ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Poboación segundo grao de urbanización. Información para Galicia e provincias


No período 2001-2024 a poboación galega aumentou na zona densamente poboada (ZDP) e na intermedia (ZIP) e diminuíu na zona pouco poboada (ZPP). A poboación da zona intermedia experimentou nese período un crecemento do 12,1%, notablemente maior que na ZDP que só acada o 4,2%. Por provincias, o comportamento non é similar se ben hai algún trazo común a todas elas, como é a significativa perda de poboación no período 2001-2024 na ZPP e, de xeito especial, nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

No ano 2024 a poboación das provincias da Coruña e Pontevedra incrementouse con respecto á do ano 2001 un 3,0% e un 4,9% respectivamente. Pola contra, a poboación das provincias de Lugo e Ourense diminuíu con respecto á do ano 2001. En termos absolutos, no período 2001-2024, Galicia experimentou unha aumento na súa poboación cifrada en 9.953 habitantes; A Coruña e Pontevedra gañaron 76.532 habitantes e Lugo e Ourense perderon 66.579 habitantes.

 

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2001
Total 2.695.880 1.096.027 357.648 338.446 903.759
   ZDP 955.569 404.517 88.414 107.510 355.128
   ZIP 898.622 374.059 83.303 54.684 386.576
   ZPP 841.689 317.451 185.931 176.252 162.055
2024
Total 2.705.833 1.128.449 325.048 304.467 947.869
   ZDP 995.823 413.104 99.365 104.725 378.629
   ZIP 1.007.295 436.548 85.225 61.932 423.590
   ZPP 702.715 278.797 140.458 137.810 145.650

 

ZDPZIPZPP0100.000200.000300.000400.000
20012024Poboación segundo o grao de urbanización.A Coruña. Anos 2001 e 2024

 

ZDPZIPZPP050.000100.000150.000
20012024Poboación segundo o grao de urbanización.Lugo. Anos 2001 e 2024
ZDPZIPZPP050.000100.000150.000
20012024Poboación segundo o grao de urbanización.Ourense. Anos 2001 e 2024

 

ZDPZIPZPP0100.000200.000300.000400.000
20012024Poboación segundo o grao de urbanización.Pontevedra. Anos 2001 e 2024

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia


No ano 2024 o 74,0% da poboación galega reside na ZDP (36,8%) e nas dúas subzonas intermedias, ZIP alta (28,7%) e ZIP baixa (8,5%). Con respecto ao ano 2001, a porcentaxe de poboación que acumulan estas tres subzonas incrementouse en 5,2 puntos. Por outra parte a ZPP baixa, que no ano 2024 conta co 13,9% da poboación galega, experimentou con respecto ao ano 2001 unha diminución de 4,6 puntos no peso da súa poboación sobre o total de Galicia.

Os datos da evolución da poboación nas seis subzonas de urbanización de Galicia no período 2001-2024 reflicten, por un lado, un incremento significativo de poboación da ZIP alta e, por outro lado, unha perda de poboación da ZPP intermedia e baixa. Así, no 2024 a poboación da ZIP alta creceu un 14,2% con respecto á do ano 2001; pola contra, a ZPP intermedia diminuíu a súa poboación nun 15,6% e a ZPP baixa nun 24,7%.

 

2001 2011 2021 2024
Total 2.695.880 2.772.927 2.698.177 2.705.833
ZDP 955.569 995.424 988.250 995.823
ZIP alta 679.956 766.313 770.348 776.606
ZIP baixa 218.666 232.934 229.489 230.689
ZPP alta 197.368 206.587 202.641 204.278
ZPP intermedia 144.930 134.844 123.319 122.316
ZPP baixa 499.391 436.825 384.130 376.121

 

1991200120212023200.000400.000600.000800.0001.000.000
ZDPZIP altaZIP baixaZPP altaZPP intermediaZPP baixaPoboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: INE. Censos de poboación.