ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Poboación segundo grao de urbanización. Información para Galicia e provincias


No período 2001-2023 a poboación galega aumentou na zona densamente poboada (ZDP) e na intermedia (ZIP) e diminuíu na zona pouco poboada (ZPP). A poboación da zona intermedia experimentou nese período un crecemento do 11,6%, notablemente maior que na ZDP que só acada o 3,6%. Por provincias, o comportamento non é similar se ben hai algún trazo común a todas elas, como é a significativa perda de poboación no período 2001-2023 na ZPP e, de xeito especial, nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

No ano 2023 a poboación das provincias da Coruña e Pontevedra incrementouse con respecto á do ano 2001 un 2,5% e un 4,8% respectivamente. Pola contra, a poboación das provincias de Lugo e Ourense diminuíu con respecto á do ano 2001. En termos absolutos, no período 2001-2023, Galicia experimentou unha diminución na súa poboación cifrada en 3.544 habitantes; A Coruña e Pontevedra gañaron 70.808 habitantes e Lugo e Ourense perderon 67.264 habitantes.

 

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2001
Total 2.695.880 1.096.027 357.648 338.446 903.759
   ZDP 955.569 404.517 88.414 107.510 355.128
   ZIP 898.622 374.059 83.303 54.684 386.576
   ZPP 841.689 317.451 185.931 176.252 162.055
2023
Total 2.699.424 1.123.884 324.267 304.563 946.710
   ZDP 989.949 410.071 98.189 104.187 377.502
   ZIP 1.002.998 434.307 84.294 61.472 422.925
   ZPP 706.477 279.506 141.784 138.904 146.283

 

 

 

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia


No ano 2023 o 73,8% da poboación galega reside na ZDP (36,7%) e nas dúas subzonas intermedias, ZIP alta (28,6%) e ZIP baixa (8,5%). Con respecto ao ano 2001, a porcentaxe de poboación que acumulan estas tres subzonas incrementouse en 5,0 puntos. Por outra parte a ZPP baixa, que no ano 2023 conta co 14,1% da poboación galega, experimentou con respecto ao ano 2001 unha diminución de 4,4 puntos no peso da súa poboación sobre o total de Galicia.

Os datos da evolución da poboación nas seis subzonas de urbanización de Galicia no período 2001-2023 reflicten, por un lado, un incremento significativo de poboación da ZIP alta e, por outro lado, unha perda de poboación da ZPP intermedia e baixa. Así, no 2023 a poboación da ZIP alta creceu un 13,7% con respecto á do ano 2001; pola contra, a ZPP intermedia diminuíu a súa poboación nun 15,2% e a ZPP baixa nun 24,0%.

 

2001 2011 2021 2023
Total 2.695.880 2.772.927 2.698.177 2.699.424
ZDP 955.569 995.424 988.250 989.949
ZIP alta 679.956 766.313 770.348 773.172
ZIP baixa 218.666 232.934 229.489 229.826
ZPP alta 197.368 206.587 202.641 203.871
ZPP intermedia 144.930 134.844 123.319 122.911
ZPP baixa 499.391 436.825 384.130 379.695

 

Definicións, fontes e máis información

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: INE. Censos de poboación.