A Mostra continua de vidas laborais (MCVL) é un conxunto de microdatos anonimizados procedentes de diversos rexistros administrativos: da Seguridade Social, do Padrón municipal de habitantes e da Axencia Tributaria. A MCVL constitúe unha mostra representativa de todas as persoas que durante o ano tiveron relación coa Seguridade Social, ben porque estiveron afiliadas en situación de alta laboral, ben porque percibiron unha prestación contributiva ou subsidio por desemprego, ou ben por que percibiron algún tipo de pensión contributiva da Seguridade Social.
Para poder interpretar correctamente os datos facilitados nesta explotación estatística, hai que ter en conta as seguintes consideracións:
2022.
Durante o ano 2020 e primeira metade do 2021, o mercado laboral galego viuse afectado polas consecuencias derivadas da pandemia da COVID-19 e as medidas paliativas que se puxeron en marcha para facerlle fronte. Ambas circunstancias influíron nos resultados da explotación da Mostra Continua de Vidas Laborais de ambas as dúas edicións; dende esta ligazón pode obterse máis información ao respecto.
Durante o ano 2022,
1.191.975
galegos e
galegas en idade laboral (de 16 ou máis anos) mantiveron algunha
relación de afiliación en alta laboral coa Seguridade Social, un
1,8%
máis
que no ano 2021.
Poboación de 16 ou máis anos que en 2022
estivo
afiliada en alta laboral segundo o tempo traballado no ano e a idade.
Galicia
Unidade: persoas
Idade | Total | Menos de 1 mes | De 1 mes a menos de 6 meses | De 6 meses a menos de 1 ano | Todo o ano |
---|---|---|---|---|---|
Total | 1.191.975 | 32.475 | 122.500 | 233.525 | 803.475 |
De 16 a 24 anos | 78.550 | 11.975 | 30.125 | 23.350 | 13.100 |
De 25 a 34 anos | 208.150 | 5.975 | 27.425 | 63.200 | 111.550 |
De 35 a 44 anos | 305.050 | 5.200 | 24.250 | 60.475 | 215.125 |
De 45 a 54 anos | 340.725 | 5.350 | 22.075 | 51.925 | 261.375 |
De 55 a 64 anos | 227.800 | 3.050 | 13.250 | 27.750 | 183.750 |
65 ou máis anos | 31.700 | 925 * | 5.375 | 6.825 | 18.575 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas
laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga
da táboa)
Nota: (*) Poucas observacións mostrais, polo
que o dato está afectado por un alto erro de mostraxe. O tempo
traballado no ano inclúe o tempo traballado por conta allea e por conta
propia.
O 2,7%
destes afiliados e afiliadas traballou menos de un
mes en todo o ano 2022,
o 10,3%
entre un mes e
seis meses, o 19,6%
traballou seis ou máis meses pero sen
chegar ao ano completo e, finalmente, o 67,4%
restante
fíxoo durante todo 2022.
Estas porcentaxes varían de xeito significativo en función da idade da
persoa afiliada. Entre a poboación máis nova, a menor de 25 anos, a
porcentaxe das que traballaron o ano completo sitúase no
16,7%.
Porén, ao considerar o grupo de idade de 25 a 34
anos (ambos inclusive) a porcentaxe de persoas que traballaron todo o
ano rolda o 53%
e segue aumentando ata acadar o
80,7%
entre os afiliados e as afiliadas de 55 a 64 anos.
Ao ter en conta o sexo da persoa traballadora, a porcentaxe de homes que
estiveron afiliados en alta laboral durante todo o ano 2022
foi do 69%,
3,3
puntos por riba da porcentaxe
observada entre o colectivo feminino (que se sitúa en
65,7%).
Porcentaxe de persoas afiliadas que traballaron durante todo o
ano segundo a idade. Galicia
Unidade: porcentaxe
(%)
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa)
No gráfico de abaixo represéntase o número medio de anos de afiliación
en alta laboral segundo o sexo e a idade da persoa, para todos/as os/as
residentes en Galicia de 16 ou máis anos que estiveron afiliadas en alta
laboral nalgún momento de 2022.
Cabe destacar que, a medida
que aumenta a idade, increméntase a diferenza entre o número medio de
anos traballados polos homes e polas mulleres, debido á tardía
incorporación da muller ao mercado laboral.
Número medio de anos de afiliación en alta laboral segundo o
sexo e a idade. Galicia. Ano 2022
Unidade:
anos
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas
laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga
da táboa)
Nota: o número medio de anos traballados
calculouse para as persoas afiliadas en alta laboral nalgún momento do
ano de referencia.
No tocante á vida laboral dos traballadores e das traballadoras, o
47,1%
das persoas que nalgún momento de 2022
estiveron afiliadas en alta laboral levaba traballado menos de 15 anos,
o 30,3%
entre 15 e 25 anos e o 22,6%
25 ou
máis anos.
Entre as persoas afiliadas máis próximas á idade de xubilación (os 55 ou
máis anos), a porcentaxe das que levaban afiliadas en alta laboral menos
de 15 anos é do 13,9%.
O 22,2%
levaba
traballando entre 15 e menos de 25 anos e, finalmente, o
63,9%
restante 25 ou máis anos.
Dos 1.191.975
galegos e galegas que en 2022
mantiveron algunha relación de afiliación en alta laboral coa Seguridade
Social, 993.800
estiveron afiliadas por conta allea nalgún
momento do ano. O 78,5%
destas persoas afiliadas por conta
allea traballou para unha soa empresa en 2022
(todo o ano
ou parte del). Esta porcentaxe tamén cambia en función da idade da
persoa. Así, entre os/as menores de 25 situouse no 61,8%,
mentres que 9
de cada 10 persoas de 55 ou máis anos prestou
servizos a unha única empresa en 2022.
Poboación de 16 ou máis anos que estivo afiliada en alta laboral
por conta allea segundo o número de empresas nas que traballou no ano e
a idade. Galicia
Unidade: persoas
Idade | Total | Unha empresa | Dúas ou máis empresas | Total | Unha empresa | Dúas ou máis empresas |
---|---|---|---|---|---|---|
Total | 970.375 | 772.325 | 198.050 | 993.800 | 779.775 | 214.025 |
De 16 a 24 anos | 68.475 | 43.650 | 24.825 | 75.950 | 46.900 | 29.050 |
De 25 a 34 anos | 191.950 | 131.850 | 60.100 | 192.350 | 129.325 | 63.025 |
De 35 a 44 anos | 263.525 | 212.250 | 51.275 | 260.925 | 207.225 | 53.700 |
De 45 a 54 anos | 266.900 | 224.800 | 42.100 | 277.625 | 231.675 | 45.950 |
De 55 ou máis anos | 179.525 | 159.775 | 19.750 | 186.950 | 164.650 | 22.300 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa)
En Galicia a base de cotización media para as persoas afiliadas á
Seguridade Social no réxime xeral acadou os 1.786
euros ao
mes no ano 2022,
51
euros por
riba
do valor rexistrado no ano anterior. Por outra banda,
a metade das persoas ten unha base inferior aos 1.586
euros
mensuais.
Media e mediana da base de cotización no réxime xeral.
Galicia
Unidade: euros/mes
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas
laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga
da táboa)
Nota: só se tiveron en conta as bases de
cotización das persoas traballadoras afiliadas no réxime xeral.
Excluíronse as bases de cotización das persoas afiliadas dentro dalgún
sistema especial de cotización do réxime xeral. Non se tiveron en conta
a base do primeiro mes da relación laboral nin a do último, sempre e
cando non se correspondesen cunha mensualidade completa.
Para os homes, a base de cotización media acadou os 1.933
euros ao mes, mentres que para o colectivo feminino situouse
285
euros por debaixo da masculina.
Por idade, a base de cotización máis alta deuse no colectivo de 55 a 64
anos (ambos inclusive), con 1.979
euros mensuais, mentres
que entre a poboación máis nova, a menor de 25 anos, a base de
cotización situouse nos 1.147
euros aos mes en
2022.
Base de cotización media no réxime xeral por sexo e grupos de
idade. Galicia. Ano 2022
Unidade:
euros/mes
Idade | Total | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Total | 1.786 | 1.933 | 1.648 |
De 16 a 24 anos | 1.147 | 1.220 | 1.065 |
De 25 a 34 anos | 1.610 | 1.682 | 1.543 |
De 35 a 44 anos | 1.840 | 2.002 | 1.696 |
De 45 a 54 anos | 1.924 | 2.132 | 1.735 |
De 55 a 64 anos | 1.979 | 2.170 | 1.794 |
65 ou máis anos | 1.973 | 2.198 | 1.782 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas
laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga
da táboa)
Nota: só se tiveron en conta as bases de
cotización das persoas traballadoras afiliadas no réxime xeral.
Excluíronse as bases de cotización das persoas afiliadas dentro dalgún
sistema especial de cotización do réxime xeral. Non se tiveron en conta
a base do primeiro mes da relación laboral nin a do último, sempre e
cando non se correspondesen cunha mensualidade completa.
A Mostra Continua de Vidas Laborais permite identificar o municipio de residencia da persoa para os concellos con máis de 40.000 habitantes.
Dos sete grandes concellos galegos, Santiago de Compostela contaba coa
base de cotización máis alta en 2022,
con
1.981
euros ao mes, seguido da Coruña con
1.936
euros ao mes e de Pontevedra con 1.922
euros. No outro extremo atópanse os concellos de Lugo e Ourense, onde as
bases de cotización medias para as persoas afiliadas no réxime xeral
situáronse nos 1.769
e 1.807
euros mensuais,
respectivamente, en 2022.
Base de cotización media no réxime xeral por sexo. Grandes
concellos. Ano 2022
Unidade:
euros/mes
Espazo | Total | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Coruña, A | 1.936 | 2.052 | 1.835 |
Ferrol | 1.855 | 1.977 | 1.723 |
Santiago de Compostela | 1.981 | 2.056 | 1.914 |
Lugo | 1.769 | 1.835 | 1.716 |
Ourense | 1.807 | 1.839 | 1.781 |
Pontevedra | 1.922 | 2.035 | 1.831 |
Vigo | 1.867 | 2.019 | 1.734 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas
laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga
da táboa)
Nota: só se tiveron en conta as bases de
cotización das persoas traballadoras afiliadas no réxime xeral.
Excluíronse as bases de cotización das persoas afiliadas dentro dalgún
sistema especial de cotización do réxime xeral. Non se tiveron en conta
a base do primeiro mes da relación laboral nin a do último, sempre e
cando non se correspondesen cunha mensualidade completa.
O 15,2%
dos galegos e das galegas que en 2022
estiveron afiliadas en alta laboral por conta allea percibiu un salario
total menor ou igual aos 6.000 euros anuais. Entre a poboación
traballadora que só estivo afiliada en alta laboral parte do ano, esta
porcentaxe sobe ata o 36,7%,
mentres que para os que
estiveron afiliados o ano completo é do 2%.
Para este último colectivo, o intervalo modal (o de maior frecuencia) é
o de 20.000 a 30.000 euros, no que se atopa o 29,6%
das
persoas que estiveron afiliadas en alta laboral durante todo o ano
2022,
seguido polo grupo de poboación que percibiu de
15.000 a 20.000 euros ao ano, no que se atopa o 23,1%.
Distribución da poboación afiliada en alta laboral por conta
allea segundo o intervalo de salario bruto anual (euros). Galicia. Ano
2022
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas
laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga
da táboa)
Nota: as porcentaxes están calculadas sobre o
total de persoas traballadoras por conta allea para as que se dispón de
información fiscal.
A media do salario bruto para as persoas afiliadas por conta allea
acadou os 20.552
euros anuais en 2022.
Para o
colectivo que estivo afiliado en alta laboral por conta allea durante
todo o ano, a media sitúase nos 26.697
euros anuais; para o
resto de persoas, as que traballaron só parte do ano, o salario medio
anual sitúase nos 10.446
euros.
No que respecta ao valor mediano, a metade dos asalariados e das
asalariadas galegas percibiu uns rendementos polo traballo inferiores
aos 17.431
euros anuais.
Respecto ao ano anterior, o salario medio anual aumentou
en
1.292
euros/ano. Obsérvanse diferenzas entre as persoas que
traballaron o ano completo ou só parte do ano: o salario medio anual de
ambos colectivos aumentou entre 2021
e 2022,
pero o incremento foi máis acusado no caso do primeiro colectivo de
traballadores e traballadoras. Este ingresou de media 1.580
euros máis en 2022
que no ano 2021.
Por outra
banda, o salario medio das persoas que traballaron parte do ano aumentou
en 714
euros.
Media e mediana do salario bruto anual segundo o tempo
traballado por conta allea no ano. Galicia
Unidade:
euros/ano
Tempo traballado | 2021 | 2022 | Diferenza |
---|---|---|---|
Media | |||
|
19.260 | 20.552 | 1.292 |
|
25.117 | 26.697 | 1.580 |
|
9.732 | 10.446 | 714 |
Mediana | |||
|
16.373 | 17.431 | 1.058 |
|
20.841 | 21.837 | 996 |
|
7.812 | 8.414 | 602 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa)
Ao centrarse nos afiliados e nas afiliadas que traballaron por conta
allea o ano completo, obsérvase como o salario increméntase notablemente
a medida que aumenta a idade da persoa, pasando de 15.848
euros para os mozos e mozas menores de 25 anos, aos 28.998
euros para a poboación de 55 a 64 anos.
Media do salario bruto anual segundo o tempo traballado por
conta allea no ano e a idade. Galicia. Ano 2022
Unidade: euros/ano
Idade | Total | Todo o ano | Parte do ano |
---|---|---|---|
Total | 20.552 | 26.697 | 10.446 |
De 16 a 24 anos | 6.824 | 15.848 | 5.188 |
De 25 a 34 anos | 16.848 | 22.478 | 11.166 |
De 35 a 44 anos | 21.066 | 25.723 | 12.060 |
De 45 a 54 anos | 23.704 | 28.530 | 11.293 |
De 55 a 64 anos | 24.944 | 28.998 | 11.664 |
65 ou máis anos | 22.104 | 34.815 | 11.076 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa)
Por outra banda, obsérvanse diferenzas salariais entre o sexo masculino
e o feminino. En 2022
a media do salario bruto anual foi de
22.657
euros para os homes e 18.395
para as
mulleres (4.262
euros menos para o sexo feminino). Ao
restrinxir a análise ás persoas que estiveron afiliadas en alta laboral
por conta allea durante todo o ano, a diferenza (en termos absolutos) é
maior: 29.287
euros para os homes e 23.972
para as mulleres (5.315
euros menos).
Media e mediana do salario bruto anual segundo o tempo
traballado por conta allea no ano e o sexo. Galicia. Ano
2022
Unidade: euros/ano
Sexo | Total | Todo o ano | Parte do ano |
---|---|---|---|
Media | |||
|
20.552 | 26.697 | 10.446 |
|
22.657 | 29.287 | 11.361 |
|
18.395 | 23.972 | 9.550 |
Mediana | |||
|
17.431 | 21.837 | 8.414 |
|
19.380 | 23.418 | 9.278 |
|
15.515 | 19.450 | 7.670 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa)
Dos sete concellos galegos con maior poboación, Santiago de Compostela
presentaba no 2022
o salario bruto máis alto, con
24.092
euros anuais de media, seguido da Coruña, con
24.174
euros ao ano. No extremo oposto atopábase o concello
de Lugo, onde os afiliados e as afiliadas por conta allea percibiron de
media uns 20.369
euros/ano, sendo o único concello, entre
os 7 de maior poboación, onde o salario medio se sitúa por debaixo da
media de Galicia (20.552
euros/ano).
Media do salario bruto anual segundo o tempo traballado por
conta allea no ano 2022.
Grandes concellos
Unidade: euros/ano
Espazo | Total | Todo o ano | Parte do ano |
---|---|---|---|
Coruña, A | 24.174 | 31.439 | 10.635 |
Ferrol | 20.761 | 27.572 | 10.390 |
Santiago de Compostela | 24.092 | 30.760 | 11.391 |
Lugo | 20.369 | 25.932 | 10.514 |
Ourense | 20.780 | 27.110 | 10.532 |
Pontevedra | 21.717 | 28.333 | 10.531 |
Vigo | 22.041 | 29.020 | 10.217 |
Fonte: elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas laborais facilitada pola Seguridade Social (descarga da táboa)