,8
   ZDP 56,5 57,0 58,2 58,0 58,0 57,4 56,9
   ZIP alta 57,1 58,1 59,5 59,5 59,7 59,6 59,2
   ZIP baixa 55,9 56,8 58,3 58,2 58,7 58,8 58,7
   ZPP alta 55,7 56,9 58,2 58,4 58,8 58,9 58,9
   ZPP intermedia 54,4 55,1 56,4 56,5 57,1 57,3 57,3
   ZPP baixa 53,9 54,6 55,2 55,1 55,4 55,5 55,7

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Porcentaxe de afiliacións segundo grupos de idade:
É a porcentaxe que supoñen as afiliacións á Seguridade Social de cada un dos grupos de idade considerados sobre o total de afiliacións. Os datos refírense ao 31 de decembro de cada ano.
Persoas afiliadas á Seguridade Social:
A afiliación ao Sistema da Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e única para toda a vida do traballador ou da traballadora e para todo o sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, o traballador ou a traballadora afíliase cando comeza a súa vida laboral e se dá de alta nalgún dos rexímenes do Sistema da Seguridade Social. Esta situación denomínase alta inicial. Se cesa na súa actividade será dado ou dada de baixa pero seguirá afiliado ou afiliada en situación de baixa laboral. Se retoma a actividade producirase unha alta denominada alta sucesiva a efectos estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes