ÍNDICE

Introdución

O obxectivo da operación estatística Enquisa a empresas multilocalizadas é coñecer que parte da actividade produtiva das empresas de fóra de Galicia e con actividade en Galicia pode ser atribuída a nosa Comunidade Autónoma.

A información sobre a actividade produtiva das empresas queda sintetizada nas súas contas de perdas e ganancias, de acceso público a través do depósito que realizan destas no Rexistro Mercantil. Non obstante, nesta fonte non se desagrega nos distintos establecementos cos que contan as empresas multilocalizadas, polo que no Instituto Galego de Estatística (IGE) procedeuse a realizar unha enquisa na que se solicita unha versión reducida da conta de perdas e ganancias da empresa, con información que permita a estimación dunha serie de variables (valor engadido, excedente de explotación, etc.) a nivel dos establecementos radicados en Galicia.

A información obtida ten unha dobre finalidade:

O ámbito de estudo desta operación estatística confórmano as empresas con actividade en Galicia e domicilio social fóra da Comunidade Autónoma e que se dediquen a actividades comprendidas nas seccións B, C, E, G, H, I, J, L, M, N, P, Q, R e S da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009).

A enquisa realízase cada dous anos pero solicítase información dos dous exercicios económicos previos. No caso de que o exercicio contable da empresa non coincida co ano natural, a información vai referida ao exercicio contable.


Principais variables económicas


No ano 2021 en Galicia había 6.206 establecementos pertencentes a empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma, 17 establecementos máis que un ano antes. O 92,7% destes establecementos adícase a tarefas relacionadas coa prestación de servizos, mentres que o 7,3% restante enmárcase dentro do sector industrial. Estes establecementos deron traballo a 110.397 asalariados e asalariadas en 2021, o 82,9% no sector servizos e o 17,1% na industria. Entre 2020 e 2021 o número de persoas contratadas polos establecementos das empresas multilocalizadas en Galicia aumentou un 4%.

A cifra de negocios xerada en Galicia polas empresas multilocalizadas acada os 19.989.598 miles de euros en 2021. O valor desta variable, ao contrario que acontecía co número de asalariados/as, está bastante repartido entre industria e servizos: o 30,1% da cifra de negocios total xérase na industria e o 69,9% no sector servizos. O valor desta variable aumentou un 9,7% en 2021 respecto ao ano anterior.

O importe dos gastos de persoal dos establecementos radicados en Galicia das empresas con sede fóra elévase a 3.485.208 miles de euros; increméntase un 4% respecto ao ano 2020. O saldo adquisición menos venda de activos, pola contra, experimentou unha diminución entre 2020 e 2021 (do 20,7%). O gasto en servizos exteriores, pola súa banda, non deixou de crecer dende 2016 (no último ano increméntase un 23,2% respecto ao 2020).


Principais variables económicas por sector de actividade das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma. Galicia. Anos 2020 e 2021
Unidade: establecementos, persoas, miles de euros
2020
2021
Variables Total Industria Servizos Total Industria Servizos
Nº establecementos 6.189 469 5.720 6.206 450 5.756
Nº asalariados 106.147 18.512 87.635 110.397 18.891 91.506
Cifra de negocios 18.222.522,7 6.105.856,2 12.116.666,5 19.989.598,2 6.006.913,9 13.982.684,3
Aprovisionamentos 8.503.797,5 4.449.986,7 4.053.810,8 8.554.414,8 3.800.352,7 4.754.062,1
Gastos de persoal 3.351.764,3 794.556,1 2.557.208,2 3.485.208,1 783.722,2 2.701.485,9
Servizos exteriores 4.014.915,5 1.008.331,3 3.006.584,2 4.948.358,4 1.274.153,1 3.674.205,3
Adquisición - Venta de activos 669.913,8 197.939,2 471.974,6 531.233,9 226.631,7 304.602,2
Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa)


Evolución do número de establecementos das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma, por sector de actividade

Unidade: establecementos

Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa)


Resultados sede central


Con esta enquisa constatouse que non todas as empresas multilocalizadas con actividade en Galicia teñen sede central. En concreto, só o 48,7% destas empresas teñen sede central en 2021. O número medio de asalariados e asalariadas na sede central, para aquelas empresas que contan con esta figura, é elevado: situouse nas 378,2 persoas en 2020 e subiu a 381,9 traballadores e traballadoras en 2021. Ademais, as empresas con sede central do sector servizos presentan máis plantilla na sede central que as empresas do sector industrial.


Principais variables económicas referidas á sede central, por sector de actividade das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma. Anos 2020 e 2021
Unidade: porcentaxe, persoas, euros
2020
2021
Variables Total Industria Servizos Total Industria Servizos
Porcentaxe de empresas con sede central 48,7 40,3 51,7 48,7 40,3 51,7
Asalariados medios 378,2 106,0 473,8 381,9 105,8 478,9
Gasto medio de persoal por asalariado 34.999,9 52.506,3 33.297,2 36.106,6 56.246,8 34.148,4
Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa)


Factores que inflúen no investimento


A evolución da demanda nacional é o principal factor que inflúe no investimento dos establecementos das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma (para o 45,1% destes este é o principal factor), seguido da evolución da demanda galega (para o 25,7% este é o principal factor que inflúe no investimento realizado en 2022).


Factores que inflúen no investimento das empresas con actividade en Galicia e sede social fóra da Comunidade Autónoma. Galicia. Ano 2022

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa a empresas multilocalizadas