A partir da información proporcionada polas proxeccións a curto prazo elaboradas cada dous anos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, ata o nivel de comarcas. Preséntanse neste momento os resultados obtidos para o período temporal 2022-2037,por sexo e grupos quinquenais de idade.
O efecto da COVID-19 modificou as hipóteses de evolución futura da mortalidade e dos movementos migratorios para os primeiros anos da proxección; estes cambios poden consultarse na metodoloxía.
No caso de mantérense as tendencias demográficas actuais, Galicia presentaría un comportamento de crecemento poboacional dende 2022 ata 2027, pasando a decrecer no período 2028-2037; no total do período de proxección experimentaríase unha caída do 1,3%. Por provincias, serían as de Lugo
e Ourense
as que manifestarían diminucións máis acusadas, dun 5%
e 3%
respectivamente no período considerado, mentres que nas provincias de A Coruña
e Pontevedra
estas diminucións serían do 0,7%
e 0,3%
respectivamente.
A diminución da poboación galega explicaríase maioritariamente polo saldo vexetativo negativo no período, que seguiría a tendencia observada nos últimos anos, cunha diferenza cada vez máis ampla entre nacementos e defuncións. Asi, se en 2022
o saldo vexetativo se situará na cifra de -19.115
persoas, en 2036
proxéctase en -19.556.
Cómpre salientar a diferente evolución de ambas variables: o número de nacementos seguirá unha senda descendente ata 2027, momento no cal iniciará unha senda de crecemento que situará a cifra en 2036 nun valor máis elevado que o actual; pola contra, o número de defuncións aumentará de forma continuada dende 2024 e durante todo o período da proxección.
Porén, o saldo migratorio en Galicia presentaría signo positivo en todo o período da proxección, acadando o seu valor máximo no ano 2024,
20.118
persoas. A partir desa data comezará tamén a diminuír, aunque manténdose en valores positivos durante todo o horizonte da proxección.
Poboación residente no 1 de xaneiro de cada ano. Galicia e provincias
Unidade: persoas, tanto por cento (%)
Espazo | 2022 | 2037 | Taxa de variación |
---|---|---|---|
Galicia | 2.691.557 | 2.656.611 | -1,3 |
|
1.120.185 | 1.112.804 | -0,7 |
|
324.419 | 308.288 | -5,0 |
|
304.104 | 295.087 | -3,0 |
|
942.849 | 940.431 | -0,3 |
Fonte: INE. Proyecciones de población (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2021
constitúen o punto de partida para a elaboración das proxeccións e proceden das Cifras de población do INE para os ámbitos xeográficos de Galicia e provincias
Poboación residente no 1 de xaneiro de cada ano. Áreas xeográficas
Unidade: persoas, tanto por cento (%)
Espazo | 2022 | 2037 | Taxa de variación |
---|---|---|---|
A Coruña suroriental | 64.719 | 60.943 | -5,8 |
Ferrol-Eume-Ortegal | 185.080 | 174.754 | -5,6 |
Área da Costa da morte | 131.902 | 122.080 | -7,4 |
A Barbanza-Noia | 98.216 | 95.788 | -2,5 |
Área da Coruña | 442.907 | 458.536 | 3,5 |
Área de Santiago | 197.361 | 200.703 | 1,7 |
Lugo sur | 47.497 | 45.864 | -3,4 |
Lugo oriental | 36.160 | 32.004 | -11,5 |
Lugo central | 170.666 | 163.431 | -4,2 |
A Mariña | 70.096 | 66.989 | -4,4 |
O Carballiño-O Ribeiro | 41.166 | 38.421 | -6,7 |
Ourense central | 45.532 | 42.010 | -7,7 |
Ourense sur | 75.631 | 68.640 | -9,2 |
Área de Ourense | 141.775 | 146.017 | 3,0 |
Pontevedra nororiental | 65.800 | 62.917 | -4,4 |
Pontevedra sur | 110.225 | 111.254 | 0,9 |
Caldas-O Salnés | 144.065 | 145.759 | 1,2 |
O Morrazo | 81.685 | 79.545 | -2,6 |
Área de Pontevedra | 125.564 | 126.589 | 0,8 |
Área de Vigo | 415.510 | 414.366 | -0,3 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2021
constitúen o punto de partida para a elaboración das proxeccións e proceden das Cifras de población do INE para os ámbitos xeográficos de Galicia e provincias
Por áreas (agrupación de comarcas), as que presentarían un maior decrecemento poboacional no período 2022-2037
serían as de Lugo oriental,
cunha diminución do 11,5%,
a de Ourense sur,
cun decrecemento do 9,2%,
a de Ourense central,
cun descenso do 7,7%,
e a Área da Costa da morte,
cunha diminución do 7,4%.
Segundo estas estimacións, dúas comarcas perderían en torno a unha quinta parte da súa poboación nos próximos quince anos: Ortegal
e A Fonsagrada,
con decrecementos no período 2022-2037
superiores ao 20%. Por outra banda, prevese que varias comarcas gañen poboación no período considerado: a de A Coruña,
é a que máis incremento experimentará, cifrado no 4,2%,
seguido de Santiago,
cun incremento do 3,7%;
tamén gañarán poboación O Salnés, O Condado, Ourense, o Baixo Miño e Pontevedra.
Variación da poboación residente entre 2022
e 2037.
Comarcas
Unidade: tanto por cento (%)
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2021
constitúen o punto de partida para a elaboración das proxeccións e proceden das Cifras de población do INE para os ámbitos xeográficos de Galicia e provincias
A poboación galega presenta valores negativos no seu saldo vexetativo, é dicir, un maior número de defuncións que de nacementos. Para o período de proxección considerado, 2022-2036,
estímanse 214.785
nacementos e 504.575
defuncións en Galicia, o que daría lugar a un saldo vexetativo negativo de 289.790
persoas. Por áreas, todas elas presentarían un saldo vexetativo negativo no período de proxección.
Nacementos, defuncións, saldo vexetativo e saldo migratorio proxectados para o período 2022-2036.
Galicia e áreas xeográficas
Unidade: persoas
Espazo | Nacementos | Defuncións | Saldo vexetativo | Saldo migratorio |
---|---|---|---|---|
Galicia | 214.785 | 504.575 | -289.790 | 254.842 |
A Coruña suroriental | 5.176 | 14.196 | -9.020 | 5.245 |
Ferrol-Eume-Ortegal | 13.025 | 39.932 | -26.907 | 16.579 |
Área da Costa da morte | 9.330 | 29.010 | -19.680 | 9.860 |
A Barbanza-Noia | 7.614 | 18.567 | -10.953 | 8.525 |
Área da Coruña | 41.797 | 72.891 | -31.094 | 46.721 |
Área de Santiago | 15.202 | 31.573 | -16.371 | 19.712 |
Lugo sur | 5.052 | 12.835 | -7.783 | 6.151 |
Lugo oriental | 2.103 | 9.470 | -7.367 | 3.211 |
Lugo central | 11.484 | 34.939 | -23.455 | 16.223 |
A Mariña | 5.068 | 14.804 | -9.736 | 6.628 |
O Carballiño-O Ribeiro | 2.258 | 10.886 | -8.628 | 5.885 |
Ourense central | 3.028 | 11.195 | -8.167 | 4.648 |
Ourense sur | 3.951 | 21.204 | -17.253 | 10.264 |
Área de Ourense | 11.580 | 25.830 | -14.250 | 18.495 |
Pontevedra nororiental | 5.573 | 13.870 | -8.297 | 5.414 |
Pontevedra sur | 9.132 | 18.915 | -9.783 | 10.810 |
Caldas-O Salnés | 11.704 | 26.156 | -14.452 | 16.144 |
O Morrazo | 6.470 | 12.294 | -5.824 | 3.686 |
Área de Pontevedra | 9.915 | 20.728 | -10.813 | 11.839 |
Área de Vigo | 35.328 | 65.276 | -29.948 | 28.804 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Nos próximos anos prevese un aumento do índice sintético de fecundidade en Galicia, que pasaría de 1,02
en 2022
a 1,11
fillos por muller en 2036.
Índice sintético de fecundidade proxectado. Galicia e provincias
Espazo | 2022 | 2036 |
---|---|---|
Galicia | 1,02 | 1,11 |
|
1,03 | 1,11 |
|
0,99 | 1,15 |
|
0,95 | 1,04 |
|
1,05 | 1,11 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
A idade media da poboación de Galicia sitúase nos 47,5
anos. O seu valor increméntase ano tras ano e espérase que en 2037
se sitúe nos 51,7.
A partir da información por grupos de idade pódense obter indicadores proxectados como, por exemplo, o índice de envellecemento (relación entre a poboación de 65 e máis anos con respecto á poboación menor de 20 anos) que, de seguir as tendencias actuais, reflectiría un maior envellecemento de zonas xa envellecidas na actualidade. Unicamente reduciría o envellecemento a área de Lugo sur.
Outro indicador que se inclúe nesta publicación é o índice de sobreenvellecemento (proporción de poboación de 85 e máis anos con respecto á poboación de 65 ou máis anos); o seu valor medio para o conxunto de Galicia diminuirá levemente entre 2022 e 2037, pasando do 20,0% a 19,6% no período. A súa evolución por áreas será dispar; nalgunhas, como na área de Lugo sur, o índice de sobreenvellecemento diminuirá 4,9 puntos; noutras, pola contra, aumentará, coma no da Área da Costa da morte onde aumentará 1,9 puntos entre 2022 e 2037.
Idade media. Galicia e provincias
Unidade: anos
Espazo | 2022 | 2037 |
---|---|---|
Galicia | 47,5 | 51,7 |
|
47,2 | 51,3 |
|
50,0 | 53,2 |
|
50,8 | 54,1 |
|
45,9 | 50,8 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Índice de envellecemento. Galicia e áreas xeográficas
Unidade: tanto por cento (%)
Espazo | 2022 | 2037 |
---|---|---|
Galicia | 167,3 | 251,9 |
A Coruña suroriental | 211,1 | 290,4 |
Ferrol-Eume-Ortegal | 197,4 | 291,1 |
Área da Costa da morte | 230,1 | 322,6 |
A Barbanza-Noia | 160,5 | 250,4 |
Área da Coruña | 140,4 | 207,1 |
Área de Santiago | 129,8 | 228,3 |
Lugo sur | 319,4 | 266,5 |
Lugo oriental | 348,1 | 404,5 |
Lugo central | 188,3 | 283,8 |
A Mariña | 198,2 | 286,5 |
O Carballiño-O Ribeiro | 334,5 | 383,1 |
Ourense central | 262,3 | 316,1 |
Ourense sur | 395,6 | 484,6 |
Área de Ourense | 167,1 | 247,9 |
Pontevedra nororiental | 228,5 | 275,5 |
Pontevedra sur | 148,9 | 230,0 |
Caldas-O Salnés | 141,6 | 234,7 |
O Morrazo | 129,7 | 237,4 |
Área de Pontevedra | 133,5 | 233,9 |
Área de Vigo | 131,9 | 228,3 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Índice de sobreenvellecemento. Galicia e áreas xeográficas
Unidade: tanto por cento (%)
Espazo | 2022 | 2037 |
---|---|---|
Galicia | 20,0 | 19,6 |
A Coruña suroriental | 22,5 | 22,4 |
Ferrol-Eume-Ortegal | 19,7 | 20,2 |
Área da Costa da morte | 19,7 | 21,6 |
A Barbanza-Noia | 19,1 | 18,9 |
Área da Coruña | 18,0 | 17,9 |
Área de Santiago | 18,7 | 18,6 |
Lugo sur | 27,6 | 22,7 |
Lugo oriental | 25,1 | 21,9 |
Lugo central | 22,9 | 19,4 |
A Mariña | 20,4 | 18,0 |
O Carballiño-O Ribeiro | 24,3 | 24,3 |
Ourense central | 24,2 | 20,8 |
Ourense sur | 23,9 | 24,4 |
Área de Ourense | 21,8 | 20,9 |
Pontevedra nororiental | 24,5 | 22,7 |
Pontevedra sur | 19,9 | 18,6 |
Caldas-O Salnés | 18,3 | 19,9 |
O Morrazo | 15,6 | 17,0 |
Área de Pontevedra | 18,9 | 19,7 |
Área de Vigo | 16,5 | 17,8 |
Fonte: IGE. Proxeccións de poboación (descarga da táboa)
Comarcas que compoñen cada área xeográfica considerada:
2022-2037.
Grupos quinquenais de idade. Galicia, provincias, áreas e comarcas
2022-2037.
Variables demográficas proxectadas. Galicia, provincias, áreas e comarcas
2022-2037.
Indicadores de envellecemento proxectados. Galicia, provincias, áreas e comarcas
2022-2037.
Variables demográficas proxectadas. España, Galicia e provincias