ÍNDICE



Introdución

A Matriz de Contabilidade Social é unha estatística de síntese de carácter estrutural. O principal obxectivo desta operación é servir de vínculo entre os procesos de xeración de valor engadido e a descrición dos fluxos de bens e servizos dunha economía, recollidos nun Marco Input Output, e o papel das persoas e os fogares na economía. Proporciona, por tanto, información de carácter social, pero o que a distingue doutras estatísticas máis específicas é que ofrece consistencia entre as estatísticas sociais e as contas económicas, isto é, ofrécenos unha visión combinada das cifras macroeconómicas e a súa repercusión nas persoas da nosa economía.

A Matriz de Contabilidade Social de Galicia achega información da remuneración do factor traballo (soldos e salarios se falamos de traballo asalariado e renda mixta se consideramos o traballo por conta propia) por categorías socioeconómicas: ramas de actividade, sexo e nivel de estudos. Achega tamén información por tipo de fogar (os fogares clasifícanse en catro tipos segundo a principal fonte de renda do fogar), para o total de rendas do traballo percibidas na economía de Galicia e información sobre o gasto en consumo final por tipo de fogar e produto consumido.

A publicación, que achega datos da serie 2010-2022, é coherente coas operacións estatísticas do Sistema de Contas Económicas de Galicia en Revisión estatística 2024.


Remuneración do factor traballo por sexo e nivel de estudos

Soldos e salarios

No ano 2022 a masa salarial aumenta un 8,6% con respecto ao ano anterior, incremento inferior ao do Produto interior bruto (PIB) galego (10,4% en termos correntes). Os soldos e salarios supoñen neste ano o 34,3% do PIB, e son a principal compoñente da remuneración de asalariados (o resto serían cotizacións sociais a cargo dos empregadores). No ano 2022 o peso da remuneración de asalariados no PIB é do 44,2%.

O 44,9% dos soldos e salarios son percibidos por mulleres. Este valor é o máis elevado da serie 2010-2022. No colectivo feminino destaca o sector servizos como o principal provedor de rendas salariais xa que estes achegan o 87,4% do total. É especialmente relevante o sector que engloba as seccións O a T da CNAE-2009: Administración pública, educación, sanidade, servizos sociais, actividades artísticas e recreativas e outros servizos que achegan máis do 50% das rendas salariais percibidas polas mulleres. Porén, este sector só supón o 24,6% no caso das rendas salariais dos homes. En cambio, a Industria manufactureira e a Construción concentran o 31,2% das rendas salariais dos homes por un 10,8% das mulleres.

Soldos e salarios. Porcentaxe sobre o PIB e porcentaxe que perciben as mulleres.
Unidade: miles de euros, porcentaxe
Ano Soldos e salarios Porcentaxe sobre o PIB Porcentaxe percibido por mulleres
2010 20.448.618 36,4 38,8
2011 19.994.051 36,6 40,5
2012 18.664.096 35,5 40,7
2013 18.481.456 35,3 41,4
2014 18.255.308 34,5 42,3
2015 18.840.407 34,5 42,7
2016 19.293.958 34,1 43,3
2017 19.906.109 34,0 42,7
2018 20.878.139 34,0 43,2
2019 22.100.145 35,1 43,7
2020 21.324.079 36,7 43,9
2021 22.603.621 34,9 44,0
2022 24.549.898 34,3 44,9
Fonte: IGE. Matriz de Contabilidade Social (descarga da táboa)

 

totalhomesmulleresServizos I (G-N)Servizos II (O-T)Industria manufactureira (C)Construción (F)Agricultura e pesca (A)Resto de industria e enerxía (B,D,E)Servizos II (O-T)Servizos I (G-N)Industria manufactureira (C)Construción (F)Resto de industria e enerxía (B,D,E)Agricultura e pesca (A)Nivel de estudos IVNivel de estudos I e IINivel de estudos IIINivel de estudos IVNivel de estudos IIINivel de estudos I e IINivel de estudos IVNivel de estudos I e IINivel de estudos IIINivel de estudos I e IINivel de estudos IVNivel de estudos IIINivel de estudos I e IINivel de estudos IVNivel de estudos IIINivel de estudos IVNivel de estudos I e IINivel de estudos IIINivel de estudos IVNivel de estudos IIINivel de estudos I e IINivel de estudos IVNivel de estudos IIINivel de estudos I e IINivel de estudos IVNivel de estudos I e IINivel de estudos IIINivel de estudos IVNivel de estudos IIINivel de estudos I e IINivel de estudos IVNivel de estudos IIINivel de estudos I e IINivel de estudos IVNivel de estudos I e IINivel de estudos III
Distribución dos Soldos e salarios por ramade actividade, nivel de formación e sexo. Ano 2022Unidade: Miles de euros

Nivel de estudos: I: Educación primaria ou inferior.II: Primeira etapa de educación secundaria e similar. III: Segunda etapa de educación secundaria e educación postsecundaria non superior.IV: Educación superior.

