ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Idade media á maternidade segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2022

 

2022
Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 33,3 33,6 33,1 33,0
   • A Coruña 33,4 33,7 33,1 33,3
   • Lugo 32,8 32,8 32,8 32,9
   • Ourense 32,7 33,4 32,0 32,4
   • Pontevedra 33,4 33,8 33,3 32,8

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Idade media á maternidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia

A idade media á maternidade non presenta diferenzas moi significativas segundo o grao de urbanización. Non obstante, a ZDP destaca lixeiramente con respecto ás outras dúas zonas posto que rexistra tanto para Galicia como para as súas provincias os valores máis altos da idade media á maternidade. No ano 2022, a idade media á maternidade acadou na ZDP os 33,6 anos.

Obsérvase tamén no período 2007-2022 un incremento da idade media á maternidade en todas as subzonas de urbanización, o que confirma un retraso na idade á maternidade en toda Galicia.

2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
Total 31,4 31,5 31,6 31,8 32,1 32,1 32,3 32,5 32,5 32,6 32,7 32,7 32,8 32,8 33,2 33,3
ZDP 31,9 31,9 32,2 32,2 32,7 32,6 32,7 32,8 32,9 33,0 33,2 33,2 33,2 33,2 33,7 33,6
ZIP alta 31,1 31,1 31,3 31,4 31,7 31,8 32,0 32,1 32,4 32,3 32,5 32,4 32,6 32,7 32,8 33,1
ZIP baixa 31,0 31,2 30,9 31,4 31,7 31,5 32,0 32,0 32,0 32,1 32,2 32,4 32,2 32,5 33,0 33,2
ZPP alta 31,2 31,0 31,4 31,5 32,1 32,0 32,1 32,4 32,3 32,2 32,7 32,6 32,5 32,6 32,9 32,8
ZPP intermedia 31,1 30,9 31,3 30,9 31,3 31,5 31,5 32,1 32,4 32,2 32,3 32,3 32,6 32,1 32,8 32,9
ZPP baixa 31,4 31,3 31,4 31,6 31,7 31,8 32,2 32,4 32,1 32,4 32,4 32,6 32,6 32,7 32,9 33,1

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Idade media á maternidade:
Media das idades ás que as mulleres teñen fillos ponderada polas taxas específicas de fecundidade por idade.
Taxas específicas de fecundidade:
Cociente entre o número de nacementos dunha determinada cohorte de nais e o total de mulleres nese grupo de idade.
Nacemento:
No campo demográfico o concepto de nacemento identifícase co concepto biolóxico de nacido con vida.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de IGE. Cifras poboacionais de referencia