ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo o grao de urbanización. Ano 2022

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 1.066,87 1.242,43 1.072,06 895,19
   • A Coruña 1.104,52 1.290,35 1.109,71 903,02
   • Lugo 996,59 1.149,23 1.057,02 908,92
   • Ourense 941,38 1.102,93 932,84 861,70
   • Pontevedra 1.104,84 1.258,41 1.061,72 902,71

Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a idade e o grao de urbanización. Galicia. Ano 2022

No ano 2022 o importe medio das pensións contributivas da Seguridade Social dos residentes en Galicia presenta unha relación directa co grao de urbanización (a maior grao de urbanización maior importe medio das pensións). Este comportamento reflíctese en todas as provincias, e as diferenzas son máis acusadas nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde o importe medio das pensións na ZDP é máis de 356 euros superior ao da zona menos poboada (ZPP).

 
Ao ter en conta a idade apréciase que o importe medio das pensións crece co grao de urbanización en todos os grupos considerados pero a diferenza é máis acusada no grupo de idade de 65-74 anos, onde de media o importe das pensións na ZDP é 440 euros superior ao da ZPP.

 

Total ZDP ZIP ZPP
0-64 933,05 983,45 962,90 845,89
65-74 1.242,77 1.457,55 1.242,99 1.017,14
75-84 1.044,50 1.252,36 1.038,39 856,19
85 e máis 894,58 1.026,77 889,83 793,59


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Importe medio das pensións contributivas de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

 
Ao considerar o importe medio das pensións segundo o subgrao de urbanización obsérvase o mesmo patrón de crecemento do importe medio ao achegarse á zona densamente poboada.
 
Respecto do ano 2013, no 2022 o importe medio das pensións medrou en todas as subzonas.
 
Por outra banda, o importe medio das pensións dos homes é superior ao importe medio das pensións das mulleres en todas as subzonas de urbanización. Estas diferenzas son máis notables nas zonas máis poboadas (ZDP, ZIP alta e ZIP baixa), a maxima diferenza atópase na ZIP baixa onde o importe medio das pensións dos homes é 364 euros superior ao das mulleres, mentres que nas zonas menos poboadas esta diferenza redúcese ata os 181 euros.

 

2013
2022
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Total 833,61 963,03 704,43 1.066,87 1.217,70 919,53
ZDP 975,51 1.156,84 803,67 1.242,43 1.426,90 1.081,17
ZIP alta 845,59 991,56 685,31 1.076,02 1.247,07 895,03
ZIP baixa 827,25 968,75 676,84 1.060,03 1.234,72 871,12
ZPP alta 753,13 857,30 646,53 964,03 1.103,37 819,97
ZPP intermedia 721,96 810,62 632,74 911,03 1.040,98 777,07
ZPP baixa 689,19 745,86 635,99 863,77 955,47 774,53

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Os datos que se publican neste apartado son relativos a pensións contributivas básicas en alta da Seguridade Social de residentes en Galicia. O concello de residencia da persoa obtense mediante o cruce do ficheiro de pensións contributivas da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do INE. O importe calcúlase como suma dos importes de todas as pensións que percibe cada pensionista

Pensións contributivas da Seguridade Social:
Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, nas que a concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos, …), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos. A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado para os efectos da base reguladora da pensión de que se trate.

As clases de pensións son:

Descarga de datos

Fontes de información

Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia