A lonxevidade, entendida como a duración da vida do ser humano, incrementouse de forma espectacular durante todo o século XX e segue avanzando no século XXI. O envellecemento poboacional é un dos temas que máis preocupa actualmente en Galicia, precisamente por ser unha das rexións nas que este fenómeno se presenta con maior intensidade no territorio español e europeo.
O grupo de poboación que se pode identificar co distintivo “persoa maior” precisa de información específica, desde distintos ámbitos: demográfico, social, educativo, sanitario, laboral e económico. Con esta operación estatística o IGE presenta un conxunto de indicadores sobre os individuos de 65 ou máis anos que pretende ofrecer unha visión da situación actual deste colectivo.
A porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos con respecto ao total de
poboación de Galicia aumenta ano tras ano. Na actualidade representa
máis do 25% (o 26,3% no ano 2023)
, e as previsións apuntan
a que se situará no 32,4%
dentro de 13
anos.
Porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos
Unidade: porcentaxe
Espazo | 2023 | 2037 |
---|---|---|
España | 20,1 | 26,0 |
Galicia | 26,3 | 32,4 |
|
25,7 | 31,8 |
|
30,0 | 35,3 |
|
31,9 | 36,5 |
|
23,9 | 30,7 |
Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Sistema de indicadores de lonxevidade (descarga da táboa)
Un indicador utilizado para medir a evolución deste colectivo no tempo é
o denominado “índice de envellecemento”, que relaciona a poboación de 65
ou máis anos con respecto a cada 100 persoas menores de 20 anos. Mentres
que en España este indicador toma valores en torno a 110, en Galicia
presenta un continuo incremento nas últimas décadas ata o valor de
169,3
no ano 2023;
as previsións apuntan na
mesma dirección de incremento nos seguintes anos, chegando a tomar
valores superiores a 251
no ano 2037.
Evolución do índice de envellecemento
Unidade:
porcentaxe
Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Proxeccións de poboación
a curto prazo (descarga da serie ata 2023
e dende 2024
a2037
(datos proxectados))
A estrutura do grupo de persoas de 65 ou máis anos varía no tempo.
Mentres que no ano 2023
o grupo de 70 a 74 anos representa
o 22,3%
do colectivo, as previsións indican que no ano
2037
este rango de idades perderá peso ata o
21,8%.
De aquí a 2037 gañará peso o conxunto de persoas de
80 a 84 anos e, por outra parte, o de maior idade permanecerá estable,
co 19,6%
da poboación de 65 ou máis anos.
Estrutura por grupos de idade da poboación de 65 ou máis anos.
Galicia
Unidade: porcentaxe
Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Sistema de indicadores de
lonxevidade (descarga da serie ata 2023
e dende 2024
a2037
(datos proxectados))
Outro indicador que mide habitualmente a estrutura deste colectivo é o
“índice de sobreenvellecemento”, que calcula a porcentaxe que representa
a poboación de 85 ou máis anos sobre o grupo de 65 ou máis anos. No ano
2023
este indicador tomou o valor de 19,6
en
Galicia e 16,5
en España.
Evolución do índice de sobreenvellecemento. Galicia
Unidade: porcentaxe
Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Proxeccións de poboación
a curto prazo (descarga da serie ata 2023
e dende 2024
a2037
(datos proxectados))
Unha das preocupacións que xorde a raíz do envellecemento dunha poboación é como se incrementa a poboación en idade “potencialmente dependente”, que pode cuantificarse co denominado “índice de dependencia senil”, calculando cantos individuos de 65 ou máis anos viven nun territorio por cada 100 persoas en idade potencialmente activa (de 15 a 64 anos). Este indicador en Galicia presenta un incremento continuo nos últimos anos e grandes diferenzas entre ambos os dous sexos.
Evolución do índice de dependencia senil segundo o sexo.
Galicia
Unidade: porcentaxe
Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Sistema de indicadores de
lonxevidade (descarga da serie ata 2023
)
Os galegos de 65 ou máis anos viven maioritariamente en fogares compostos unicamente por persoas dese grupo de idade; no ano 2022 a porcentaxe de galegos nesta situación cifrouse no 56,5%.
Persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os
seus membros nese grupo de idade. Galicia
Unidade:
porcentaxe
Por provincias, mentres que en Ourense máis do 62% dos maiores de 65 anos viven en fogares con todos os seus membros nese grupo de idade, na provincia de Pontevedra esta porcentaxe está por debaixo do 54%.
Persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os
seus membros nese grupo de idade. Galicia e provincias
Unidade: porcentaxe
Espazo | 2001 | 2022 |
---|---|---|
Galicia | 47,6 | 56,5 |
|
45,6 | 56,8 |
|
46,9 | 56,5 |
|
57,3 | 62,7 |
|
45,1 | 53,4 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Por outra parte, en canto á tipoloxía dos fogares galegos compostos por persoas de 65 ou máis anos, o 48,5% son unipersoais e o 46,1% son parellas sen fillos, segundo os datos correspondentes ao ano 2022.
Tipoloxía dos fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos.
Galicia
Unidade: porcentaxe
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
O estado civil máis habitual tanto en Galicia como en España das persoas de 65 ou máis anos é o de “casado”; esta porcentaxe aproxímase ao 60% en Galicia e mesmo supera esta porcentaxe en España.
Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o estado
civil. Ano 2023
Unidade: porcentaxe
Galicia
España
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)
En canto ao nivel educativo alcanzado polas persoas de 65 ou máis anos, é inferior en Galicia a porcentaxe de persoas sen estudos, denominados como “Analfabetos” na clasificación da Enquisa de poboación activa (EPA), fonte desta información, con respecto ao total de España.
Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o nivel de
formación alcanzado. Ano 2023
Unidade:
porcentaxe
Galicia
España
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)
Moi relacionado co nivel de formación alcanzado é o uso das TIC por parte do colectivo de persoas maiores. Nas seguintes gráficas pode consultarse o uso de internet e do comercio electrónico por parte das persoas de 65 a 74 anos no último ano dispoñible.
Porcentaxe de persoas de 65 a 74 anos que durante
2023
usou…
Unidade: porcentaxe
… internet
… comercio electrónico
Fonte: INE. Encuesta sobre equipamiento y uso de tecnologías de la información y comunicación en los hogares (descarga da táboa)
As principais causas de defunción das persoas de 65 e máis anos en Galicia, segundo a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) 10ª revisión, son as enfermidades do sistema circulatorio e os tumores.
Defuncións de persoas de 65 ou máis anos segundo a causa.
Galicia. Ano 2022
Unidade: porcentaxe
Causa | Ambos sexos | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
I Enfermidades infecciosas e parasitarias | 7,0 | 7,4 | 6,7 |
II Tumores | 21,8 | 27,3 | 16,8 |
III Enfermidades do sangue, órganos hematopoiéticos e inmunidade | 0,5 | 0,4 | 0,6 |
IV Enfermidades endocrinas, nutricionais e metabólicas | 3,5 | 3,1 | 3,9 |
V Trastornos mentais e do comportamento | 8,1 | 5,6 | 10,3 |
VI-VIII Enfermidades do sistema nervioso e dos órganos dos sentidos | 5,0 | 4,4 | 5,5 |
IX Enfermidades do sistema circulatorio | 28,2 | 25,6 | 30,4 |
X Enfermidades do sistema respiratorio | 11,0 | 12,2 | 9,9 |
XI Enfermidades do sistema dixestivo | 4,6 | 4,6 | 4,5 |
XII Enfermidades da pel e do tecido subcutáneo | 0,6 | 0,4 | 0,7 |
XIII Enfermidades do sistema osteomuscular e do tecido conxuntivo | 0,9 | 0,7 | 1,1 |
XIV Enfermidades do sistema xénitourinario | 4,0 | 3,6 | 4,4 |
XV Embarazo, parto e puerperio | 0,0 | – | 0,0 |
XVI Afeccións orixinadas no período perinatal | 0,0 | 0,0 | 0,0 |
XVII Malformacións conxénitas, deformidades e anomalías cromosómicas | 0,1 | 0,0 | 0,1 |
XVIII Síntomas, signos, achados anormais clínicos ou de laboratorio | 1,4 | 1,0 | 1,8 |
XX Causas externas de mortalidade | 3,5 | 3,8 | 3,1 |
Nota: (–) Non procede
Fonte: INE. Defunciones según la causa de
muerte (descarga
da táboa)
Por grupos de idade, as causas predominantes nos individuos menores de 80 anos son os tumores, mentres que as enfermidades do sistema circulatorio son máis frecuentes nas defuncións de persoas de 80 anos e máis.
Defuncións de persoas de 65 ou máis anos, segundo grupo de idade
e causa. Galicia. Ano 2022
Unidade:
porcentaxe
Idade | Tumores | Enfermidades do sistema circulatorio | Outras causas |
---|---|---|---|
65 a 69 anos | 49,2 | 17,8 | 32,9 |
70 a 74 anos | 42,5 | 20,4 | 37,2 |
75 a 79 anos | 36,5 | 22,1 | 41,4 |
80 a 84 anos | 25,4 | 26,7 | 48,0 |
85 a 89 anos | 17,8 | 29,3 | 52,8 |
90 a 94 anos | 10,9 | 32,4 | 56,7 |
95 ou máis anos | 6,8 | 34,7 | 58,5 |
Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte (descarga da táboa)
A estancia hospitalaria media das persoas de 65 ou máis anos é
inferior
en Galicia con respecto ao total de España en
todos os grupos de idade considerados.
Estancia hospitalaria media de persoas de 65 anos ou máis. Ano
2022
Unidade: días
Idade | España | Galicia |
---|---|---|
De 65 a 74 anos | 9,2 | 9,1 |
De 75 a 84 anos | 10,1 | 9,5 |
De 85 a 89 anos | 10,8 | 9,5 |
De 90 a 94 anos | 10,9 | 8,9 |
De 95 anos e máis | 12,5 | 8,9 |
Fonte: INE. Encuesta de morbilidad hospitalaria (descarga da táboa)
A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia, entendida como unha
estimación do promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que
chega con vida aos 65 anos, no caso de que as condicións de mortalidade
se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia, situouse
no ano 2022
en 21,4
anos.
Esperanza de vida aos 65 anos. Ano 2022
Unidade: anos
Espazo | Ambos sexos | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Galicia | 21,4 | 19,2 | 23,4 |
|
21,4 | 19,4 | 23,2 |
|
21,8 | 19,5 | 24,0 |
|
21,2 | 19,2 | 23,1 |
|
21,3 | 19,0 | 23,4 |
Fonte: IGE. Indicadores demográficos; INE. Indicadores demográficos básicos (descarga da táboa)
Evolución da esperanza de vida aos 65 anos segundo o sexo.
Galicia
Unidade: anos
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
O 1,8%
da poboación activa galega pertencía no ano
2023
ao grupo de idade de 65 ou máis anos (en España, o
1,5%),
segundo os datos extraídos da EPA. Por outra parte,
o colectivo de persoas de 65 ou máis anos inactivas representa o
61,4%
do total de persoas inactivas en Galicia.
Porcentaxe que representa a poboación de 65 ou máis anos,
segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Ano
2023
Unidade: porcentaxe (%)
Actividade | Ambos sexos | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Activos | 1,8 | 1,7 | 1,8 |
|
1,9 | 1,8 | 2,0 |
|
0,6 | 0,3 | 0,6 |
Inactivos | 61,4 | 60,7 | 61,9 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)
O número de pensionistas de 66 ou máis anos en Galicia supera o medio millón de persoas desde o ano 2009, segundo a información da AEAT.
Número de pensionistas de máis de 65 anos. Galicia
Unidade: persoas
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)
O importe medio anual das pensións en Galicia é superior no grupo de
idade de 66 a 75 anos (18.116
euros) que no de 76 ou máis
anos (14.047
euros), segundo a información relativa ao ano
2022.
Importe medio anual das pensións. Ano 2022
Unidade: euros
Espazo | Ambos sexos | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
De 66 a 75 anos | |||
|
20.078 | 22.547 | 17.206 |
|
18.116 | 20.619 | 15.384 |
Maior de 75 anos | |||
|
16.063 | 19.035 | 13.743 |
|
14.047 | 16.389 | 12.340 |
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)
Pensión media anual dos pensionistas de máis de 65 anos.
Galicia
Unidade: euros
Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)
2024
a2037
.
Indicadores de envellecemento proxectados. Galicia, provincias, áreas e
comarcas