ÍNDICE


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada trimestre, os fogares que rematan a súa colaboración coa EPA (os que están na sexta entrevista) responden a unha serie de variables adicionais ás investigadas en cada trimestre. A finalidade desta submostra, distribuída durante todo o ano, é a de proporcionar datos anuais de variables estruturais.

Na submostra recóllense as variables estruturais específicas para as que foi deseñada xunto coas demais variables trimestrais da EPA. Polo tanto, a submostra pode ofrecer, para algúns indicadores, resultados diferentes dos que se obteñen como media anual dos datos trimestrais da EPA. Para paliar este problema, a elevación dos resultados da submostra realízase de modo que as estimacións sexan coherentes coa media trimestral para os ocupados, parados e inactivos por sexo e grupos decenais de idade a nivel de España e para o total de ocupados, parados e inactivos para as comunidades autónomas.

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.

Educación

En 2023, o 58,4% dos galegos e das galegas contaba cun nivel de formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais. Dentro desta categoría inclúense as persoas que acadaron, como máximo, a ensinanza secundaria obrigatoria ou o bacharelato.

Entre a poboación ocupada, a porcentaxe de persoas que tiñan programas de formación básica situábase no 39,6%. O resto da poboación ocupada contaba con algunha especialidade, entre as que caben destacar os estudos en negocios, administración e dereito (14,4%); mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción (12,1%) e saúde e servizos sociais (9,4%).

Poboación de 16 e máis anos por relación coa actividade económica e nivel de formación acadado. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas e porcentaxes

Total Activos Ocupados Parados Inactivos Porcentaxe Total Porcentaxe Ocupados
Total 2.358,8 1.250,0 1.128,5 121,4 1.108,8 100,00 100,00
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 1.376,6 506,0 447,0 58,9 870,6 58,36 39,61
01 Educación 99,5 66,4 59,5 7,0 33,1 4,22 5,27
02 Artes, humanidades e linguas 65,3 46,8 40,1 6,7 18,4 2,77 3,55
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 42,4 32,9 31,2 1,7 9,4 1,80 2,76
04 Negocios, administración e dereito 228,1 178,9 162,7 16,3 49,2 9,67 14,42
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 39,4 30,8 29,1 1,7 8,6 1,67 2,58
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 48,6 44,9 40,9 4,0 3,7 2,06 3,62
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 183,4 145,5 136,2 9,3 37,9 7,78 12,07
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 26,6 20,8 19,3 1,5 5,9 1,13 1,71
09 saúde e servizos sociais 148,6 115,2 106,6 8,5 33,4 6,30 9,45
10 Servizos 72,0 58,8 53,7 5,0 13,3 3,05 4,76
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 28,4 3,0 2,2 0,8 25,4 1,20 0,19

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)



As taxas de actividade, ocupación e paro varían en función do nivel de formación alcanzado.

As maiores taxas de actividade en 2023 acadáronse entre a poboación formada en tecnoloxías da información e as comunicacións (92,4%), en estudos relacionados cos servizos (81,6%), e na tipoloxía mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción (79,4%). Por sexo, as tecnoloxías da información e as comunicacións seguen a ser a especialidade con maior taxa de actividade tanto para os homes (91,9%) coma para as mulleres (94,8%), o segundo lugar ocúpano as especialidades relacionadas cos servizos para os homes (84,7%) e as ciencias sociais, periodismo e documentación entre as mulleres (84,3%).

Taxas de actividade por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2023

Unidade: porcentaxes

Total Homes Mulleres
Total 53,0 57,6 48,8
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 36,8 44,4 29,5
01 Educación 66,7 65,2 67,2
02 Artes, humanidades e linguas 71,8 76,4 68,5
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 77,7 67,9 84,3
04 Negocios, administración e dereito 78,5 80,6 77,5
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 78,1 77,8 78,4
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 92,4 91,9 94,8
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 79,4 78,8 83,4
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 77,9 77,2 79,5
09 saúde e servizos sociais 77,5 75,5 78,0
10 Servizos 81,6 84,7 79,3
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 10,5 7,2 12,5

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


No referente á taxa de ocupación, esta situouse no 32,5% para o grupo de poboación sen especialidade académica en 2023. As taxas de ocupación máis elevadas observáronse entre as persoas ocupadas especializadas no sector das tecnoloxías da información e as comunicacións, cunha porcentaxe do 83,3% para os homes e do 88,1% para as mulleres.


Taxas de ocupación por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2023

unidades: porcentaxes

Total Homes Mulleres
Total 47,8 52,2 43,9
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 32,5 40,0 25,4
01 Educación 59,7 52,3 61,9
02 Artes, humanidades e linguas 61,5 59,3 63,0
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 73,7 64,3 80,0
04 Negocios, administración e dereito 71,3 72,6 70,8
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 73,8 72,6 75,1
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 84,2 83,3 88,1
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 74,3 74,1 75,5
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 72,4 70,0 77,6
09 saúde e servizos sociais 71,8 72,4 71,6
10 Servizos 74,6 74,6 74,7
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 7,7 7,2 8,0

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Por último, a taxa de paro varía entre o 14,3% da poboación especializada en artes, humanidades e linguas (o sector de formación coa taxa de paro máis alta en 2023) ao 5,2% da poboación especializada no sector da ciencias sociais, periodismo e documentación.


Taxas de paro por sector do nivel de formación alcanzado e sexo. Galicia. Ano 2023

Unidades: porcentaxes

Total Homes Mulleres
Total 9,7 9,4 10,0
00 Formación xeral, formación básica de adultos e habilidades persoais 11,6 9,9 14,2
01 Educación 10,5 19,7 7,9
02 Artes, humanidades e linguas 14,3 22,4 8,0
03 Ciencias sociais, periodismo e documentación 5,2 5,4 5,1
04 Negocios, administración e dereito 9,1 9,9 8,7
05 Ciencias naturais, químicas, físicas e matemáticas 5,5 6,7 4,3
06 Tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) 8,9 9,4 7,0
07 Mecánica, electrónica e outra formación técnica; industria e construción 6,4 5,9 9,4
08 Agricultura, gandería, pesca, silvicultura e veterinaria 7,1 9,4 2,4
09 saúde e servizos sociais 7,4 4,2 8,2
10 Servizos 8,5 11,9 5,8
99 Sectores descoñecidos ou non especificados 27,0 0,0 36,1

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Condicións de traballo

En 2023 o 68,4% dos ocupados e das ocupadas de Galicia contaba con xefes pero non tiña ningún subordinado, aínda que a porcentaxe era maior entre as mulleres (73,5%) que entre os homes (63,5%). A seguinte categoría en importancia era a de ocupado independente, isto é, sen xefes e sen subordinados, na que se atopaba o 12,2% dos traballadores e das traballadoras galegas.

Persoas ocupadas por tipo de posto laboral e sexo. Galicia. Ano 2023

Unidades: miles de persoas

Total Homes Mulleres
Total 1.128,5 582,8 545,8
Empregado (con xefes e sen subordinados) 771,4 370,1 401,3
Encargado, xefe de taller ou de oficina, capataz ou similar 83,0 49,3 33,8
Mando intermedio 59,8 36,6 23,2
Ocupado independente (sen xefes e sen subordinados) 138,0 79,4 58,6
Director de pequena, mediana ou gran empresa 73,8 46,4 27,4
Non sabe 2,5 1,0 1,6

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


O 61,2% dos ocupados e das ocupadas de Galicia non traballou ningún sábado en 2023, o 30,4% traballou polo menos dous sábados ao mes e o 6,8% traballou só un sábado ao mes. Por outra banda, o 78,5% non traballou ningún domingo ao mes durante o ano 2023.


Persoas ocupadas por frecuencia coa que traballan o sábado. Galicia. Ano 2023

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Persoas ocupadas por frecuencia coa que traballan o domingo. Galicia. Ano 2023

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Dos 916.400 asalariados e asalariadas residentes en Galicia no ano 2023, 29.400 persoas foron contratadas a través dunha empresa de traballo temporal e 19.300 obtiveron o seu emprego actual coa mediación dunha oficina de emprego pública.

Persoas asalariadas por contratación a través dunha empresa de traballo temporal. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Variable Total Homes Mulleres
Total 916,4 456,9 459,5
Si 29,4 13,1 16,3
Non 884,8 442,7 442,1
Non sabe 2,2 1,1 1,2

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Persoas asalariadas por participación dunha oficina de emprego pública na obtención do seu emprego actual. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Variable Total Homes Mulleres
Total 916,4 456,9 459,5
Si 19,3 7,0 12,3
Non 865,5 435,0 430,5
Non sabe 2,2 1,8 0,4
Non clasificable 29,4 13,1 16,3

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Experiencia laboral e búsqueda de emprego

No ano 2023 o motivo principal polo cal as persoas paradas que traballaron anteriormente deixaron o último emprego foi por finalizar o contrato (51,3% dos casos). Por outra banda, o 20,1% da persoas paradas deixara o seu último emprego facía tres anos ou máis.

Persoas paradas que traballaron anteriormente segundo a causa para deixar o último emprego e o sexo. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Causa Total Homes Mulleres
Total 111,2 53,5 57,7
Despido ou suspensión do posto (inclúe regulación de emprego) 16,6 7,9 8,7
Fin do contrato (inclúe os fixos-discontinuos e os traballadores estacionais) 57,0 28,8 28,2
Enfermidade ou incapacidade propia 2,6 0,7 1,9
Realizar estudos ou recibir formación 0,9 0,9 0,0
Coidado de nenos ou de adultos enfermos, incapacitados ou maiores 1,0 0,7 0,3
Outras responsabilidades familiares 0,4 0,0 0,4
Xubilación anticipada ou normal 0,0 0,0 0,0
Outras razóns persoais 1,6 0,7 0,8
Outras razóns (inclúen o cese nunha actividade propia e por vontade propia) 8,8 6,0 2,8
Non sabe 0,0 0,0 0,0
Deixou o seu último emprego hai 3 anos ou máis 22,4 7,8 14,6

Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Variables de submostra (Descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos