ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Índice de envellecemento segundo sexo e grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2023

En Galicia, no ano 2023, o índice de envellecemento sitouse en 169,3, o que significa que por cada 100 persoas menores de 20 anos hai 169 de 65 e máis anos. A zona máis envellecida é a ZPP, na que por cada 100 menores de 20 anos hai preto de 267 de 65 e máis anos e, pola contra, a ZIP, cun índice de envellecemento máis próximo a 100, é a zona máis nova de Galicia.



O índice de envellecemento presenta diferenzas significativas por sexo nas catro provincias galegas en todas as zonas de urbanización e toma sempre para as mulleres valores superiores aos dos homes.

 

Total
Homes
Mulleres
Total ZDP ZIP ZPP Total ZDP ZIP ZPP Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 169,3 151,6 135,5 267,8 141,4 119,5 115,2 232,5 198,8 185,2 157,2 305,4
   • A Coruña 162,8 162,4 129,5 230,3 134,9 127,0 109,8 198,8 192,4 199,5 150,5 263,7
   • Lugo 220,3 136,5 181,3 348,0 192,2 108,9 156,9 317,0 249,5 165,4 206,7 379,9
   • Ourense 239,4 168,1 158,4 380,2 202,4 130,7 137,2 329,6 278,9 207,3 180,7 435,7
   • Pontevedra 144,1 140,2 130,7 202,5 118,9 111,8 110,6 168,4 171,0 170,2 152,1 239,5

 

 

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Índice de envellecemento segundo o subgrao de urbanización. Galicia

No período 2005-2023 o índice de envellecemento incrementouse en todas as subzonas de urbanización. Non obstante, a subzona na que máis aumentou foi na ZPP baixa, que constitúe ademais a subzona máis envellecida de Galicia, cunha poboación de 65 e máis anos que é case catro veces a poboación menor de 20 anos no ano 2023.

Por outra parte, cómpre resaltar que a ZIP alta é a única subzona na que o índice de envellecemento se achega ao valor de 100 e, polo tanto, a única na que a poboación de 65 e máis anos é case a mesma que a poboación menor de 20 anos. En ningunha das subzonas de urbanización o índice de envellecemento é menor que 100 no ano 2023.

2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Total 135,5 137,3 139,4 141,9 144,2 146,2 149,4 152,0 153,8 155,1 156,8 158,6 160,8 163,9 167,4 169,3
ZDP 111,4 113,4 115,9 118,5 120,8 122,9 125,7 128,1 129,9 131,2 132,7 134,6 136,7 145,6 149,6 151,6
ZIP alta 92,4 93,9 95,8 97,7 100,0 102,1 105,3 108,0 109,8 111,8 114,1 116,6 119,3 123,7 127,6 130,7
ZIP baixa 116,8 117,9 118,6 121,3 123,5 125,3 128,2 130,8 132,7 134,5 137,7 140,2 142,9 146,8 149,5 152,6
ZPP alta 153,4 154,6 156,0 158,8 160,4 161,4 164,9 167,1 169,6 169,9 171,4 172,2 174,9 171,8 174,5 175,3
ZPP intermedia 198,8 203,0 209,1 214,3 220,1 224,5 231,0 236,5 241,4 243,5 247,7 250,8 253,1 244,5 247,0 247,7
ZPP baixa 307,8 317,9 327,1 337,1 346,1 352,6 362,5 370,3 375,3 377,3 378,7 378,1 379,8 355,6 353,5 348,2

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Índice de envellecemento:
Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos expresada en %, é dicir, o número de persoas de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 20 anos.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de IGE. Cifras poboacionais de referencia