ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Número de bens inmobles de uso residencial por Km2 segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2023

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 55,0 535,3 128,6 22,1
   • A Coruña 78,3 651,1 139,8 28,4
   • Lugo 25,5 179,7 73,2 14,7
   • Ourense 36,6 786,7 116,1 22,6
   • Pontevedra 108,1 784,0 152,8 30,3


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Número de bens inmobles de uso residencial por Km2 segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O número de bens inmobles de uso residencial por Km2 aumenta co grao de urbanización e ademais a ZDP diferénciase notablemente das outras dúas zonas. A ZDP presenta valores especialmente altos nas provincias de Ourense e Pontevedra, nas que o número de bens inmobles de uso residencial por Km2 sitúase por riba de 780 inmobles. Na ZIP o indicador toma o valor máis alto na provincia de Pontevedra, que con 152,8 inmobles de uso residencial por Km2, supera o dobre do valor rexistrado en Lugo, que acada os 73,2 inmobles. O valor do indicador non presenta diferenzas significativas entre as provincias na ZPP.

 
Por outra parte, a provincia de Lugo presenta valores baixos do indicador, o que reflicte unha maior dispersión nesta provincia dos bens inmobles de uso residencial.
 
Os datos do indicador segundo o subgrao de urbanización reflicten tamén unha relación directa co subgrao de urbanización e permiten afondar máis na caracterización das distintas zonas de urbanización de Galicia. Así, por un lado cómpre sinalar que na ZIP alta o número de inmobles de uso residencial por Km2 é case o dobre que na ZIP baixa e na ZPP baixa é notablemente inferior ás outras dúas subzonas da ZPP.

 

2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Total 53,1 53,6 54,0 54,3 54,5 54,6 55,0 54,8 55,0
ZDP 523,7 525,3 527,1 527,7 529,3 530,1 531,7 533,8 535,3
ZIP alta 147,2 147,7 148,5 149,6 149,7 150,7 153,7 151,6 152,0
ZIP baixa 85,6 86,4 87,1 87,6 87,7 87,5 88,6 87,9 88,1
ZPP alta 48,5 49,5 49,7 50,0 50,2 50,6 50,7 50,8 51,1
ZPP intermedia 35,8 36,4 36,8 37,3 37,6 37,6 37,5 37,7 37,8
ZPP baixa 15,8 16,1 16,4 16,5 16,6 16,6 16,6 16,5 16,5


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Número de bens inmobles de uso residencial por km2
É o cociente entre o número de bens inmobles de uso residencial e a superficie, expresado en tanto por km2

Inmoble:
Por regra xeral, un inmoble é toda parcela ou porción de solo de natureza urbana, enclavada nun termo municipal e cerrada por unha liña poligonal que delimita o ámbito do dereito de propiedade dun propietario ou de varios pro indiviso, e no seu caso as construcións emprazadas en dito ámbito.

No Censo de poboación e vivendas un inmoble é cada un dos ocos que configuran os edificios, xa sexan vivendas ou locais.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: Dirección General del Catastro. Catastro inmobiliario, IGN. Información subministrada directamente