Introdución

volver ao índice

As Contas do sector fogares son unha operación estatística do Sistema de Contas económicas de Galicia cuxo núcleo principal está formado polas Contas económicas e o Marco Input-Output, ambas operacións consolidadas segundo o Plan galego de estatística.

Proporcionan información da sucesión de contas correntes do sector institucional fogares. Entre as súas utilidades están:

Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos da renda dispoñible por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano, estimada como promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1, a partir das Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE.

Nota: os datos de 2019 son avance e os de 2018 provisionais.



Renda dispoñible bruta dos fogares

volver ao índice

A renda dispoñible bruta dos fogares ascendeu a 41.756 millóns de euros no 2019.

A renda dispoñible bruta é o saldo contable da conta de redistribución da renda e mide a renda que os fogares teñen dispoñible para destinar ao gasto en consumo final ou ben ao aforro. No ano 2018, a renda dispoñible bruta dos fogares ascendeu a 40.885 millóns de euros, isto é foi un 3,5% superior ao dato do ano 2017. Polo que respecta ao ano 2019 (estimación avance), a renda dispoñible bruta dos fogares galegos foi de 41.756 millóns de euros, un 2,1 % superior á do ano anterior.


Renda dispoñible bruta. Galicia
Unidade: miles de euros, euros por habitante

Tempo Renda dispoñible bruta Renda dispoñible bruta por habitante (euros)
2010 39.167.904 14.125
2011 39.016.318 14.071
2012 36.836.672 13.313
2013 36.890.872 13.392
2014 36.659.440 13.374
2015 37.727.923 13.833
2016 38.729.605 14.264
2017 39.519.376 14.600
2018 40.885.244 15.132
2019 41.756.455 15.457

Evolución da Renda dispoñible bruta e do Produto interior bruto. Galicia
Unidade: porcentaxes

Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa), IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)


A partir de 2015, a renda dispoñible bruta dos fogares medrou aínda que a un ritmo menor do que o fixo a economía.

En 2019, a renda dispoñible bruta por habitante foi de 15.457 euros, un 2,1% máis elevada que no período anterior.



Valor engadido bruto do sector fogares

volver ao índice

O sector fogares achega o 22,6% do Produto interior bruto galego en 2018

Fixámonos agora no sector fogares como a agrupación das persoas na súa faceta de produtores de bens e servizos, é dicir, estamos a falar da actividade produtiva dos traballadores por conta propia non constituídos en sociedade. Na actividade dos fogares tamén se inclúen os servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios.

O valor engadido bruto xerado por este colectivo en 2018 foi de 14.042 millóns de euros, o cal supón o 22,6% do Produto interior bruto (PIB) de Galicia e un crecemento do 3,8% con respecto ao período anterior.

Valor engadido bruto do sector fogares e Produto interior bruto. Galicia
Unidade: miles de euros, porcentaxes

Tempo Produto interior bruto Valor engadido bruto porcentaxe sobre o PIB
2010 56.891.514 13.611.167 23,9
2011 55.562.414 13.140.574 23,7
2012 53.434.959 12.745.529 23,9
2013 53.224.703 12.791.579 24,0
2014 53.803.931 12.562.841 23,3
2015 55.502.625 12.778.882 23,0
2016 57.556.152 13.289.139 23,1
2017 59.421.328 13.525.246 22,8
2018 62.225.855 14.042.170 22,6

Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)



Saldo de rendas primarias e distribución secundaria da renda

volver ao índice

O saldo das rendas primarias increméntase un 3,9% no 2018

A renda primaria defínese como a renda que reciben as unidades residentes en virtude da súa participación directa no proceso de produción e a renda a cobrar polo propietario dun activo financeiro ou dun recurso natural por facilitar fondos ou poñer os recursos naturais a disposición doutra unidade institucional. É dicir, sería a renda que obteñen os fogares antes de que interveña ningún mecanismo de redistribución. Se atendemos ao saldo das rendas primarias do sector fogares, vemos que no ano 2018 presentan un incremento do 3,9% con respecto ao ano anterior.

Saldo de rendas primarias. Galicia
Unidade: miles de euros

Tempo Saldo das rendas primarias bruto
2010 39.998.685
2011 39.620.966
2012 37.010.906
2013 36.928.835
2014 36.865.581
2015 37.563.347
2016 38.741.097
2017 39.919.094
2018 41.473.108

Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)




Así pois, o crecemento en 2018 da renda dispoñible bruta responde a un crecemento das rendas primarias dos fogares, como xa ocorrera nos anos anteriores.

No ano 2018 o saldo das rendas primarias foi maior que a renda dispoñible bruta. Isto significa que, no proceso de redistribución da renda, os recursos (prestacións sociais e outras transferencias correntes recibidas) son inferiores aos empregos (impostos correntes sobre a renda e patrimonio, cotizacións sociais e outras transferencias correntes pagadas).




Distribución de ingresos e gastos

volver ao índice

A Renda dispoñible bruta é un saldo contable dunha serie de recursos (ou ingresos) e empregos (gastos) que se recollen nas contas de asignación da renda primaria e distribución secundaria da renda.

Recursos 2010 2018
Excedente de explotación bruto 4.249.976 4.497.651
Outras transferencias correntes 2.672.704 3.551.743
Prestacións sociais distintas das transferencias sociais en especie 11.364.015 12.898.419
Remuneración dos asalariados 27.041.176 27.582.215
Renda mixta bruta 7.202.077 7.521.071
Rendas da propiedade 2.136.548 2.067.056
Empregos 2010 2018
Cotizacións sociais netas 8.526.858 8.587.552
Impostos correntes sobre a renda, o patrimonio, etc. 3.873.185 4.646.243
Outras transferencias correntes 2.467.457 3.804.231
Rendas da propiedade 631.092 194.885

Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)

No ano 2018, a remuneración dos asalariados representa un 47,5% dos recursos totais dos fogares, o excedente de explotación/ renda mixta achega o 20,6% dos recursos, mentres as prestacións sociais acadan un 22,2%. As outras transferencias correntes (que inclúen bolsas de estudo, remesas de emigrantes, transferencias entre fogares e outras rendas) e as rendas da propiedade achegan un 9,7% dos recursos.

O 49,8% dos empregos totais do sector fogares son cotizacións sociais, isto é, achegas dos fogares aos sistemas de prestacións sociais. Séguelle en relevancia os impostos sobre a renda, o patrimonio, etc., cun peso no total dos gastos do 27%.


Distribución dos recursos
Unidade: porcentaxe (%)

Distribución dos empregos
Unidade: porcentaxe (%)

O cociente entre cotizacións sociais e prestacións sociais foi do 66,6% no ano 2018, cando no inicio do período era do 75%.



O papel das transferencias sociais en especie na economía dos fogares

volver ao índice

En 2018 as transferencias sociais en especie superaron os 8.477 millóns de euros

As transferencias sociais en especie son os bens e servizos individuais proporcionados aos fogares principalmente polas Administracións públicas de xeito gratuíto ou a prezos economicamente non significativos. Son financiados polos impostos, cotizacións e outros ingresos das administracións públicas. Son, principalmente, servizos de educación e sanidade.

No ano 2018 estes bens e servizos ascenderon a 8.477 millóns de euros e proveñen principalmente do sector Administracións públicas (8.025 millóns de euros). Esta contía incrementa a renda dispoñible dos fogares dando lugar á chamada Renda dispoñible axustada que medrou no 2018 un 3,3%.



A distribución da renda dos fogares entre o gasto en consumo final e o aforro

volver ao índice




O aforro do sector fogares incrementouse no ano 2018

O gasto en consumo dos fogares medrou en 2018 un 2,1%, 1,4 puntos menos que o crecemento da renda dispoñible. Como resultado temos un aumento do aforro do sector fogares en Galicia.

O cociente entre aforro e renda dispoñible denomínase taxa de aforro e no ano 2018 foi do 5,9%.

Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga dos datos)


Definicións e máis información

volver ao índice

Definicións

Máis información: