ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Ano 2022

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 249,5 219,3 226,7 323,9
   • A Coruña 238,9 218,3 216,5 304,0
   • Lugo 296,2 216,2 265,4 369,8
   • Ourense 303,0 247,4 259,4 363,9
   • Pontevedra 228,7 213,4 224,8 279,3

Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia segundo a idade e o grao de urbanización.
Información para Galicia. Ano 2022

No ano 2022 hai 249,5 pensionistas por cada 1.000 habitantes residentes en Galicia que perciben unha pensión contributiva da seguridade social. O número de pensionistas por 1.000 habitantes aumenta ao diminuír o grao de urbanización e acada, por tanto, a valor máis alto na zona pouco poboada, 323,9 pensionistas por mil habitantes, fronte aos 219,3 pensionistas por 1.000 habitantes que se rexistran na zona máis poboada (ZDP).

As provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra compórtanse igual que o conxunto de Galicia e é en Lugo onde as diferenzas son máis acusadas; nesta provincia residen 148 pensionistas máis na ZPP que na ZDP por cada 1.000 habitantes.

 
Na provincia da Coruña a ZDP rexistra máis pensionistas por cada 1.000 habitantes que a ZIP.
 
A distribución segundo a idade dos pensionistas en cada unha das zonas amosa que o 22% dos pensionistas da ZIP teñen menos de 65 anos mentres que a porcentaxe de pensionistas menores de 65 anos na ZPP non acada o 20%. En todas as zonas a porcentaxe de pensionistas entre 65 e 84 anos supera o 60% do total de pensionistas.

 

Total ZDP ZIP ZPP
0-64 127.029 37.848 50.055 39.049
65-74 237.728 80.009 81.477 76.236
75-84 189.173 62.010 60.671 66.487
85 e máis 119.488 37.209 35.226 47.044

 


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Pensionistas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

 
Os datos do indicador de pensionistas por 1.000 habitantes reflicten tamén unha relación inversa co subgrao de urbanización.
 
Con respecto ao ano 2013, no 2022 rexistráronse máis pensionistas por 1.000 habitantes en todas as subzonas de urbanización. As subzonas que experimentaron o maior aumento de pensionistas por 1.000 habitantes no período 2013-2022 foron as ZIP alta e baixa.
 
O número de pensionistas por cada 1.000 residentes é maior no caso dos homes que no das mulleres en todas as subzonas, agás na zona ZPP baixa, a subzona menos poboada.

 

2013
2022
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Total 235,7 243,6 228,3 249,5 256,2 243,3
ZDP 205,4 213,5 198,2 219,3 219,5 219,1
ZIP alta 201,9 215,8 188,6 221,4 234,2 209,3
ZIP baixa 225,4 237,4 214,0 244,7 259,9 230,2
ZPP alta 250,8 257,5 244,2 262,2 271,8 252,9
ZPP intermedia 296,2 302,3 290,3 315,0 325,7 304,7
ZPP baixa 343,3 334,9 351,7 359,9 356,1 363,6

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Os datos que se publican neste apartado son relativos a pensións contributivas básicas en alta da Seguridade Social de residentes en Galicia. O concello de residencia da persoa obtense mediante o cruce do ficheiro de pensións contributivas da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do INE. O importe calcúlase como suma dos importes de todas as pensións que percibe cada pensionista

Pensións contributivas da Seguridade Social:
Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, nas que a concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos, …), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos. A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado para os efectos da base reguladora da pensión de que se trate.

As clases de pensións son:

Descarga de datos

Fontes de información

Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia