ÍNDICE




1 Introdución

O sector da construción en Galicia xerou en 2023 un valor engadido bruto (VEB) de 4.702 millóns de euros, o que representa o 6,1% do Produto Interior Bruto (PIB). Este nivel de actividade fixo que o emprego no sector se situara nos 83.463 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o 7,9% do total.

En España, o sector da construción representa o 5,4% do PIB e o emprego supón o 6,9% do total de postos de traballo equivalentes a tempo completo.

Despois de dous anos con taxas de variación interanuais negativas, o VEB do sector da construción de Galicia volve a taxas positivas no 2022. No 2023 medra en Galicia un 1,6% e en España, un 2,1%.

O gráfico 1 mostra o crecemento anual do VEB da construción e do PIB para Galicia e España en termos reais.

Gráfico 1. Índices de volume. Taxa de variación interanual

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Contabilidade trimestral de Galicia. Revisión estatística 2024; INE. Contabilidad nacional trimestral. Revisión estadística 2024

Os postos de traballo equivalentes a tempo completo encadean tres anos consecutivos de subida tanto en Galicia como en España. No 2023 medran un 2,6% en Galicia e un 3,8% en España.

O mesmo ocorre coas afiliacións medias á Seguridade Social, que aumentaron en Galicia un 1,7% no ano 2023 e en España un 3,8%.


2 O sector no terceiro trimestre de 2024

O valor engadido bruto (VEB) do sector da construción experimentou unha variación do 3,5% no terceiro trimestre de 2024 con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

Gráfico 2. Taxa de variación interanual. VEB Construción

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte:IGE. Contabilidade trimestral de Galicia. Revisión estatística 2024. INE. Contabilidad nacional trimestral. Revisión estadística 2024

Os datos de emprego mostran un menor crecemento que a actividade no terceiro trimestre de 2024, cun aumento do 0,4% dos postos de traballo equivalentes a tempo completo fronte ao 3,5% do VEB, o que orixina un incremento da produtividade.

As afiliacións medias á Seguridade Social no sector da construción rexistran, no terceiro trimestre de 2024, un crecemento do 1,2%. O número medio de afiliacións do sector no terceiro trimestre de 2024 foi de 82.413.

No gráfico 3 obsérvase que as taxas de variación interanual foron negativas dende finais de 2019 ata febreiro de 2021, acadando os valores máis baixos no segundo trimestre de 2020 (71.756 afiliacións no mes de abril). Dende marzo de 2021 as afiliacións no sector rexistran taxas positivas, situándose no mes de novembro de 2024 en 82.222 afiliacións e unha taxa do 1,2%.


Gráfico 3. Taxa de variación interanual. Afiliacións no sector da construción

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones

O paro rexistrado incrementouse no ano 2020 como consecuencia da pandemia despois de sete anos consecutivos de caída. Dende marzo de 2021 o paro rexistrado do sector reduciuse ata chegar aos 7.671 parados no mes de novembro de 2024, a cifra máis baixa nos últimos anos, e unha taxa interanual do -13,3%.

Gráfico 4. Taxa de variación interanual. Paro rexistrado no sector da construción

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: Ministerio de Trabajo y Economía Social

Segundo a EPA, a poboación ocupada neste terceiro trimestre de 2024 aumenta un 5,2%.

Gráfico 5. Taxa de variación interanual. Ocupados no sector da construción

Unidade: porcentaxe (%)

2.1 Edificación residencial

O subsector da edificación residencial presenta, dende o punto de vista da demanda, un forte dinamismo no terceiro trimestre de 2024 como xa se anticipaba nos anteriores trimestres. Dende a óptica de oferta, as series de licenzas e visados tamén rexistran taxas positivas con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

Demanda

O principal indicador de demanda, a compravenda de vivendas, que presenta taxas de variacións positivas dende o comezo do 2024, ten neste trimestre o maior crecemento interanual do ano.

O número de compravendas efectuadas sobre vivendas da Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad do Instituto Nacional de Estadística (INE) mostra unha variación do 26,1% no terceiro trimestre de 2024, (3% no trimestre anterior). Os datos de compravenda de vivendas totais da Estatística registral inmobiliaria do Colegio de Registradores indican unha variación do 25,7% (3,8% no trimestre anterior).

As dúas estatísticas (INE e Registradores) indican que é a compravenda de vivenda usada a que máis inflúe na evolución do conxunto ao representar máis do 70% das compravendas. Segundo o Colegio de Registradores, as compravendas de vivenda usada aumentaron un 22,3% (a variación fora do -1,8% no trimestre anterior) e a vivenda nova incrementouse un 36,4% (27,2% no trimestre precedente).

Segundo os datos do INE, as compravendas de vivenda usada aumentaron un 22%, e as de vivenda nova aumentaron un 39,6%.

Cadro1. Transmisións e compravenda de vivendas. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Transmisións de vivendas
Compravenda de vivendas
Tempo Galicia España Galicia España
2022 10,3 14,8 11,4 14,5
2023 -12,4 -9,7 -11,6 -16,7
….2023/I -6,7 -2,9 -6,3 -2,0
….2023/II -11,6 -7,6 -10,8 -7,3
….2023/III -16,3 -16,9 -16,8 -16,5
….2023/IV -11,5 -13,8 -12,2 -13,5
….2024/I 13,5 -5,6 13,8 -5,9
….2024/II 3,0 -3,3 3,8 -3,8
….2024/III 26,1 19,8 25,7 18,9

Fonte: INE, Colegio de registradores

Segundo a Estatística de transacciones inmobiliarias do Ministerio, o número de transaccións presenta unha taxa interanual do 6,8% no terceiro trimestre (17,1% no trimestre anterior). A vivenda usada varía un 8,5% e a nova un -8,1%.

Segundo a Estadística de constitución de hipotecas do INE, o número de vivendas hipotecadas sen ter en conta aquelas con cambios nas condicións mostra no terceiro trimestre de 2024 un crecemento do 61,3%, mantendo así a tendencia crecente que se iniciara no primeiro trimestre do ano.

Cadro 2. Transaccións inmobiliarias e hipotecas. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Transaccións inmobiliarias. Vivendas
Hipotecas en vivendas (sen cambios nas condicións)
Tempo Galicia España Galicia España
2022 3,2 6,4 44,1 66,6
2023 -7,4 -11,0 -29,8 -20,6
….2023/I -5,4 -9,9 -16,6 -1,4
….2023/II -11,4 -14,5 -30,3 -23,1
….2023/III -9,5 -15,7 -40,2 -30,0
….2023/IV -3,0 -3,6 -31,3 -26,1
….2024/I 8,9 1,5 5,1 -6,8
….2024/II 17,1 11,3 3,3 2,0
….2024/III 6,8 16,4 61,3 30,4

Fonte: Ministerio de transportes, Movilidad y Agenda Urbana, INE

No terceiro trimestre de 2024 en Galicia houbo unha media de 259 hipotecas con cambios, fronte a unha media de 288 no mesmo trimestre do ano anterior.

O importe medio das hipotecas en vivenda neste terceiro trimestre foi de 123.659 euros en Galicia, un 82,7% do importe medio estatal coa información da estatística do INE. Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, o importe medio aumenta tanto en Galicia coma en España (5,6% e 5,4% respectivamente).

A Estadística registral inmobiliaria do Colegio de Registradores sinala que o importe medio das hipotecas creceu un 7,7% no terceiro trimestre de 2024 respecto ao mesmo trimestre do ano anterior en Galicia e aumentou no conxunto do Estado (7%). A cota media mensual aumenta un 4% en Galicia e increméntase un 5,5% en España.

Esta mesma fonte indica que o tipo medio de xuro pasou do 3,39% no trimestre anterior ao 3,3% no terceiro trimestre; o prazo medio das hipotecas incrementouse en Galicia (1,8%) e en España (0,7%).

Os prezos da vivenda incrementáronse no último trimestre máis do que o viñan facendo nos anteriores. Se atendemos aos datos publicados polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA), o prezo da vivenda (€/m2) rexistrou un crecemento neste trimestre dun 6,4%, sendo no trimestre precedente do 4%. Segundo o indicador do INE, o prezo da vivenda aumenta un 7,3%, (6,7% no trimestre anterior). Por tipo de vivenda, segundo o Índice publicado polo INE, o prezo da vivenda nova increméntase un 6,4% en Galicia e un 9,8% en España no terceiro trimestre de 2024. A vivenda usada increméntase un 7,5% en Galicia e un 7,9% en España.

Cadro 3. Prezos da vivenda. Vivenda libre. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Euros por m2 (MITMA)
Índices de prezos da vivenda (INE)
Tempo Galicia España Galicia España
2022 3,6 5,0 6,6 7,4
2023 3,4 3,9 3,6 4,0
….2023/I 4,0 3,1 3,4 3,5
….2023/II 2,2 3,0 3,1 3,6
….2023/III 2,8 4,2 4,6 4,5
….2023/IV 4,4 5,3 3,4 4,2
….2024/I 4,1 4,3 5,1 6,3
….2024/II 4,0 5,7 6,7 7,8
….2024/III 6,4 6,0 7,3 8,1

Fonte: Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, INE

O gráfico 6 mostra a alza nos prezos da vivenda nos últimos trimestres, tanto co indicador do INE como co do Ministerio.

