Introdución

As táboas de mortalidade son elaboradas por practicamente todos os institutos de estatística oficial para medir a incidencia da mortalidade, sen ter en conta a estrutura por idades da poboación en estudo. Constitúen un instrumento idóneo para a comprensión de grupos diferentes, resaltando as súas diferenzas e as súas semellanzas.

Están formadas por un conxunto de funcións biométricas aplicadas a unha xeración ficticia de individuos sometidos a un patrón de mortalidade similar ao observado na poboación de estudo durante o período de referencia. Entre as funcións que recolle unha táboa de mortalidade están as probabilidades de morte e supervivencia a cada idade x e, a máis coñecida destas funcións, a esperanza de vida en cada idade x, que vén representar o número medio de anos que lle restarían por vivir a un individuo de idade x, de manterse as condicións de mortalidade existentes no período de referencia.

As Táboas de mortalidade aquí presentadas están elaboradas para a Comunidade Autónoma de Galicia e as catro provincias galegas, por sexo e por idades simples (“táboas completas”), ata o grupo final aberto de 100 anos ou máis.



Táboas de mortalidade

Esta operación estatística inclúe o dato provisional da esperanza de vida correspondente ao ano 2022, aínda que as táboas de mortalidade aquí presentadas teñen carácter definitivo e están referidas ao ano 2021.


Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2021
Unidade: anos

Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 83,48 80,44 86,45
  • A Coruña
83,25 80,30 86,07
  • Lugo
83,47 80,72 86,28
  • Ourense
83,56 80,47 86,69
  • Pontevedra
83,70 80,45 86,87

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa)


Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2022
Unidade: anos

Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 83,17 80,31 85,95
  • A Coruña
83,04 80,03 85,97
  • Lugo
83,11 80,59 85,70
  • Ourense
83,44 80,37 86,59
  • Pontevedra
83,22 80,52 85,78

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2022 son provisionais


Entre 2021 e 2022 prodúcese unha diminución da esperanza de vida: segundo os datos provisionais, en 2022 o seu valor foi de 83,17 anos (0,31 anos menos que en 2021).

Por sexos, é maior a esperanza de vida ao nacemento feminina: 85,95 anos para as mulleres fronte a 80,31 anos para os homes en 2022. Entre 2021 e 2022 diminuíu o diferencial entre sexos, que pasou de 6,01 anos en 2021 a 5,64 anos en 2022.


Evolución da esperanza de vida ao nacemento. Galicia
Unidade: anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2022 son provisionais


A esperanza de vida aos 65 anos situouse en 2022 nos 21,40 anos; isto é, estímase que, de media, ás persoas que cumpriron 65 anos en 2022 aínda lles quedarían por vivir outros 21 anos máis. Este valor diminuíu con respecto ao ano anterior. A esperanza de vida aos 80 anos tamén rexistrou unha diminución entre ambos períodos.


Esperanza de vida aos 65 anos. Galicia
Unidade: anos

Tempo Total Homes Mulleres
2020 21,63 19,43 23,61
2021 21,70 19,39 23,80
2022 21,40 19,24 23,37

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2022 son provisionais


Esperanza de vida aos 80 anos. Galicia
Unidade: anos

Tempo Total Homes Mulleres
2020 10,28 9,12 11,09
2021 10,42 9,14 11,34
2022 10,09 8,95 10,90

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2022 son provisionais



Definicións e máis información

Definicións

Máis información