ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Esperanza de vida ao nacer segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2021

 

2021
Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 83,48 83,77 83,11 82,70
   • A Coruña 83,25 83,20 83,31 82,49
   • Lugo 83,47 84,62 82,17 82,81
   • Ourense 83,56 83,87 82,84 83,09
   • Pontevedra 83,70 84,17 83,23 82,56

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Esperanza de vida ao nacer segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

 
A esperanza de vida ao nacer non presenta diferenzas significativas entre as zonas de urbanización de Galicia e situouse no ano 2021 en torno aos 83,5 anos.
 
No período 2002-2021 a esperanza de vida ao nacer da poboación galega incrementouse en máis de tres anos. Ademais, todas as subzonas de urbanización presentan un comportamento similar nese período.
 
Por outra parte, cómpre resaltar que a esperanza de vida das mulleres, que no ano 2021 sitúase en 86,5 anos, é superior á dos homes, que se sitúa en torno aos 80,4 anos. Esta diferenza do indicador entre sexos é similar nas distintas subzonas de urbanización.

 

2002
2021
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Total 80,23 76,64 83,74 83,48 80,44 86,45
ZDP 80,39 76,60 83,82 83,77 80,22 86,95
ZIP alta 80,20 76,79 83,51 83,10 79,79 86,46
ZIP baixa 79,52 75,81 83,26 83,15 80,18 86,15
ZPP alta 80,33 76,84 83,81 82,82 79,57 86,21
ZPP intermedia 80,12 75,65 84,78 82,63 78,88 86,73
ZPP baixa 80,64 76,71 84,86 82,68 79,68 86,04


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Esperanza de vida ao nacer:
É o número medio de anos vividos por unha xeración de nacidos baixo unhas condicións de mortalidade dadas.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade