ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Idade media da poboación segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2023

 

2023
Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 48,2 47,1 46,4 52,1
   • A Coruña 47,8 47,5 46,2 50,8
   • Lugo 50,5 46,5 48,8 54,3
   • Ourense 51,2 48,1 47,7 55,1
   • Pontevedra 46,8 46,5 46,0 49,6

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Idade media da poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia

 
A zona máis rural de Galicia (ZPP) é a que presenta unha poboación máis envellecida, cunha media de idade no ano 2023 de 52,1 anos. Nas provincias de Lugo e Ourense, que teñen unha poboación máis envellecida que A Coruña e Pontevedra, a idade media da ZPP supera os 54 anos.
 
No outro extremo sitúase a zona intermedia, na que se atopa a poboación máis nova e na que, polo tanto, a idade media acada os valores máis baixos, tanto en Galicia como en case todas as provincias. Lugo é a única provincia onde a ZDP ten unha idade media inferior á da ZIP. No ano 2023, a idade media da poboación galega na ZIP é case 6 anos inferior á da ZPP.
 
No período 2003-2023 a idade media da poboación galega incrementouse en todas as subzonas establecidas polo subgrao de urbanización. A ZIP alta, cunha idade media de 46,2 anos no ano 2023 configúrase como a subzona máis nova de Galicia; pola contra a ZPP baixa, subzona máis rural de Galicia, cunha idade media de 54,2 anos no mesmo período, constitúe a subzona con maior nivel de envellecemento.

 

2003 2023
Total 43,2 48,2
ZDP 41,6 47,1
ZIP alta 40,3 46,2
ZIP baixa 42,0 47,4
ZPP alta 44,3 48,6
ZPP intermedia 45,8 51,4
ZPP baixa 49,5 54,2


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Idade media da poboación:
É a media aritmética da variable idade agrupada en idades simples.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de IGE. Cifras poboacionais de referencia