ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Poboación segundo sexo, grupos quinquenais de idade e grao de urbanización. Galicia.

No ano 2024 as pirámides de poboación de Galicia para os graos ZDP e ZPP teñen diferente estrutura: a pirámide correspondente ao grao ZDP estréitase a partir do grupo de idade de 40-44 mentres que a pirámide correspondente ao grao ZPP rexistra máis poboación na parte alta da mesma, sobre todo nos últimos grupos de idade.

En ambas as dúas zonas hai menos porcentaxe de poboación na parte baixa da pirámide pero na zona pouco poboada este descenso de poboación é mais acusado que na ZDP.

2001
Total ZDP ZIP ZPP
0-4 94.722 35.216 38.071 21.435
5-9 101.884 37.203 38.991 25.690
10-14 122.960 43.732 45.834 33.394
15-19 157.255 57.127 56.048 44.080
20-24 207.668 77.661 73.221 56.786
25-29 213.916 82.649 75.334 55.933
30-34 201.933 75.764 73.425 52.744
35-39 193.792 72.222 69.658 51.912
40-44 191.581 71.596 66.599 53.386
45-49 174.440 65.852 58.177 50.411
50-54 168.933 63.980 53.835 51.118
55-59 163.648 59.088 50.870 53.690
60-64 135.825 45.161 41.377 49.287
65-69 169.232 52.336 49.568 67.328
70-74 143.719 43.746 40.581 59.392
75-79 112.769 32.817 30.230 49.722
80-84 76.402 21.719 20.117 34.566
85 e máis 65.201 17.700 16.686 30.815

 

2024
Total ZDP ZIP ZPP
0-4 77.506 29.490 30.577 17.439
5-9 101.947 39.159 41.181 21.607
10-14 116.159 45.061 47.442 23.656
15-19 121.031 46.785 50.058 24.188
20-24 117.159 46.357 46.282 24.520
25-29 116.095 47.674 43.154 25.267
30-34 132.318 52.179 49.090 31.049
35-39 153.500 57.513 58.418 37.569
40-44 198.600 73.410 77.934 47.256
45-49 231.845 85.981 92.085 53.779
50-54 217.978 80.226 85.042 52.710
55-59 207.604 74.693 78.654 54.257
60-64 194.200 68.891 70.610 54.699
65-69 176.205 61.732 62.122 52.351
70-74 157.340 55.840 53.125 48.375
75-79 145.116 50.967 47.548 46.601
80-84 104.241 35.133 33.085 36.023
85 e máis 136.989 44.732 40.888 51.369


Poboación segundo sexo, grupos quinquenais de idade e grao de urbanización. Galicia. Anos 2001 e 2024


Se comparamos as pirámides de cada zona dos anos 2001 e 2024, apreciamos un desprazamento vertical da pirámide en todas as zonas e un aumento das porcentaxes de poboación nos grupos de idade maiores de 35 anos. Os maiores aumentos producíronse na ZIP, nos grupos de idade entre 35 e 60 anos, e na ZPP e na ZDP nos grupos de idade máis elevados (maiores de 80 anos).

As porcentaxes de poboación dos grupos de idade entre 10 e 30 anos descenderon en todas as zonas, e o maior descenso rexístrase na ZIP e na ZDP, no grupo de idade de 20-24 anos.

 

 

Definicións, fontes e máis información

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de INE. Censos de Poboación.