ÍNDICE


Introdución

As Contas do sector fogares son unha operación estatística do Sistema de Contas económicas de Galicia cuxo núcleo principal está formado polas Contas económicas e o Marco Input-Output, ambas operacións consolidadas segundo o Plan galego de estatística.

Proporcionan información da sucesión de contas correntes do sector institucional fogares. Entre as súas utilidades están:

Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos da renda dispoñible bruta por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano proporcionada polas Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE. Para os anos anteriores a 2020, por non estar dispoñible o dato a 1 de xullo, estímase a poboación como o promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1.

Nota: os datos de 2022 son avance e os de 2021 provisionais.
Para o ano avance só se publica o agregado da renda dispoñible bruta e non a sucesión completa de contas


Renda dispoñible bruta dos fogares

A renda dispoñible bruta dos fogares ascendeu a 45.538 millóns de euros no 2022.

A renda dispoñible bruta é o saldo contable da conta de redistribución da renda e mide a renda que os fogares teñen dispoñible para destinar ao gasto en consumo final ou ben ao aforro. No ano 2021, a renda dispoñible bruta dos fogares ascendeu a 43.668 millóns de euros, isto é foi un 2,5% superior ao dato do ano 2020. Polo que respecta ao ano 2022 (estimación avance), a renda dispoñible bruta dos fogares galegos foi de 45.538 millóns de euros, un 4,3% superior á do ano anterior.

Renda dispoñible bruta. Galicia
Unidade: miles de euros, euros por habitante
Tempo Renda dispoñible bruta Renda dispoñible bruta por habitante
2010 39.167.904 14.125
2011 39.016.318 14.071
2012 36.836.672 13.313
2013 36.890.872 13.392
2014 36.659.440 13.374
2015 37.727.923 13.833
2016 38.729.605 14.264
2017 39.519.376 14.600
2018 40.803.068 15.102
2019 43.245.230 16.007
2020 42.585.373 15.781
2021 43.668.072 16.229
2022 45.538.110 16.907

 

Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa), IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)


En 2022 incrementouse o ritmo de crecemento da renda dispoñible bruta (RDB) dos fogares, aínda cun crecemento inferior ao rexistrado na economía, medido pola evolución do produto interior bruto (PIB). No ano 2020, como consecuencia do impacto da COVID-19, a RDB diminúe un 1,5%, diminución inferior á do PIB nese ano debido en boa parte ao efecto amortiguador das prestacións sociais.

En 2022, a renda dispoñible bruta por habitante foi de 16.907 euros, un 4,2% máis alta que no período anterior.

Valor engadido bruto do sector fogares

O sector fogares achega o 22,3% do Produto interior bruto galego en 2021

Fixámonos agora no sector fogares como a agrupación das persoas na súa faceta de produtores de bens e servizos, é dicir, estamos a falar da actividade produtiva dos traballadores por conta propia non constituídos en sociedade. Na actividade dos fogares tamén se inclúen os servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios.

O valor engadido bruto xerado por este colectivo en 2021 foi de 14.502 millóns de euros, o cal supón o 22,3% do Produto interior bruto (PIB) de Galicia e un crecemento do 6,5% con respecto ao período anterior.

Valor engadido bruto do sector fogares e Produto interior bruto. Galicia
Unidade: miles de euros, porcentaxe
Tempo Produto interior bruto Valor engadido bruto Porcentaxe sobre o PIB
2010 56.891.514 13.611.167 23,9
2011 55.562.414 13.140.574 23,7
2012 53.434.959 12.745.529 23,9
2013 53.224.703 12.791.579 24,0
2014 53.803.931 12.562.841 23,3
2015 55.502.625 12.778.882 23,0
2016 57.556.152 13.289.139 23,1
2017 59.421.328 13.525.246 22,8
2018 62.133.839 14.017.530 22,6
2019 63.757.807 14.743.152 23,1
2020 58.578.570 13.611.560 23,2
2021 64.931.542 14.502.353 22,3
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa), IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

Saldo de rendas primarias e distribución secundaria da renda

O saldo das rendas primarias increméntase un 5,4% no 2021

A renda primaria defínese como a renda que reciben as unidades residentes en virtude da súa participación directa no proceso de produción e a renda a cobrar polo propietario dun activo financeiro ou dun recurso natural por facilitar fondos ou poñer os recursos naturais a disposición doutra unidade institucional. É dicir, sería a renda que obteñen os fogares antes de que interveña ningún mecanismo de redistribución. Está composta pola remuneración do traballo por conta allea (Remuneración dos asalariados), por conta propia (Renda mixta bruta), polas rendas netas que cobran os propietarios de activos financeiros (Rendas da propiedade) e polo excedente dos servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios (Excedente de explotación bruto).

Se atendemos ao saldo das rendas primarias do sector fogares, vemos que no ano 2021 presentan un incremento do 5,4% con respecto ao ano anterior. A principal compoñente deste saldo, a Remuneración dos asalariados, incrementouse nun 6,4%, mentres a Renda mixta bruta tivo un incremento máis importante (8,3%). O Excedente de explotación bruto diminuiu un 0,2 e as Rendas da propiedade, que teñen un menor peso no saldo das rendas primarias, reducíronse un 8,0%.

Así pois, o crecemento en 2021 da renda dispoñible bruta responde a un crecemento das rendas primarias dos fogares, é dicir, a evolución deste saldo condiciona a evolución da renda dispoñible bruta, como xa ocorrera nos anos anteriores.

No ano 2021 o saldo das rendas primarias foi maior que a renda dispoñible bruta. Isto significa que, no proceso de redistribución da renda, os recursos (prestacións sociais e outras transferencias correntes recibidas) son inferiores aos empregos (impostos correntes sobre a renda e patrimonio, cotizacións sociais e outras transferencias correntes pagadas).

 

Saldo de rendas primarias. Galicia
Unidade: miles de euros
Tempo Saldo das rendas primarias bruto
2010 39.998.685
2011 39.620.966
2012 37.010.906
2013 36.928.835
2014 36.865.581
2015 37.563.347
2016 38.741.097
2017 39.919.094
2018 41.403.934
2019 44.098.617
2020 41.567.778
2021 43.798.963
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)

Distribución de ingresos e gastos

A Renda dispoñible bruta é un saldo contable dunha serie de recursos (ou ingresos) e empregos (gastos) que se recollen nas contas de asignación da renda primaria e distribución secundaria da renda.

Distribución dos recursos
Unidade: miles de euros
Contas 2010 2021
Excedente de explotación bruto 4.249.976 4.874.480
Outras transferencias correntes 2.672.704 4.340.569
Prestacións sociais distintas das transferencias sociais en especie 11.364.015 15.073.941
Remuneración dos asalariados 27.041.176 29.881.817
Renda mixta bruta 7.202.077 7.450.289
Rendas da propiedade 2.136.548 1.726.667
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)

 

Distribución dos empregos
Unidade: miles de euros
Contas 2010 2021
Cotizacións sociais netas 8.526.858 9.474.599
Impostos correntes sobre a renda, o patrimonio, etc. 3.873.185 5.412.232
Outras transferencias correntes 2.467.457 4.658.570
Rendas da propiedade 631.092 134.290
Fonte: IGE. Contas do sector fogares (descarga da táboa)

No ano 2021, a remuneración dos asalariados representa un 47,2% dos recursos totais dos fogares, o excedente de explotación/ renda mixta achega o 19,5% dos recursos, mentres as prestacións sociais acadan un 23,8%. As outras transferencias correntes (que inclúen bolsas de estudo, remesas de emigrantes, transferencias entre fogares e outras rendas) e as rendas da propiedade achegan un 9,6% dos recursos.

O 48,1% dos empregos totais do sector fogares son cotizacións sociais, isto é, achegas dos fogares aos sistemas de prestacións sociais. Séguelle en relevancia os impostos sobre a renda, o patrimonio, etc., cun peso no total dos gastos do 27,5%.

 

O cociente entre cotizacións sociais e prestacións sociais foi do 62,9% no ano 2022, cando no inicio do período era do 75,0%.

O papel das transferencias sociais en especie na economía dos fogares

En 2021 as transferencias sociais en especie ascenderon a 9.854 millóns de euros

As transferencias sociais en especie son os bens e servizos individuais proporcionados aos fogares principalmente polas Administracións públicas de xeito gratuíto ou a prezos economicamente non significativos. Son financiados polos impostos, cotizacións e outros ingresos das administracións públicas. Son, principalmente, servizos de educación e sanidade.

No ano 2021 estes bens e servizos ascenderon a 9.854 millóns de euros. Esta contía incrementa a renda dispoñible dos fogares dando lugar á chamada Renda dispoñible axustada que medrou no 2021 un 3,0%.

A distribución da renda dos fogares entre o gasto en consumo final e o aforro

O aforro do sector fogares decrementouse no ano 2021

O gasto en consumo dos fogares medrou en 2021 un 11,4%, polo que temos como resultado unha diminución do aforro do sector fogares en Galicia.

O cociente entre aforro e renda dispoñible denomínase taxa de aforro e no ano 2021 foi do 14,6%.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: