Os Indicadores de demografía empresarial é unha actividade estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con carácter anual.
O obxectivo desta actividade é proporcionar información agregada relativa ás empresas con actividade económica en Galicia (sen incluír o sector primario nin a administración pública), tendo en conta aspectos relativos ao dinamismo empresarial e aplicando unha metodoloxía acordada no ámbito da Unión Europea. Elabóranse indicadores relativos ao stock, nacementos, mortes e supervivencia das empresas a partir da explotación estatística do Directorio de empresas e unidades locais.
O número de empresas con actividade económica en Galicia a principio do
ano 2022
foi de 205.452,
un 1,42%
menos
que no 2021.
O 78,98%
destas empresas corresponde ao sector servizos, o
14,17%
á construción e o 6,85%
á industria.
A taxa de nacemento de empresas (cociente entre as creadas e as
existentes a principio do ano) foi 8,99%
no ano
2022.
Pola súa parte, a taxa de mortes (cociente entre as
empresas que desaparecen e as existentes a principio de ano) foi
8,06%
nese mesmo ano. Como resultado, a taxa de crecemento
neto foi do 0,93%.
O sector económico con mellor saldo demográfico empresarial no ano
2022
foi o sector servizos,
cunha taxa neta do
1,16%.
Número de empresas e taxas de nacemento e morte segundo o sector
económico. Galicia. Ano 2022
Unidade:
empresas, %
Variable | Total | Industria, incluida a enerxía | Construción | Servizos |
---|---|---|---|---|
Número de empresas a principio de ano | 205.452 | 14.067 | 29.115 | 162.270 |
Taxa de nacementos (%) | 8,99 | 5,62 | 8,78 | 9,32 |
Taxa de mortes (%) | 8,06 | 6,66 | 8,20 | 8,16 |
Taxa neta (%) | 0,93 | -1,04 | 0,57 | 1,16 |
Fonte: IGE. Indicadores de demografía empresarial (descarga da táboa)
Tamén se pode analizar a evolución da demografía empresarial segundo o
tamaño da empresa. Neste caso, todas as tipoloxías, agás as medianas
empresas, rexistraron unha taxa de crecemento neto positiva ou nula
entre 2021
e 2022.
A tipoloxía das
microempresas foi a que rexitrou un valor para este indicador máis alto:
a súa taxa neta de crecemento situouse en 0,96
en
2022.
No caso das grandes empresas a taxa neta en 2022 é
igual a 0, o que quere dicir que o saldo creadas menos desaparecidas
nese ano foi nulo: xurdiu igual número de empresas desta tipoloxía en
Galicia que o número de desaparecidas.
Número de empresas e taxas de nacemento e morte segundo o tamaño
da empresa. Galicia. Ano 2022
Unidade:
empresas, %
Variable | Microempresa | Pequena empresa | Mediana empresa | Gran empresa |
---|---|---|---|---|
Número de empresas ao principio de ano | 196.135 | 7.790 | 1.282 | 245 |
Taxa de nacementos (%) | 9,31 | 2,25 | 1,79 | 0,82 |
Taxa de mortes (%) | 8,36 | 1,86 | 1,95 | 0,82 |
Taxa neta (%) | 0,96 | 0,39 | -0,16 | 0,00 |
Fonte: IGE. Indicadores de demografía empresarial (descarga da táboa)
Ao analizar a evolución das taxas de nacementos e mortes de empresas,
cómpre destacar que 2015 foi o primeiro ano dende 2008 no que a taxa de
nacementos de empresas supera á de mortes. En 2020
a taxa
neta foi negativa, rompendo desta forma cunha racha de cinco anos
seguidos con taxas netas de crecemento positivas; en 2021 tamén foi
negativa. En 2022 o valor deste indicador volveu ser
positivo;
situouse en 0,93%.
Evolución das taxas de nacementos e mortes de empresas.
Galicia
Unidade: %
Fonte: IGE. Indicadores de demografía empresarial (descarga da táboa)
No ano 2022,
das empresas creadas no ano 2021,
permanecen abertas o 76,61%.
Se analizamos a permanencia
despois de 5 anos, pódese comprobar que o número inicial de empresas
queda reducido ao 37,89%.
Taxa de supervivencia ano a ano. Galicia
Unidade: %
Ano de nacemento | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | 100 | 78,03 | 67,10 | 58,22 | 52,33 | 46,88 | 45,11 | 42,58 | 40,68 |
2015 | – | 100,00 | 77,84 | 58,26 | 50,76 | 44,34 | 41,75 | 39,04 | 37,61 |
2016 | – | – | 100,00 | 74,36 | 62,07 | 52,89 | 48,43 | 45,34 | 42,85 |
2017 | – | – | – | 100,00 | 60,65 | 50,59 | 44,00 | 40,38 | 37,89 |
2018 | – | – | – | – | 100,00 | 84,80 | 56,91 | 49,08 | 44,94 |
2019 | – | – | – | – | – | 100,00 | 61,68 | 54,00 | 47,06 |
2020 | – | – | – | – | – | – | 100,00 | 50,29 | 44,41 |
2021 | – | – | – | – | – | – | – | 100,00 | 76,61 |
Fonte: IGE. Indicadores de demografía empresarial (descarga da táboa)
Neste gráfico cuantifícanse as desaparicións das empresas nos catro
primeiros anos de vida. Así, do total de empresas creadas no ano
2018,
no 2022
só permanecen o
44,94%.
Por outra parte, ao considerar as empresas creadas no período
2006-2018,
as que presentan un valor máis alto da taxa de
supervivencia aos 4 anos son as creadas no ano 2007.
No ano 2022
a taxa de supervivencia das PEMES creadas no
ano 2018
sitúase en 44,92%,
mentres que no
caso dos/das autónomos/as sitúase no 38%.
Taxa de supervivencia aos 4 anos. Galicia
Unidade: %
Fonte: IGE. Indicadores de demografía empresarial (descarga da táboa)
A taxa de actividade emprendedora (TEA) mide a porcentaxe de poboación
involucrada en iniciativas emprendedoras de menos de 42 meses de
actividade, respecto da poboación activa. En Galicia este indicador
sitúase no ano 2022
no 5,39%
e presenta
un leve incremento
respecto ao ano anterior.
Taxa de actividade emprendedora (TEA). Galicia
Unidade: %
Fonte: IGE. Indicadores de demografía empresarial (descarga da táboa)
Taxa de crecemento empresarial por concellos
Unidade: %
Fonte: IGE. Indicadores de demografía empresarial (descarga da táboa)