ÍNDICE


Introdución

O coñecemento do número e as características das vivendas familiares en Galicia é fundamental para levar a cabo políticas públicas que teñan como destino os inmobles/vivendas nas que habitan os residentes en Galicia.

Os ficheiros do Catastro Inmobiliario que proporciona a Dirección General de Catastro do Ministerio de Hacienda, conteñen a Referencia Catastral (RC) como identificador único de vivenda, pero non teñen información sobre se as vivendas son principais, secundarias ou baleiras. O principal inconveniente de empregar o Catastro é que a súa información non está enlazada coa poboación residente, non se sabe a priori a relación entre as persoas dos ficheiros de poboación e as vivendas/inmobles de Catastro, é dicir, non se sabe quen vive en cada referencia catastral. Outro problema de Catastro é que nalgúns casos falta a división horizontal que fai que as vivendas dun edificio compartan unha única RC.

Polo tanto, neste traballo fíxose un cruce entre distintos rexistros administrativos, entre eles o Padrón Municipal de Habitantes, o Censo de Poboación e Vivendas, os ficheiros do Catastro Inmobiliario, … co obxetivo de identificar as vivendas familiares principais en Galicia.

As Vivendas familiares en Galicia é unha actividade estatística, que elabora por primeira vez o Instituto Galego de Estatística (IGE), que ten como primeiro obxetivo identificar as vivendas familiares principais en Galicia e asignarlles un identificador único, que prevaleza no tempo. Unha vez que estean identificadas, o segundo obxetivo é ofrecer a información sobre o número e a distribución destas vivendas segundo as súas características máis importantes, por concellos e parroquias: tipoloxía, superficie e antigüidade.

Vivendas familiares principais en Galicia

No ano 2022, había en Galicia 1.092.388 vivendas familiares principais, destas o 42,04% eran vivendas da provincia de A Coruña, o 33,35% vivendas da provincia de Pontevedra, o 12,45% vivendas da provincia de Lugo e o 12,17% da provincia de Ourense.

Vivendas familiares principais en Galicia. Ano 2022
Unidade: Número e Porcentaxe
Espazo Datos Porcentaxe
Galicia 1.092.388 100,00
A Coruña 459.212 42,04
Lugo 135.972 12,45
Ourense 132.927 12,17
Pontevedra 364.277 33,35
Fonte: IGE.Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa)

Se lle botamos unha ollada aos 7 grandes concellos de Galicia, podemos ver que teñen 410.386 vivendas o que supón o 37,57% do total de vivendas de Galicia. Vigo situaríase á cabeza no número de vivendas con 117.143, o que supón o 10,72% das vivendas totais de Galicia, seguido de A Coruña con 105.667 vivendas (9,67%).

Vivendas familiares principais nos 7 grandes concellos de Galicia. Ano 2022
Unidade: Número e Porcentaxe
Espazo Datos Porcentaxe
Galicia 1.092.388 100,00
Coruña, A 105.667 9,67
Ferrol 29.276 2,68
Santiago de Compostela 39.837 3,65
Lugo 41.102 3,76
Ourense 45.152 4,13
Pontevedra 32.209 2,95
Vigo 117.143 10,72
Fonte: IGE.Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa)

No mapa seguinte preséntase a distribución do número vivendas familiares principais ao longo das parroquias de Galicia. Pódese ver que as cores máis oscuras están presentes na costa atlántica, nas grandes cidades, nas vilas galegas (Monforte de Lemos, O Carballiño, Verín, Vilalba, O Barco de Valdeorras,…) e na costa lucense.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa tipoloxía

Das 1.092.388 vivendas familiares principais de Galicia o 53,66% son pisos e o 44,36% son vivendas unifamiliares. No cadro seguinte visualízase unha maior presenza de vivendas unifamiliares en Lugo e Ourense e una maior presenza de pisos nas provincas de A Coruña e Pontevedra.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa tipoloxía. Ano 2022
Unidade: Número e Porcentaxe
Espazo Total Unifamiliares Pisos Non consta tipo % Unifamiliares % Pisos
Galicia 1.092.388 484.615 586.169 21.604 44,36 53,66
A Coruña 459.212 184.502 269.811 4.899 40,18 58,76
Lugo 135.972 66.838 66.854 2.280 49,16 49,17
Ourense 132.927 66.368 62.756 3.803 49,93 47,21
Pontevedra 364.277 166.907 186.748 10.622 45,82 51,27
Fonte: IGE.Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa)

