ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Poboación segundo grandes grupos de idade e grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2023

Total
ZDP
ZIP
ZPP
<20 20-59 >=60 <20 20-59 >=60 <20 20-59 >=60 <20 20-59 >=60
Galicia 15,5 51,0 33,4 16,3 52,1 31,6 17,0 53,0 30,0 12,4 46,7 40,9
A Coruña 15,8 51,4 32,8 15,7 51,9 32,4 17,4 53,1 29,5 13,5 47,9 38,7
Lugo 13,6 48,6 37,8 17,0 52,6 30,3 14,9 50,5 34,6 10,5 44,7 44,8
Ourense 13,3 47,2 39,5 15,8 50,3 33,9 16,3 50,9 32,8 10,2 43,2 46,6
Pontevedra 16,6 52,7 30,7 16,8 52,8 30,4 17,2 53,6 29,2 14,3 49,7 36,0

 

 

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Poboación segundo grandes grupos de idade e subgrao de urbanización. Galicia

 
En Galicia, a zona pouco poboada é a que presenta unha maior pocentaxe de poboación de 60 e máis anos, seguida da ZDP e da ZIP. Este comportamento repítese, ademais, en todas as provincias galegas, agás en Lugo, onde a porcentaxe de poboación de 60 e máis anos é maior na ZIP que na ZDP. Por outra parte, a zona intermedia é a que presenta en Galicia unha maior porcentaxe de xente nova (menor de 20 anos).
 
A ZPP baixa é a subzona que presenta no ano 2023 unha maior porcentaxe de poboación de 60 e máis anos: o 45,0% da poboación desta zona atópase neste grupo de idade. Pola contra, a ZIP alta é a subzona con maior presenza de xente nova e no ano 2023: o 17,2% da súa poboación é menor de 20 anos.
 
Na ZDP, as porcentaxes de poboación menor de 20 anos e de 20 a 59 anos son inferiores ás da ZIP alta e a de 60 e máis anos superior; a ZDP atópase máis envellecida que a ZIP alta e presenta unha distribución da poboación por grupos de idade moi semellante á da ZIP baixa.

 

2023
<20 20-59 >=60
Total 15,5 51,0 33,4
ZDP 16,3 52,1 31,6
ZIP alta 17,2 53,4 29,4
ZIP baixa 16,3 51,7 32,1
ZPP alta 15,5 50,4 34,1
ZPP intermedia 12,9 47,4 39,7
ZPP baixa 10,6 44,5 45,0

Definicións, fontes e máis información

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de INE. Censos de poboación.