Sector de actividade: Servizos I: Comercio, transporte, hostalería, información e comunicacións, actividades financeiras e de seguros, actividades inmobiliarias, actividades profesionais, científicas e técnicas, actividades administrativas e servizos auxiliares (CNAE G a N).Servizos II: Administración pública, educación, actividades sanitarias e sociais, actividades artísticas, outros servizos e actividades dos fogares que empregan persoal doméstico (CNAE O a T)

Se atendemos aos ingresos salariais obtidos en función do nivel educativo, no ano 2022, o 58,4% da masa salarial corresponde a traballadores con educación superior, o 19,6% a traballadores coa segunda etapa de educación secundaria e o 21,9% restante a traballadores coa primeira etapa de educación secundaria ou nivel de estudos inferior. No periodo 2010-2022 obsérvase unha diminución da porcentaxe de masa salarial correspondente ao colectivo coa primeira etapa de educación secundaria ou inferior. Entre outros factores, isto pode deberse ao feito de que durante a crise iniciada en 2008 destruíuse principalmente emprego en sectores que tradicionalmente empregan máis man de obra con estudos non superiores, como pode ser a construción. Por outra banda, tamén se debe ter en conta, a propia estrutura poboacional, onde cada vez é maior a porcentaxe da poboación con estudos superiores (sen que isto implique necesariamente que o traballo que desempeñan requira esta cualificación).

Se nos fixamos na distribución por sexo e nivel de estudos, vemos que no caso das mulleres o 67,6% das rendas recíbenas mulleres con nivel de estudos superior, sendo esta porcentaxe do 51,0% no caso dos homes. Isto está estreitamente relacionados cos distintos sectores de actividade de onde proveñen maioritariamente as rendas salariais dun e doutro colectivo que se comentaba anteriormente.

0%20%40%60%80%100%Ano 2010Ano 2011Ano 2012Ano 2013Ano 2014Ano 2015Ano 2016Ano 2017Ano 2018Ano 2019Ano 2020Ano 2021Ano 2022
Nivel de estudos I e IINivel de estudos IIINivel de estudos IVDistribución da masa salarial por nivel de estudos do traballadorUnidade: porcentaxe sobre os soldos e salarios totais (%)


Rendas mixtas

No ano 2022 as rendas mixtas aumentan un 11,4% con respecto ao ano anterior e supoñen o 12,0% do PIB galego.

As rendas mixtas xeradas pola poboación feminina supoñen o 35,2% do total e concéntranse no sector primario e no sector do comercio, transporte, hostalería, actividades profesionais, científicas e técnicas, actividades administrativas e outros servizos (CNAE G a N). No caso das rendas mixtas xeradas pola poboación masculina, ademáis dos sectores anteriores, tamén é relevante o sector da construción, de onde proceden o 25,9% das rendas mixtas obtidas polos homes.

Rendas mixtas. Porcentaxe sobre o PIB
Unidade: miles de euros, porcentaxe
Ano Rendas mixtas Porcentaxe sobre o PIB
2010 7.079.010 12,6
2011 6.723.464 12,3
2012 6.511.533 12,4
2013 6.585.810 12,6
2014 6.565.639 12,4
2015 6.669.934 12,2
2016 6.958.963 12,3
2017 7.223.675 12,3
2018 7.400.951 12,1
2019 7.651.870 12,1
2020 6.763.718 11,6
2021 7.684.082 11,9
2022 8.559.394 12,0
Fonte: IGE. Matriz de Contabilidade Social (descarga da táboa)

 

totalHomesMulleresServizos I (G-N)Construción (F)Agricultura e pesca (A)Servizos II (O-T)Enerxía e industria (B,C,D,E)Servizos I (G-N)Agricultura e pesca (A)Servizos II (O-T)Construción (F)Enerxía e industria (B,C,D,E)
Distribución das rendas mixtas por ramade actividade e sexo. Ano 2022Unidade: Miles de euros

Sector de actividade: Servizos I: Comercio, transporte, hostalería, información e comunicacións, actividades financeiras e de seguros, actividades inmobiliarias, actividades profesionais, científicas e técnicas, actividades administrativas e servizos auxiliares (CNAE G a N).Servizos II: Administración pública, educación, actividades sanitarias e sociais, actividades artísticas, outros servizos e actividades dos fogares que empregan persoal doméstico (CNAE O a T)

Fonte: IGE. Matriz de Contabilidade Social (descarga da táboa)


Gasto en consumo final dos fogares residentes por tipo de fogar e grupo de produtos

Os fogares cuxa principal fonte de renda son as remuneracións do traballo (por conta allea ou conta propia) concentran a maior parte do gasto en consumo final dos fogares galegos. En 2022 supoñen o 66,3% do gasto. Os fogares cuxa principal fonte de renda son as pensións contributivas concentran o 31,4%. O gasto en consumo dos outros fogares (aqueles cuxa principal fonte de renda provén de prestacións non contributivas ou outros tipos de ingresos non derivados do traballo) representan o 2,3% do total.

0%20%40%60%80%100%Ano 2010Ano 2011Ano 2012Ano 2013Ano 2014Ano 2015Ano 2016Ano 2017Ano 2018Ano 2019Ano 2020Ano 2021Ano 2022
I: Fogares cuxa principal fonte de ingresos son os salariosII: Fogares cuxa principal fonte de ingresos son as rendas mixtasIII: Fogares cuxa principal fonte de ingresos son as pensións contributivasIV: Outros fogaresDistribución do gasto en consumo final dos fogares por tipo de fogarUnidade: porcentaxe sobre gasto total (%)

O gasto en vivenda, auga, gas, electricidade (grupo de produtos 4) e produtos alimenticios (grupo 1) supón o 36,7% do gasto dos fogares galegos no 2022. Debe terse en conta que no gasto en vivenda tamén se inclúe o gasto en alugueiro imputado dos fogares residentes nunha vivenda en propiedade. A porcentaxe anterior varía en función do tipo de fogar, así para os fogares cuxa principal fonte de ingresos son as rendas do traballo é do 32,4%, mentres que no caso de fogares cuxa principal fonte de ingresos son as pensións, prestacións de desemprego, etc. supera o 45,1%.

Outra diferencia importante atopámola nos grupos 9 (ocio, espectáculos e cultura) e 11 (hoteis, cafés e restaurantes) cuxo gasto supón, no 2022, o 26,0% do gasto total dos fogares cuxas rendas proveñen principalmente do traballo (grupos I e II) e dez puntos menos no caso do resto de fogares (grupos III e IV).

13.2%3.61%5.84%18.3%5.44%3.77%12.3%2.7%8.15%1.64%16.4%8.67%
Grupo 01. Alimentos e bebidas non alcohólicasGrupo 02. Bebidas alcohólicas, tabaco e narcóticosGrupo 03. Artículos de vestir e calzadoGrupo 04. Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustiblesGrupo 05. Mobiliario, equipamento do fogar egastos correntes de conservación da vivendaGrupo 06. SaúdeGrupo 07. TransportesGrupo 08. ComunicaciónsGrupo 09. Ocio, espectáculos e culturaGrupo 10. EnsinoGrupo 11. Hoteis, cafés e restaurantesGrupo 12. Outros bens e servizosAno: 20102010201220142016201820202022Distribución do gasto en consumo final por produtos.Fogares cuxa principal fonte de renda son as rendas do traballo.Unidade: PorcentaxePlay

 

18.1%3.6%4.38%25.9%6.67%5.43%8.31%2.36%6.38%0.414%10.5%7.96%
Grupo 01. Alimentos e bebidas non alcohólicasGrupo 02. Bebidas alcohólicas, tabaco e narcóticosGrupo 03. Artículos de vestir e calzadoGrupo 04. Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustiblesGrupo 05. Mobiliario, equipamento do fogar egastos correntes de conservación da vivendaGrupo 06. SaúdeGrupo 07. TransportesGrupo 08. ComunicaciónsGrupo 09. Ocio, espectáculos e culturaGrupo 10. EnsinoGrupo 11. Hoteis, cafés e restaurantesGrupo 12. Outros bens e servizosAno: 20102010201220142016201820202022Distribución do gasto en consumo final por produtosFogares cuxa principal fonte de renda son pensións,prestacións de desemprego, rendas da propiedade e outras.Unidade: PorcentaxePlay


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: