As implicacións macroeconómicas do envellecemento que se espera que experimente a poboación nas próximas décadas dependerán en boa medida dos recursos de forza de traballo dos que dispoña a economía no futuro. Así pois, os encargados e as encargadas de deseñar as políticas públicas teñen un interese cada vez maior por dispor dunha simulación estatística do comportamento futuro da poboación en relación co mercado laboral, xa que é determinante no crecemento potencial da economía, a sustentabilidade dos sistemas públicos, etc.
A taxa de actividade defínese como a porcentaxe de persoas activas respecto á poboación de 16 ou máis anos, sendo a poboación activa o conxunto de persoas de 16 ou máis anos que subministran man de obra para a produción de bens e servizos ou que están sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando activamente un emprego. Así pois, a poboación activa representa os recursos de forza de traballo dos que dispón unha economía e a taxa de actividade mide a propensión das persoas en idade de traballar a participar no mercado laboral.
A partir das series históricas da Enquisa de poboación activa (EPA) e das Proxeccións de poboación a curto prazo, o IGE proxecta as taxas de actividade xunto co volume e estrutura da poboación activa por sexo e idade para o período temporal 2023-2036.
A taxa de actividade da poboación de 16 ou máis anos pasa do
52,9%
en 2022
ao 50,4%
en
2036,
o que supón unha caída
de
2,5
puntos porcentuais. Agora ben, a redución que sufrirá a
taxa de actividade da poboación de 16 ou máis anos entre
2022
e 2036
non terá a mesma intensidade nas
mulleres que nos homes, dado que nos homes pasa do 57,0%
en
2022
ao 52,9%
en 2036,
mentres
que nas mulleres pasa do 49,2%
en 2022
ao
48,2%
en 2036.
En canto á poboación entre os 16 e 64 anos, a taxa de actividade pasa do
73,8%
en 2022
ao 74,1%
en
2036,
sendo diferente o comportamento para os homes e as
mulleres: para os homes baixará 1,7
puntos porcentuais
mentres que para as mulleres subirá 2,4
puntos porcentuais.
Taxas de actividade da poboación de 16 ou máis anos e entre os
16 e 64 anos por sexo. Galicia
Unidade: porcentaxe
(%)
Sexo | 2022 | 2036 |
---|---|---|
Total | 52,9 | 50,4 |
Homes | 57,0 | 52,9 |
Mulleres | 49,2 | 48,2 |
Sexo | 2022 | 2036 |
---|---|---|
Total | 73,8 | 74,1 |
Homes | 76,4 | 74,7 |
Mulleres | 71,2 | 73,6 |
Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2022
proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)
A análise das curvas de actividade permite observar que a taxa de
actividade aumentará para todos os grupos decenais de idade. O grupo
decenal no que máis aumentará a taxa de actividade é o correspondente á
poboación entre os 55 e 64 anos, onde pasa do 62,5%
en
2022
ao 66,9%
en 2036
.
A pesar deste incremento que experimentará a taxa de actividade para
todos os grupos decenais de idade, como xa se indicou, a taxa de
actividade da poboación de 16 ou máis anos descenderá 2,5
puntos porcentuais entre 2022
e 2036.
Este
incremento das taxas específicas de actividade e descenso da taxa global
de actividade é resultado de que, a medida que envelleza a poboación,
serán máis numerosos os colectivos de maiores, onde as taxas de
actividade son máis baixas, o que terá un efecto redutor da taxa de
actividade global.
Taxas de actividade por grupo decenal de idade. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2022
proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)
Así mesmo, a comparación para 2022
e 2036
das
taxas de actividade por sexo pon de manifesto que o proceso de
converxencia das taxas de actividade femininas coas masculinas que está
tendo lugar no mercado laboral, continuará nos próximos anos.
Taxas de actividade por sexo e grupo decenal de idade.
Galicia
Unidade: porcentaxe (%)
Ano 2022
Ano 2036
Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2022
proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)
En 2036
a poboación activa de 16 ou máis anos e entre os 16
e 64 anos será menor que en 2022,
tanto para os homes como
para as mulleres, sendo esta baixada moito máis acusada nos homes que
nas mulleres. En concreto, a poboación activa de 16 ou máis anos
diminuirá un 3,4%
(6,2%
para os homes e
0,4%
para as mulleres) e a poboación activa entre os 16 e
64 anos diminuirá un 6,4%
(9%
para os homes e
3,6%
para as mulleres).
Poboación activa de 16 ou máis anos e entre os 16 e 64 anos por
sexo. Galicia
Unidade: miles de persoas
Sexo | 2022 | 2036 |
---|---|---|
Total | 1.240,4 | 1.198,6 |
Homes | 638,9 | 599,4 |
Mulleres | 601,5 | 599,1 |
Sexo | 2022 | 2036 |
---|---|---|
Total | 1.220,8 | 1.142,8 |
Homes | 628,3 | 571,8 |
Mulleres | 592,5 | 571,0 |
Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2022
proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)
Ao comparar as pirámides de poboación activa de 2022
e
2036,
destaca a caída de poboación activa entre os 35 e 54
anos, o aumento da poboación activa de 55 ou máis anos e a converxencia
entre a poboación activa masculina e feminina en todos os grupos
decenais de idade.
Poboación activa por sexo e grupo decenal de idade.
Galicia
Unidade: miles de persoas
Ano 2022
Ano 2036
Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2022
proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)
A partir das proxeccións de poboación activa pódese proxectar o comportamento futuro dunha serie de indicadores que permiten analizar o mercado laboral dende diferentes perspectivas (sustentabilidade, feminidade e xuventude):
Os índices de sustentabilidade amosan que en 2036
reducirase o número de potenciais traballadores e traballadoras por cada
persoa inactiva respecto a 2022,
sobre todo por cada
inactivo/a maior. Así mesmo, segundo os índices de feminidade e
xuventude, a poboación activa en 2036
será máis paritaria
entre homes e mulleres e algo menos vella que en 2022.
Índices de sustentabilidade, feminidade e xuventude.
Galicia
Unidade: tanto por un
Tempo | Índice de sustentabilidade dos maiores | Índice de sustentabilidade global | Índice de feminidade | Índice de xuventude |
---|---|---|---|---|
2022 | 1,855 | 0,869 | 0,941 | 0,504 |
2023 | 1,837 | 0,871 | 0,948 | 0,496 |
2024 | 1,819 | 0,872 | 0,958 | 0,491 |
2025 | 1,801 | 0,875 | 0,968 | 0,489 |
2026 | 1,780 | 0,873 | 0,973 | 0,489 |
2027 | 1,761 | 0,872 | 0,978 | 0,492 |
2028 | 1,742 | 0,870 | 0,983 | 0,496 |
2029 | 1,721 | 0,868 | 0,986 | 0,502 |
2030 | 1,699 | 0,866 | 0,989 | 0,509 |
2031 | 1,676 | 0,862 | 0,992 | 0,517 |
2032 | 1,650 | 0,858 | 0,994 | 0,526 |
2033 | 1,624 | 0,854 | 0,996 | 0,535 |
2034 | 1,596 | 0,848 | 0,998 | 0,545 |
2035 | 1,568 | 0,841 | 0,999 | 0,557 |
2036 | 1,538 | 0,834 | 0,999 | 0,570 |
Fonte: IGE. Proxeccións de taxas de actividade (descarga
da táboa)
Nota: os datos do ano 2022
proceden da Enquisa de poboación activa (EPA)