O obxectivo da operación Produto Interior Bruto municipal é obter estimacións municipais do Produto Interior Bruto (PIB).
O PIB é unha macromagnitude económica que resume o volume de actividade produtiva nun espazo económico nun período de tempo determinado. É o resultado dos procesos de produción de diversos axentes que operan en cada concello (empresas, fogares, administracións públicas, etc.) producindo bens e servizos finais. O PIB vai depender do emprazamento das unidades produtivas nun concello pero o desenvolvemento da súa actividade pode non ter reflexo claro na renda dos fogares.
O punto de partida para as estimacións do PIB municipal é a información dispoñible nas Contas Económicas Anuais, nas que se estiman as contas de produción e explotación para 72 ramas de actividade. Para cada unha das 72 ramas desagrégase o Valor Engadido Bruto (VEB) por concello utilizando diversos métodos de estimación en función das distintas fontes estatísticas dispoñibles. Non obstante, aínda que internamente se calcula, non se difunde a desagregación por ramas de actividade dos concellos por criterios de segredo estatístico. Só para os concellos de máis de 20.000 habitantes publícase unha desagregación do PIB en 4 sectores de actividade. Así mesmo, para as comarcas realízase unha desagregación maior do PIB, en 12 sectores produtivos, o que permite identificar en que sectores están especializadas as comarcas en termos relativos con respecto a Galicia.
Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos do produto interior bruto por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano t, estimada como promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1, a partir das Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE.
Nota: Os datos de 2016 son provisionais.
Os sete grandes concellos concentran o 42,1% do Produto Interior Bruto de Galicia
Vigo é o concello con maior nivel de actividade produtiva, cun PIB de 7.215 millóns de euros, seguido do concello da Coruña que xerou 6.527 millóns de euros en 2016. Entre ambos concellos achegan o 23,3% do PIB de Galicia.
O concello de Arteixo, con 4.104 millóns de euros, é o terceiro concello en xeración de valor engadido e presenta un incremento do 32% da súa actividade produtiva con respecto a 2014. Tras Arteixo sitúanse os concellos de Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. En todos eles, o PIB medrou con respecto a 2014.
Os concellos do Porriño e As Pontes de García Rodríguez completan a táboa dos dez primeiros concellos por volume de actividade económica.
Os dez concellos de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) municipal no ano 2016
Unidade: miles de euros
Concello | 2010 | 2012 | 2014 | 2016 |
---|---|---|---|---|
36057 Vigo | 7.438.199 | 7.037.821 | 7.035.644 | 7.215.147 |
15030 Coruña, A | 6.303.274 | 6.141.919 | 6.013.831 | 6.526.579 |
15005 Arteixo | 2.165.008 | 2.185.613 | 3.111.474 | 4.104.184 |
15078 Santiago de Compostela | 3.569.581 | 3.356.617 | 3.136.522 | 3.395.128 |
27028 Lugo | 2.264.735 | 2.172.203 | 2.119.638 | 2.249.020 |
32054 Ourense | 2.322.866 | 2.187.455 | 2.056.327 | 2.124.096 |
36038 Pontevedra | 1.894.233 | 1.839.312 | 1.744.544 | 1.888.980 |
15036 Ferrol | 1.567.460 | 1.417.460 | 1.403.000 | 1.445.185 |
36039 Porriño, O | 814.246 | 753.937 | 778.857 | 864.356 |
15070 Pontes de García Rodríguez, As | 510.529 | 836.900 | 695.066 | 652.468 |
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)
Arteixo é o concello con maior PIB por habitante no ano 2016
Os concellos con maior PIB por habitante caracterízanse por ter uns niveis de actividade moi relevantes no seu concello pero non se atopan entre os máis poboados de Galicia. Arteixo, cunha poboación de máis de 30.000 habitantes, é a excepción entre os que teñen máis PIB por habitante.
Os concellos cun maior nivel de PIB por habitante presentan cando menos unha das seguintes características:
Os quince concellos de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) por habitante. Ano 2016
Unidade: euros por persoa, persoas
Concello | PIB por habitante | Poboacion |
---|---|---|
15005 Arteixo | 129.519 | 31.688 |
32017 Carballeda de Valdeorras | 112.040 | 1.635 |
27013 Cervo | 86.707 | 4.297 |
15081 Somozas, As | 85.910 | 1.185 |
32075 San Cibrao das Viñas | 80.586 | 5.168 |
27033 Muras | 75.150 | 722 |
32044 Manzaneda | 65.316 | 949 |
15070 Pontes de García Rodríguez, As | 63.383 | 10.294 |
27056 Rábade | 62.880 | 1.564 |
15024 Cerceda | 55.743 | 5.072 |
32092 Vilariño de Conso | 53.138 | 715 |
32052 Nogueira de Ramuín | 50.973 | 2.056 |
32058 Pereiro de Aguiar | 50.879 | 6.177 |
36039 Porriño, O | 46.831 | 18.457 |
15008 Bergondo | 39.278 | 6.699 |
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)
Índice do PIB municipal por habitante (Galicia=100). Ano 2016
Naqueles concellos de máis de 20.000 habitantes preséntase unha desagregación do PIB municipal en catro grandes sectores económicos, máis os impostos netos sobre os produtos.
Para o conxunto da economía galega do ano 2016 o sector primario achegou o 4,8% do PIB, a Industria e enerxía o 16,6%, a construción o 6,3%, o sector servizos o 63,1% e os impostos sobre os produtos representan o 9,1% restante. Tomando como referencia estes datos, e á vista da estrutura produtiva dos concellos de máis de 20.000 habitantes, podemos destacar os seguintes trazos deste grupo de concellos:
Estrutura do Produto Interior bruto (PIB) dos concellos de máis de 20.000 habitantes. Ano 2016
Unidade: porcentaxe sobre o PIB
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)
A comarca da Coruña é a principal de Galicia en termos de actividade económica. En 2016 xerou un PIB de 12.848 millóns de euros, o que representa o 21,8% do total de Galicia. Con respecto ao 2014 medrou un 15%. A este crecemento contribuíu especialmente o incremento do valor engadido xerado no sector servizos, en particular na rama de actividade “Comercio, transporte e hostalería”.
A comarca de Vigo tivo un PIB de 9.801 millóns de euros, que representa un 16,6% do total galego e entre 2014 e 2016 medrou un 4,6%.
As seguintes comarcas, en orde de magnitude, son as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Estas sete comarcas achegan o 65,1% do PIB de Galicia e todas elas presentan crecemento dende o ano 2014.
Fóra das comarcas cuxa cabeceira é unha gran cidade, destacan as comarcas do Salnés, Barbanza e O Morrazo. A suma destas tres comarcas representan un 7,2% do PIB galego
Cómpre destacar a evolución do PIB das comarcas de Caldas, Tabeirós-Terra de Montes e O Sar, con crecementos superiores ao 10%.
As dez comarcas de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB). Ano 2016
Unidade: miles de euros, taxa de variación interanual e achega ao PIB en %
Comarca | PIB | Achega ao PIB de Galicia | Taxa de variación 2014-2016 |
---|---|---|---|
1506 A Coruña | 12.847.720 | 21,8 | 15,0 |
3610 Vigo | 9.801.114 | 16,6 | 4,6 |
1514 Santiago | 4.365.625 | 7,4 | 9,1 |
3205 Ourense | 3.267.947 | 5,5 | 4,1 |
1508 Ferrol | 2.840.316 | 4,8 | 4,8 |
2704 Lugo | 2.773.373 | 4,7 | 6,7 |
3607 Pontevedra | 2.507.720 | 4,3 | 7,3 |
3608 O Salnés | 1.885.770 | 3,2 | 4,5 |
1502 Barbanza | 1.183.214 | 2,0 | 7,5 |
3605 O Morrazo | 1.157.570 | 2,0 | 4,0 |
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)
Ao igual que pasaba no caso dos concellos, se falamos de PIB por habitante a situación das comarcas é diferente. A comarca do Eume presenta un PIB por habitante de 35.227 euros, é dicir, un 62% superior á media de Galicia. A comarca da Coruña rexistra a segunda cifra de PIB por habitante con case 32.500 euros. A comarcas da Mariña Occidental e da Terra de Trives sitúanse en terceiro e cuarto lugar respectivamente, mentres a comarca de Santiago é a quinta cun PIB por habitante que supera os 26.000 euros.
A Comarca de Valdeorras, sexta neste baremo, rexistrou unha subida do PIB por habitante dun 12% consecuencia dun crecemento da actividade produtiva positiva (o seu PIB total medrou un 9,4% entre 2014 e 2016) e un comportamento demográfico negativo (a poboación caeu un 2,3% nese período).
A Paradanta, Muros, O Condado, A Baixa Limia e Terra de Celanova están entre as comarcas con menor actividade produtiva por habitante. En todas elas o PIB por habitante é inferior ao 60% da media de Galicia.
As dez comarcas de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) por habitante. Ano 2016
Unidade: euros por persoa
Comarca | PIB por habitante |
---|---|
1507 Eume | 35.227 |
1506 A Coruña | 32.499 |
2706 A Mariña Occidental | 31.110 |
3209 Terra de Trives | 29.286 |
1514 Santiago | 26.193 |
3210 Valdeorras | 23.987 |
3610 Vigo | 23.590 |
2704 Lugo | 23.416 |
3205 Ourense | 23.114 |
2702 Chantada | 22.885 |
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)
As dez comarcas de Galicia con menor Produto interior bruto (PIB) por habitante. Ano 2016
Unidade: euros por persoa
Comarca | PIB por habitante |
---|---|
3606 A Paradanta | 10.939 |
1510 Muros | 11.839 |
3603 O Condado | 12.052 |
3202 Baixa Limia | 12.815 |
3208 Terra de Celanova | 12.821 |
1503 A Barcala | 13.178 |
3211 Verín | 13.557 |
3602 Caldas | 13.991 |
1517 Terra de Soneira | 14.035 |
3601 O Baixo Miño | 14.075 |
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)
As estimacións publicadas polo IGE achegan información da estrutura produtiva das comarcas cun nivel de desagregación de 12 ramas de actividade. Este detalle permite construír uns índices de especialización relativa, que comparan a estrutura produtiva de cada comarca coa de Galicia, identificando aqueles sectores máis predominantes, en termos relativos, nas comarcas galegas.
Dezaoito comarcas teñen especialización produtiva no sector primario (inclúe agricultura, gandaría, pesca e silvicultura) e once comarcas teñen especialización produtiva no sector enerxético (Eume, Ordes, Noia, Chantada, Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Terra de Trives, Viana e A Paradanta).
A presenza industrial é sobranceira en varias comarcas:
A Comarca da Coruña é a única que presenta especialización relativa no sector do Comercio, transporte e hostalería. Dúas comarcas, Bergantiños e o Carballiño, teñen especialización produtiva no sector da Construción e ningunha das comarcas galegas na Administración pública, sanidade, educación e outros servizos.
Especialización produtiva por comarca. Ano 2016
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal
NOTA: calcúlase un índice de especialización para cada comarca e sector como o cociente entre o peso do VEB do sector na comarca e o peso do VEB do sector na economía galega. En cada comarca defínese o sector de especialización como aquel que presenta o maior valor dos índices anteriores.
Nas provincias da Coruña e Pontevedra xérase o 77,5% da produción final de Galicia
Por agregación dos datos municipais obtéñense os datos provinciais. A provincia da Coruña é a responsable do 46,3% da produción final e ten un PIB por habitante superior nun 12% á media de Galicia. A provincia de Pontevedra ten un PIB de 18.433 millóns de euros, pero o PIB por habitante é inferior ao de Galicia. Ourense achega o 10,3% da xeración de valor na nosa comunidade e é a provincia cun PIB por habitante inferior.
Produto interior bruto (PIB), achega ao PIB de Galicia e PIB por habitante. Galicia e provincias. Ano 2016
Unidade: PIB en miles de euros, PIB por habitante en euros,achega ao PIB en porcentaxes
Espazo | PIB | Achega ao PIB de Galicia | PIB por habitante | PIB por habitante sobre a media galega |
---|---|---|---|---|
12 Galicia | 58.994.431 | 100,0 | 21.727 | 100,0 |
15 A Coruña | 27.319.915 | 46,3 | 24.328 | 112,0 |
27 Lugo | 7.139.104 | 12,1 | 21.318 | 98,1 |
32 Ourense | 6.102.599 | 10,3 | 19.489 | 89,7 |
36 Pontevedra | 18.432.813 | 31,2 | 19.521 | 89,8 |
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)
Por grandes sectores económicos nas catro provincias o sector servizos é o máis destacado pola súa achega ao PIB provincial, porén cómpre destacar algúns aspectos significativos de cada provincia:
Estrutura do Produto Interior bruto (PIB) de Galicia e as súas provincias. Ano 2016
Unidade: porcentaxe sobre o PIB
Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)