Gráfico 6. Prezos da vivenda. Taxa de variación interanual

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: Precios de vivienda (MITMA) e Índices de precios de la vivienda (INE)

O tipo de xuro de referencia do mercado hipotecario (Euribor), con influencia na demanda, volve a valores positivos no mes de abril de 2022 despois de seis anos tomando valores negativos. Entre xuño e novembro de 2023 acada os valores máis elevados dende o 2008, superando o 4%. Dende abril de 2024 obsérvase un descenso continuado, baixando do 3% no mes de setembro e tomando o valor de 2,506% en novembro. No terceiro trimestre de 2024 toma o valor de 3,21% (3,68% no trimestre precedente).

O tipo de xuro dos préstamos hipotecarios, publicado polo Banco de España, situouse no terceiro trimestre de 2024 no 3,45% (3,57% no trimestre precedente).

Gráfico 7. Tipos de xuro das hipotecas

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: Banco de España e Colegio de Registradores

O esforzo financeiro - medido como a porcentaxe de salario que unha persoa ten que destinar ao pago do préstamo hipotecario – mantense no 27,8% no terceiro trimestre do 2024. A baixada dos tipos de xuro hipotecario fai que se reduza o esforzo financeiro dos fogares.

Gráfico 8. Esforzo financeiro

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE

O comportamento do emprego total da economía afecta á demanda de vivenda, debido a súa repercusión sobre a renda dispoñible dos fogares. As persoas ocupadas totais, segundo a EPA, aumentaron un 1,4% en taxa interanual no terceiro trimestre de 2024 (0,3% no trimestre anterior). As afiliacións totais á Seguridade Social (media do mes) acadan no terceiro trimestre de 2024 un ascenso do 1,4% (1,7% no trimestre precedente).

Segundo os rexistros das oficinas de emprego, o paro rexistrado total está a diminuír dende o mes de abril de 2021. No terceiro trimestre de 2024 o paro rexistrado total variou un -7,3%. O total de persoas paradas, medido pola EPA, amosa unha variación no terceiro trimestre de 2024 do -5,2%.

Oferta

Dende a perspectiva da oferta residencial, as series de licenzas e visados presentan taxas positivas con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. A superficie a construír segundo as licenzas, na serie sen periodificar, indica un aumento no terceiro trimestre de 2024 do 9,3%; segundo os visados a superficie aumenta un 110,9%.

O número medio mensual de vivendas visadas no terceiro trimestre de 2024 foi de 736 (a media mensual de 2023 foi 422 vivendas). No caso das licenzas concedidas polos concellos, a media mensual no terceiro trimestre de 2024 foi de 360 vivendas a crear de nova planta, sendo a media do 2023 235 vivendas.

Cadro 4. Edificación residencial. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Superficie total vivendas. Galicia
Tempo Licenzas Visados
2022 -4,3 0,7
2023 12,0 6,2
….2023/I -23,5 -34,0
….2023/II -13,9 138,4
….2023/III 27,0 -1,1
….2023/IV 85,1 -18,6
….2024/I 38,6 45,4
….2024/II 19,0 33,1
….2024/III 9,3 110,9

Fontes: IGE-Ministerio de Movilidad, Transportes y Agenda Urbana. Colegios de arquitectos

Tendo en conta que a realización das obras se estende ao longo de máis ou menos ano e medio, se periodificamos os datos de licenzas e de visados obteríamos os resultados que se mostran no cadro 5. As licenzas aumentan no terceiro trimestre un 17,7% mentres que os visados se incrementan un 23,9%.

Cadro 5. Edificación residencial periodificada. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Superficie total vivendas. Galicia
Tempo Licenzas Visados
2022 -1,1 -6,6
2023 -5,4 1,8
….2023/I 0,9 13,5
….2023/II -1,4 1,9
….2023/III -7,4 -5,4
….2023/IV -13,2 -1,5
….2024/I -8,8 5,3
….2024/II 2,5 15,0
….2024/III 17,7 23,9

Fontes: IGE. Elaboración propia

No seguinte gráfico móstrase o comportamento da serie de visados periodificada.

Gráfico 9. Edificación residencial. Visados de obra nova periodificados (superficie a construír). TVI

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Elaboración propia

2.2 Edificación non residencial

As dúas principais fontes de información sobre este subsector, licenzas e visados, indican comportamentos diferentes no terceiro trimestre de 2024. Así, os visados presentan unha taxa interanual do 38,5% (-28,1% no trimestre anterior) mentres que as licenzas varían un -16,3% (-46,8% no trimestre precedente).

Cadro 6. Edificación non residencial. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Superficie non residencial. Galicia
Tempo Licenzas Visados
2022 74,9 121,5
2023 -45,1 -44,7
….2023/I -67,9 -86,5
….2023/II -17,5 -20,4
….2023/III -23,5 85,5
….2023/IV -45,7 -2,5
….2024/I -5,7 164,4
….2024/II -46,8 -28,1
….2024/III -16,3 38,5

Fontes: IGE-Ministerio de Movilidad, Transportes y Agenda Urbana. Colegios de arquitectos

As series periodificadas de visados e licenzas, máis contemporáneas co nivel de actividade, tamén indican un comportamento diferente, cunhas taxas do 29,5% os visados e do -39,7% as licenzas.

Cadro 7. Edificación non residencial periodificada. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Superficie total vivendas. Galicia
Tempo Licenzas Visados
2022 27,4 58,3
2023 -18,7 -42,4
….2023/I 51,0 -35,1
….2023/II -20,9 -52,1
….2023/III -29,6 -50,3
….2023/IV -40,5 -24,9
….2024/I -31,5 29,2
….2024/II -31,7 46,3
….2024/III -39,7 29,5

Fontes: IGE. Elaboración propia

Gráfico 10. Edificación non residencial. Visados de obra nova periodificados (superficie a construír). TVI

Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Elaboración propia

2.3 Licitación oficial

En canto á licitación oficial, segundo os datos do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, o importe licitado no terceiro trimestre de 2024, sen incluír o mes de setembro, polas administracións en construción (edificación e enxeñería civil) en Galicia rexistrou un incremento do 11%, con respecto ao licitado no mesmo trimestre do ano anterior. As obras de enxeñería civil, que supuxeron un 74,5% da actividade licitadora da Administración neste trimestre, presentan un aumento do 8,2%.

Cadro 8. Licitación oficial. Taxa de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Licitación oficial total
Licitación oficial en exeñería civil
Tempo Galicia España Galicia España
2022 -8,1 27,6 -20,3 22,8
2023 -2,3 -10,6 -11,3 -10,3
….2023/I -10,1 11,2 -18,5 5,9
….2023/II -20,8 22,3 -29,7 19,7
….2023/III -1,0 -21,7 11,9 -3,2
….2023/IV 24,6 -37,1 9,0 -43,6
….2024/I -36,3 17,0 -41,7 18,5
….2024/II -21,1 -17,1 -17,6 -32,6
….2024/III 11,0 22,3 8,2 8,3

Fonte: Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana

Nota: o terceiro trimestre de 2024 só inclúe os datos de xullo e agosto por non estar dispoñible o dato de setembro. Dende abril de 2018 non se inclúen datos dos entes locais (concellos, mancomunidades, etc)

3 Resumo

O sector da construción en Galicia xerou en 2023 un valor engadido bruto (VEB) de 4.702 millóns de euros, o que representa o 6,1% do Produto Interior Bruto (PIB). Este nivel de actividade fixo que o emprego no sector se situara nos 83.463 postos de traballo equivalentes a tempo completo, o 7,9% do total.

En España, o sector da construción representa o 5,4% do PIB e o emprego supón o 6,9% do total de postos de traballo equivalentes a tempo completo.

No terceiro trimestre de 2024 o VEB do sector varía un 3,5% en Galicia e un 2,4% no conxunto do Estado.

O principal indicador de demanda, a compravenda de vivendas, que presenta taxas de variacións positivas dende o comezo do 2024, ten neste trimestre o maior crecemento interanual do ano.

O número de compravendas efectuadas sobre vivendas da Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad do Instituto Nacional de Estadística (INE) mostra unha variación do 26,1% no terceiro trimestre de 2024. Os datos de compravenda de vivendas totais da Estatística registral inmobiliaria do Colegio de Registradores indican unha variación do 25,7%.

Dende a perspectiva da oferta residencial, as series de licenzas e visados presentan taxas positivas con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

No caso da oferta non residencial, as dúas principais fontes de información sobre este subsector, licenzas e visados, indican comportamentos diferentes no terceiro trimestre de 2024. Así, os visados presentan unha taxa interanual do 38,5% mentres que as licenzas varían un -16,3%. As series periodificadas de visados e licenzas, máis contemporáneas co nivel de actividade, tamén indican un comportamento diferente, cunhas taxas do 29,5% os visados e do -39,7% as licenzas.

En canto á licitación oficial, segundo os datos do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, o importe licitado no terceiro trimestre de 2024 sen incluír o mes de setembro, polas administracións en construción (edificación e enxeñería civil) en Galicia rexistrou un incremento do 11%, con respecto ao licitado no mesmo trimestre do ano anterior. As obras de enxeñería civil, que supuxeron un 74,5% da actividade licitadora da Administración neste trimestre, presentan un aumento do 8,2%.


4 Definicións

Definicións