Introdución

As proxeccións de fogares fan posible anticipar os cambios que se producirán no seu número, tamaño e composición, e repercuten nos estudos derivados que se poidan obter, por exemplo, no ámbito das políticas públicas de planeamento e toma de decisións. O IGE elabora cada dous anos a operación estatística Proxeccións de fogares, que proporciona unha estimación da evolución futura dos fogares galegos, en base ás condicións demográficas observadas no momento actual.



Número de fogares

Segundo os resultados desta operación, vinculada ao Censo de población y viviendas de 2021 do INE e ás Proxeccións de poboación do IGE, Galicia presentaría nos próximos anos incremento do número de fogares; así, entre 2024 e 2039 o número de fogares aumentará en 65.623 unidades, o que supón unha variación relativa do 5,9%.

Non obstante, o incremento do número de fogares por provincias non será homoxénea; así, Pontevedra será a provincia que rexistre un maior aumento desta variable, cunha taxa de variación positiva do 7,9%, pasando de ter 369.058 fogares en 2024, a contar con 398.333 en 2039; en Lugo, por outra parte, o número de fogares aumentará en 2.134 unidades, un 1,6%.


Número de fogares. Galicia e provincias
Unidade: fogares, porcentaxe

Espazo 2024 2039 Taxa de variación
Galicia 1.103.241 1.168.864 5,9
  • A Coruña
464.475 493.258 6,2
  • Lugo
136.513 138.647 1,6
  • Ourense
133.196 138.625 4,1
  • Pontevedra
369.058 398.333 7,9

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano


Taxa de variación anual do número de fogares. Galicia e provincias
Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano


Das 20 áreas (agrupacións de comarcas) galegas consideradas, incrementaríase o número de fogares no período 2024-2039 en 15. As que rexistrarán segundo estas proxeccións os maiores incrementos son a Área da Coruña (12,2%), a Área de Santiago (10,6%), a Área de Vigo (9,4%), e a de Caldas-O Salnés (8,4%).
O maior decrecemento no número de fogares no período 2024-2039 agárdase en Área da Costa da morte e en Lugo oriental, cun descenso en ambas as dúas áreas do 3,5%, seguido de Ourense sur, cunha diminución do 2,6% en todo o período considerado.


Número de fogares. Áreas xeográficas
Unidade: fogares, porcentaxe

Espazo 2024 2039 Taxa de variación
A Coruña suroriental 25.159 24.559 -2,4
Ferrol-Eume-Ortegal 81.589 80.500 -1,3
Área da Costa da morte 52.614 50.796 -3,5
A Barbanza-Noia 38.049 39.082 2,7
Área da Coruña 189.120 212.117 12,2
Área de Santiago 77.943 86.204 10,6
Lugo sur 20.756 20.903 0,7
Lugo oriental 14.867 14.346 -3,5
Lugo central 71.135 73.162 2,8
A Mariña 29.755 30.236 1,6
O Carballiño-O Ribeiro 18.264 18.412 0,8
Ourense central 20.011 20.939 4,6
Ourense sur 33.063 32.218 -2,6
Área de Ourense 61.857 67.057 8,4
Pontevedra nororiental 24.883 25.275 1,6
Pontevedra sur 41.807 44.619 6,7
Caldas-O Salnés 54.386 59.395 9,2
O Morrazo 31.555 33.561 6,4
Área de Pontevedra 48.511 51.731 6,6
Área de Vigo 167.916 183.751 9,4

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano



Tamaño dos fogares

En canto á evolución dos fogares segundo o seu tamaño, no período 2024-2039 proxéctase un incremento do número de fogares en todas as categorías consideradas, agás na de 4 persoas, que diminuirían nun 4,1%. Os maiores incrementos esperados produciríanse na categoría de 6 ou máis persoas, un 15%, e na de 2 persoas, un 10,8%.


Distribución dos fogares segundo o seu tamaño. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano


Número de fogares segundo o seu tamaño. Galicia e provincias. Ano 2024
Unidade: fogares

Espazo Total 1 persoa 2 persoas 3 persoas 4 persoas 5 persoas 6 ou máis persoas
Galicia 1.103.241 320.628 313.135 233.212 160.094 49.611 26.561
  • A Coruña
464.475 132.604 133.539 99.283 68.386 20.271 10.391
  • Lugo
136.513 44.020 38.798 28.036 17.363 5.444 2.852
  • Ourense
133.196 45.602 39.811 26.141 15.204 4.325 2.113
  • Pontevedra
369.058 98.403 100.987 79.752 59.141 19.570 11.205

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano


Número de fogares segundo o seu tamaño. Galicia e provincias. Ano 2039
Unidade: fogares

Espazo Total 1 persoa 2 persoas 3 persoas 4 persoas 5 persoas 6 ou máis persoas
Galicia 1.168.864 344.765 347.097 239.455 153.524 53.481 30.542
  • A Coruña
493.258 144.097 148.501 101.818 65.276 21.745 11.822
  • Lugo
138.647 44.841 41.075 27.723 16.351 5.608 3.049
  • Ourense
138.625 47.876 42.609 26.567 14.816 4.489 2.268
  • Pontevedra
398.333 107.951 114.911 83.347 57.080 21.639 13.404

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano


O tamaño medio dos fogares galegos experimentará unha redución no período 2024-2039, tanto no conxunto de Galicia como a nivel provincia: o número medio de membros pasaría de 2,43 en 2024 a 2,29 persoas en 2039.


Tamaño medio dos fogares. Galicia e provincias
Unidade: persoas

Espazo 2024 2039
Galicia 2,43 2,29
15 A Coruña 2,41 2,28
27 Lugo 2,36 2,26
32 Ourense 2,25 2,16
36 Pontevedra 2,55 2,35

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano



Composición dos fogares

Segundo a clasificación utilizada nestas proxeccións, no período 2024-2039 os fogares unipersoais aumentarían un 7,5% e os formados por unha parella sen fillos un 10,8%; as unidades monoparentais aumentarían tamén, neste caso nun 5,3%, e as parellas con fillos un 1,6%.


Número de fogares segundo a súa estrutura. Galicia e provincias. Ano 2024
Unidade: fogares

Espazo Total Unipersoais Parellas sen fillos Parellas con fillos Unidades monoparentais Outros
Galicia 1.103.241 320.628 223.490 328.251 104.310 126.561
  • A Coruña
464.475 132.604 96.080 139.529 43.287 52.975
  • Lugo
136.513 44.020 27.162 34.795 12.163 18.373
  • Ourense
133.196 45.602 29.144 33.862 11.777 12.811
  • Pontevedra
369.058 98.403 71.104 120.065 37.084 42.402

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano


Número de fogares segundo a súa estrutura. Galicia e provincias. Ano 2039
Unidade: fogares

Espazo Total Unipersoais Parellas sen fillos Parellas con fillos Unidades monoparentais Outros
Galicia 1.168.864 344.765 247.702 333.624 109.866 132.907
  • A Coruña
493.258 144.097 106.845 141.167 45.542 55.608
  • Lugo
138.647 44.841 28.756 34.171 12.335 18.544
  • Ourense
138.625 47.876 31.193 34.115 12.201 13.240
  • Pontevedra
398.333 107.951 80.908 124.171 39.787 45.516

Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa)
Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano



Anexo

Comarcas que compoñen cada área xeográfica considerada:



Definicións e máis información