No mapa seguinte preséntase a distribución por concellos da porcentaxe de vivendas unifamilares sobre o total de vivendas en Galicia. Obsérvase unha menor presenza deste tipo de vivendas nos concellos máis urbanos de Galicia.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a antigüidade

Das 1.092.388 vivendas familiares principais de Galicia o 15,94% son vivendas construídas antes do ano 1951 e o 18,49% son vivendas construídas entre o 2001 e o 2010. No cadro seguinte pódese ver unha maior presenza de vivendas construídas antes de 1951 nas provincias de Lugo e Ourense e unha maior presenza de vivendas máis novas nas provincias de A Coruña e Pontevedra.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa antigüidade Ano 2022
Unidade: Número e Porcentaxe
Antigüidade Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra % Galicia % A Coruña % Lugo % Ourense % Pontevedra
Total 1.092.388 459.212 135.972 132.927 364.277 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Antes de 1951 174.130 65.653 34.022 26.370 48.085 15,94 14,30 25,02 19,84 13,20
Entre 1951 e 1960 45.936 19.675 5.570 4.317 16.374 4,21 4,28 4,10 3,25 4,49
Entre 1961 e 1970 110.466 52.204 8.590 12.374 37.298 10,11 11,37 6,32 9,31 10,24
Entre 1971 e 1980 168.338 72.797 15.529 20.908 59.104 15,41 15,85 11,42 15,73 16,23
Entre 1981 e 1990 157.776 64.725 20.259 21.856 50.936 14,44 14,09 14,90 16,44 13,98
Entre 1991 e 2000 178.943 75.315 23.635 20.869 59.124 16,38 16,40 17,38 15,70 16,23
Entre 2001 e 2010 201.970 90.584 22.329 19.255 69.802 18,49 19,73 16,42 14,49 19,16
Despois de 2010 32.581 13.203 3.492 3.136 12.750 2,98 2,88 2,57 2,36 3,50
Non consta antigüidade 22.248 5.056 2.546 3.842 10.804 2,04 1,10 1,87 2,89 2,97
Fonte: IGE.Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa)

No mapa seguinte preséntase a distribución da mediana da antigüidade (en anos) das vivendas familiares por parroquias en Galicia. Obsérvase unha maior presenza de vivendas antigas no leste das parroquias da provincia de Ourense e Lugo.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a superficie construída

Das 1.092.388 vivendas familiares principais de Galicia o 17,81% son vivendas construídas cunha superficie de entre 90 m2 e 105 m2 e o 15,53% son vivendas cunha superfice de máis de 180 m2.

Vivendas familiares principais en Galicia segundo a súa superficie construída Ano 2022
Unidade: Número e Porcentaxe
Superficie Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra % Galicia % A Coruña % Lugo % Ourense % Pontevedra
Total 1.092.388 459.212 135.972 132.927 364.277 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Menos de 60 m2 66.699 26.574 5.316 10.134 24.675 6,11 5,79 3,91 7,62 6,77
De 60 m2 a 75 m2 106.715 50.495 9.245 11.748 35.227 9,77 11,00 6,80 8,84 9,67
De 75 m2 a 90 m2 158.722 73.885 14.531 19.077 51.229 14,53 16,09 10,69 14,35 14,06
De 90 m2 a 105 m2 194.537 82.920 20.944 25.021 65.652 17,81 18,06 15,40 18,82 18,02
De 105 m2 a 120 m2 135.481 53.713 20.392 17.133 44.243 12,40 11,70 15,00 12,89 12,15
De 120 m2 a 150 m2 146.609 58.343 23.155 18.309 46.802 13,42 12,71 17,03 13,77 12,85
De 150 m2 a 180 m2 87.801 37.053 13.242 9.772 27.734 8,04 8,07 9,74 7,35 7,61
Máis de 180 m2 169.611 70.485 26.284 16.180 56.662 15,53 15,35 19,33 12,17 15,55
Non consta superficie 26.213 5.744 2.863 5.553 12.053 2,40 1,25 2,11 4,18 3,31
Fonte: IGE.Vivendas familiares en Galicia (descarga da táboa)

No mapa seguinte preséntase a distribución da mediana da superficie construída (en m2) das vivendas por parroquias. En termos xerais pódese ver que as vivendas das provincias de Lugo e A Coruña teñen maior superficie que as de Ourense e Pontevedra.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos