As contas do sector fogares son unha operación estatística do Sistema de Contas Económicas de Galicia cuxo núcleo principal está formado polas Contas económicas e o Marco Input-Output, ambas operacións consolidadas segundo o Plan galego de estatística.
Proporcionan información da sucesión de contas correntes do sector institucional fogares. Entre as súas utilidades están:
Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos da renda dispoñible por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano, estimada como promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1, a partir das Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE.
Nota: Os datos de 2016 son provisionais.
A renda dispoñible bruta dos fogares ascendeu a 38.064 millóns de euros no 2016.
A renda dispoñible bruta é o saldo contable da conta de redistribución da renda e mide a renda que os fogares teñen dispoñible para destinar ao gasto en consumo final ou ben ao aforro. No 2016 a renda dispoñible bruta dos fogares galegos foi de 38.064 millóns de euros, un 1,3 % superior á do ano anterior.
Renda dispoñible bruta. Galicia
Unidade: miles de euros, euros por habitante
Tempo | Renda dispoñible bruta | Renda dispoñible bruta por habitante (euros) |
---|---|---|
2010 | 37.881.163 | 13.661 |
2011 | 38.106.148 | 13.743 |
2012 | 36.979.912 | 13.365 |
2013 | 37.147.716 | 13.485 |
2014 | 37.290.719 | 13.605 |
2015 | 37.561.331 | 13.772 |
2016 | 38.063.760 | 14.019 |
Evolución da Renda dispoñible bruta e do Produto interior bruto. Galicia
Unidade: porcentaxes
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Nos últimos anos da serie 2010-2016 a renda dispoñible bruta dos fogares está medrando aínda que a un ritmo menor do que o fai a economía. Así mesmo, nos anos en que a economía tivo crecementos negativos, a renda tivo pola contra un mellor comportamento relativo polo efecto redistribuidor das prestacións sociais.
En 2016, a renda dispoñible bruta por habitante foi de 14.019 euros, un 1,8% máis elevada que no período anterior.
O sector fogares achega o 21,3% do Produto interior bruto galego en 2016
Fixámonos agora no sector fogares como a agrupación das persoas na súa faceta de produtores de bens e servizos, é dicir, estamos a falar da actividade produtiva dos traballadores por conta propia non constituídos en sociedade. Na actividade dos fogares tamén se inclúe os servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios.
O valor engadido bruto xerado por este colectivo en 2016 foi de 12.560 millóns de euros, o cal supón o 21,3% do Produto interior bruto (PIB) de Galicia e medrou un 2,4% con respecto ao período anterior.
Valor engadido bruto do sector fogares e Produto interior bruto. Galicia
Unidade: miles de euros, porcentaxes
Contas | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Valor engadido bruto | 12.221.455 | 12.191.723 | 12.060.083 | 12.424.906 | 12.175.702 | 12.270.535 | 12.559.895 |
Produto interior bruto | 57.052.549 | 56.301.056 | 54.401.310 | 54.667.117 | 55.142.090 | 56.892.115 | 58.994.431 |
porcentaxe sobre o PIB | 21 | 22 | 22 | 23 | 22 | 22 | 21 |
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
O saldo das rendas primarias increméntase un 1,6% no 2016
A renda primaria defínese como a renda que reciben as unidades residentes en virtude da súa participación directa no proceso de produción e a renda a cobrar polo propietario dun activo financeiro ou dun recurso natural por facilitar fondos ou poñer os recursos naturais a disposición doutra unidade institucional. É dicir, sería a renda que obteñen os fogares antes de que interveña ningún mecanismo de redistribución. Se atendemos ao saldo das rendas primarias do sector fogares, vemos que no ano 2016 presentan un incremento do 1,6% con respecto ao ano anterior.
Saldo de rendas primarias. Galicia
Unidade: miles de euros
Tempo | Saldo das rendas primarias bruto |
---|---|
2010 | 38.839.009 |
2011 | 38.851.181 |
2012 | 37.241.111 |
2013 | 37.327.722 |
2014 | 37.703.307 |
2015 | 37.516.482 |
2016 | 38.109.575 |
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)
Así pois, o crecemento en 2016 da renda dispoñible bruta responde a un crecemento das rendas primarias dos fogares. No ano 2015, o crecemento da renda dispoñible estaba relacionado con un incremento das prestacións sociais que perciben, principalmente en forma de pensións de xubilación e tamén prestacións de desemprego, que viñan a compensar a caída das rendas primarias.
No ano 2016 o saldo das rendas primarias foi maior que a renda dispoñible bruta. Isto significa que os recursos (prestacións sociais e outras transferencias correntes recibidas) son inferiores aos empregos (impostos correntes sobre a renda e patrimonio, cotizacións sociais e outras transferencias correntes pagadas).
A Renda dispoñible bruta é un saldo contable dunha serie de recursos (ou ingresos) e empregos (gastos) que se recollen nas contas de asignación da renda primaria e distribución secundaria da renda.
Recursos | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Excedente de explotación bruto | 3.011.605 | 3.221.753 | 3.322.221 | 3.419.234 | 3.519.985 | 3.399.915 | 3.366.198 |
Outras transferencias correntes | 2.967.006 | 2.973.284 | 2.695.345 | 2.599.722 | 2.472.763 | 2.491.520 | 2.504.399 |
Prestacións sociais distintas das transferencias sociais en especie | 11.141.158 | 11.555.761 | 11.855.678 | 12.082.729 | 12.001.451 | 12.197.757 | 12.401.226 |
Remuneración dos asalariados | 27.029.814 | 26.506.010 | 24.930.489 | 24.584.376 | 24.501.789 | 25.105.008 | 25.545.703 |
Renda mixta bruta | 7.128.095 | 6.842.698 | 6.684.426 | 6.907.428 | 6.742.945 | 6.896.918 | 7.245.520 |
Rendas da propiedade | 2.296.447 | 3.068.892 | 3.103.851 | 3.051.385 | 3.474.395 | 2.449.660 | 2.215.168 |
Empregos | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Cotizacións sociais netas | 8.479.556 | 8.492.579 | 8.204.446 | 8.118.322 | 8.105.622 | 8.051.255 | 8.105.292 |
Impostos correntes sobre a renda, o patrimonio, etc. | 3.860.096 | 3.913.929 | 3.990.381 | 4.168.187 | 4.228.659 | 4.002.602 | 4.158.392 |
Outras transferencias correntes | 2.726.358 | 2.867.570 | 2.617.395 | 2.575.948 | 2.552.521 | 2.590.571 | 2.687.756 |
Rendas da propiedade | 626.952 | 788.172 | 799.876 | 634.701 | 535.807 | 335.019 | 263.014 |
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)
A remuneración dos asalariados representa un 47,9% dos recursos totais dos fogares, o excedente de explotación/ renda mixta achega o 19,9 dos recursos, mentres as prestacións sociais acadan un 23,3%. As outras transferencias correntes (que inclúen bolsas de estudo, remesas de emigrantes, transferencias entre fogares e outras rendas) e rendas da propiedade achegan un 8,9% dos recursos.
O 53,3% dos empregos totais do sector fogares son cotizacións sociais, isto é, achegas dos fogares aos sistemas de prestacións sociais. Séguelle en relevancia os impostos sobre a renda, o patrimonio, etc., cun peso no total dos gastos do 27,3%.
Distribución dos recursos
Unidade: porcentaxe (%)
Distribución dos empregos
Unidade: porcentaxe (%)
O cociente entre cotizacións sociais e prestacións sociais foi do 65,4% no ano 2016, cando no inicio do período era do 76%.
En 2016 as transferencias sociais en especie superaron os 8.000 millóns de euros
As transferencias sociais en especie son os bens e servizos individuais proporcionados aos fogares principalmente polas Administracións públicas de xeito gratuíto ou a prezos economicamente non significativos. Son financiados polos impostos, cotizacións e outros ingresos das administracións públicas. Son, principalmente, servizos de educación e sanidade.
No ano 2016 estes bens e servizos ascenderon a 8.244 millóns de euros e proveñen principalmente do sector Administracións públicas (7.622 millóns de euros). Esta contía incrementa a renda dispoñible dos fogares dando lugar á chamada Renda Dispoñible Axustada.
O aforro do sector fogares reduciuse por segundo ano consecutivo
O gasto en consumo dos fogares medrou en 2016 un 1,9%, seis décimas máis que o crecemento da renda dispoñible. Como resultado temos unha diminución do aforro do sector fogares en Galicia.
O cociente entre aforro e renda dispoñible denomínase taxa de aforro e no ano 2016 era do 8,4%, porcentaxe superior ao do inicio da serie contable.
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga dos datos)