ÍNDICE


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que complementa a información da EPA. O módulo de 2021 ten por obxectivo ofrecer información sobre a situación das persoas inmigrantes e os seus fillos e fillas en relación ao mercado laboral. Neste módulo céntrase a análise nas persoas que naceron fóra de España, con independencia da súa nacionalidade (española/estranxeira).


Nivel de formación e recoñecemento de títulos

Das 216.800 persoas de 15 a 74 anos nacidas no estranxeiro e que residían en Galicia no ano 2021, unhas 112.100 persoas (o 51,7%) completaron os seus estudos no estranxeiro; o 48,3% restante adquiriu o seu maior nivel de educación en España.


Desas 112.100 persoas, o 36,7% non solicitou o recoñecemento do seu título adquirido no estranxeiro por non consideralo necesario; o 16,8% non o solicitou porque lle resultou demasiado complexo ou custoso facelo e o 20,2% non o solicitou por outros motivos. O 23% das 112.100 persoas de 15 a 74 anos nacidas no estranxeiro e que completaron os seus estudos fóra de España, si solicitou o recoñecemento do título: o 64% teno recoñecido total ou parcialmente e o 36% non o ten recoñecido aínda.

   

Persoas entre 15 e 74 anos nacidas no estranxeiro segundo solicitasen e teñan recoñecido o título de formación obtido no estranxeiro. Galicia. Ano 2021

Fonte: INE-IGE. EPA. Módulo sobre a situación das persoas inmigrantes e os seus fillos e fillas en relación co mundo laboral (descarga da táboa) Nota: inclúense as persoas dun nivel de formación acadado superior a analfabetos e estudos primarios incompletos.


Persoas de entre 15 e 74 anos segundo o país no que rematou o nivel de educación máis alto acadado, por país de nacemento. Galicia. Ano 2021
Unidade: miles de persoas
País de nacemento Total España Estranxeiro
Total 1.968,2 1.838,3 129,9
España 1.751,4 1.733,6 17,8
Estranxeiro 216,8 104,7 112,1
  • Europa
82,7 49,7 33,0
  • América Latina
119,6 49,7 70,0
  • Resto do mundo
14,4 5,3 9,1
Fonte: INE-IGE. EPA. Módulo sobre a situación das persoas inmigrantes e os seus fillos e fillas en relación co mundo laboral (descarga da táboa)
Nota: inclúense as persoas dun nivel de formación acadado superior a analfabetos e estudos primarios incompletos.


Obstáculos para ter un traballo adecuado á capacitación profesional

O 22,2% das persoas de 16 a 74 anos nacidas no estranxeiro, que traballaron algunha vez en Galicia ou buscaron emprego, atoparon algún obstáculo para conseguir un traballo adecuado a súa capacitación profesional.


O principal obstáculo percibido para ter un traballo acorde a súa capacitación profesional foi que non había dispoñibilidade dun traballo adecuado a estas características: o 30,5% manifestou que este foi o principal inconveniente percibido. Para o 24,4% dos nacidos no estranxeiro que atoparon obstáculos na súa inserción no mercado laboral español, o principal obstáculo tivo que ver con non ter recoñecidos títulos obtidos no estranxeiro.


Persoas de entre 16 e 74 anos nacidas no estranxeiro, que atoparon obstáculos en España que lles impediu ter un traballo adecuado a súa capacitación profesional, segundo o principal obstáculo atopado. Galicia. Ano 2021
Unidade: miles de persoas
Principal obstáculo atopado Datos Porcentaxe
Total 43,9 100,0
Necesita mellorar o coñecemento do castelán ou de calquera das linguas españolas 1,9 4,3
Non ten recoñecidos títulos obtidos no estranxeiro 10,7 24,4
Restricións legais do dereito a traballar por mor da súa nacionalidade ou permiso de residencia 3,2 7,3
Discriminación pola súa orixe estranxeira 2,1 4,8
Non hai traballo dispoñible adecuado ao seu nivel de formación 13,4 30,5
Outros obstáculos 11,1 25,3
Non sabe/non contesta 1,5 3,4
Fonte: INE-IGE. EPA. Módulo sobre a situación das persoas inmigrantes e os seus fillos e fillas en relación co mundo laboral (descarga da táboa)


Coñecemento e participación en cursos de idiomas

Persoas entre 15 e 74 anos nacidas no estranxeiro, segundo participasen ou non nalgún curso de castelán por país de nacemento. Galicia. Ano 2021
Unidade: miles de persoas
Participación nalgún curso de castelán Estranxeiro Europa América Latina Resto do mundo
Total 222,3 84,5 119,6 18,2
Si 23,7 10,4 4,9 8,4
Non, non había cursos de castelán dispoñibles o non eran alcanzables 1,3 0,6 0,7 0,0
Non, as súas habilidades lingüísticas en castelán xa eran suficientes 158,7 46,6 109,3 2,8
Non, por outros motivos 35,5 24,6 3,9 7,0
Non sabe/non contesta 3,1 2,4 0,7 0,0
Fonte: INE-IGE. EPA. Módulo sobre a situación das persoas inmigrantes e os seus fillos e fillas en relación co mundo laboral (descarga da táboa)

No momento da chegada a España, o 61,3% das persoas de 15 a 74 anos, con residencia en Galicia no ano 2021, nacidas no estranxeiro tiña o castelán como a súa lingua materna; o 4,3% gozaba dun nivel avanzado de coñecemento do idioma antes da súa chegada a España. Pola contra, o 19,3% non contaba con ningunha ou case ningunha habilidade lingüística en castelán antes de residir en España. Cabe destacar que o 5,4% das persoas de 15 a 74 anos nacidas no estranxeiro chegaron a España a moi curta idade, antes do momento no que se aprende a falar.


En consonancia cos datos anteriores, o 71,4% das persoas de 15 a 74 anos nacidas no estranxeiro e residentes en Galicia no 2021 non precisou participar en cursos de castelán porque as súas habilidades lingüísticas neste idioma xa eran suficientes. Só o 10,7% do colectivo en estudo precisou facer cursos para mellorar as súas habilidades en castelán.


Na actualidade, no referido ao coñecemento do idioma galego, o 20,1% das persoas de 15 a 74 anos nacidas no estranxeiro manifestou que se trataba da súa lingua materna; o 19,4% afirma gozar dun nivel avanzado de habilidades no galego falado; o 25,5% sitúanse en nivel intermedio e o 24,6%, en nivel principiante.

   

Persoas entre 15 e 74 anos nacidas no estranxeiro segundo o seu coñecemento do galego falado na actualidade. Galicia. Ano 2021

Fonte: INE-IGE. EPA. Módulo sobre a situación das persoas inmigrantes e os seus fillos e fillas en relación co mundo laboral (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre a situación das persoas inmigrantes e os seus fillos e fillas en relación co mundo laboral