ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Índice sintético de fecundidade segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2022

 

2022
Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 1,00 0,98 1,02 1,01
   • A Coruña 1,02 0,98 1,04 1,04
   • Lugo 1,06 1,11 1,07 1,00
   • Ourense 0,91 0,93 0,99 0,86
   • Pontevedra 1,00 0,97 1,00 1,08

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Índice sintético de fecundidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O número medio de fillos e fillas por muller é similar en Galicia en todas as zonas de urbanización. Ningunha das tres zonas de urbanización ten asegurado o reemprazo xeracional, que se sitúa en 2,1 fillos/fillas por muller.

Por provincias, o número medio de fillos e fillas por muller acada o seu valor máis alto en Lugo e o máis baixo en Ourense.

 
No período 2002-2022 o número medio de fillos/fillas por muller en Galicia pasou de 0,95 a 1,00. Por subzonas o comportamento é similar, se ben hai que resaltar que ningunha delas consegue superar no ano 2022 o valor de 1,2 fillos/fillas por muller.
 
Por último, cómpre sinalar que nas subzonas máis rurais, ZPP intermedia e baixa, o indicador non logra acadar a cifra de 1 fillo ou filla por muller e sitúase no ano 2022 en 0,94 para a ZPP intermedia e 0,96 para a ZPP baixa. No outro extremo atópase a ZPP alta, que cun valor do indicador igual a 1,14 fillos ou fillas por muller, é a que mellor se comporta.

 

2002 2022
Total 0,95 1,00
ZDP 0,97 0,98
ZIP alta 1,06 1,02
ZIP baixa 0,94 1,01
ZPP alta 0,94 1,14
ZPP intermedia 0,84 0,94
ZPP baixa 0,71 0,96


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Índice sintético de fecundidade (número medio de fillos por muller):
Representa o número esperado de fillos por muller ao longo da súa vida fértil (de 15 a 49 anos). Obtense como a suma das taxas específicas de fecundidade por idade.
Taxas específicas de fecundidade:
Cociente entre o número de nacementos dunha determinada cohorte de nais e o total de mulleres nese grupo de idade.
Nacemento:
No campo demográfico o concepto de nacemento identifícase co concepto biolóxico de nacido con vida.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, IGE-INE. Movemento Natural da Poboación