ÍNDICE


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009, incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo a súa compoñente humana. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que complementa a información da EPA. O módulo de 2023 ten por obxectivo facilitar datos sobre pensións e participación no mercado laboral das persoas que reciben unha pensión. Estúdanse as seguintes características:

O módulo vai dirixido unicamente ao colectivo de persoas con idades comprendidas entre os 50 e os 74 anos con residencia en Galicia.

Aos efectos deste módulo da EPA, considérase que unha pensión é un pago periódico, normalmente mensual, en efectivo. Os pagos únicos recibidos no pasado non se consideran pensións.


Pensións de xubilación segundo o xénero e a idade da persoa

No módulo da EPA de 2023 analizouse a situación laboral de 973.600 persoas con idades comprendidas entre os 50 e 74 anos e residencia na Comunidade Autónoma de Galicia. O 27,6% deste colectivo percibiu algunha pensión de xubilación no ano 2023; isto é, unhas 268.700 persoas do colectivo en estudo.

A medida que aumenta a idade, increméntase a porcentaxe de persoas no colectivo en estudo que percibiu algunha pensión de xubilación en 2023; así, no grupo de 50 a 64 anos só o 3,6% percibira pensión nese ano, fronte ao 73,9% das persoas comprendidas no grupo de 65 a 74 anos.


Poboación de 50 a 74 anos segundo perciba ou non algunha pensión de xubilación por idade. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral (descarga da táboa)

Nota: inclúense as pensións do sistema público e as que proveñen de plans de pensións de xubilación de empresa e de plans de xubilación persoais.


Por xénero, o 32,6% dos homes entre 50 e 74 anos de idade con residencia en Galicia e o 23,2% das mulleres dese colectivo percibiu algunha pensión de xubilación en 2023 (uns 148.000 varóns e unhas 120.700 mulleres).


Poboación de 50 a 74 anos segundo perciba ou non algunha pensión de xubilación por xénero. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral (descarga da táboa)

Nota: inclúense as pensións do sistema público e as que proveñen de plans de pensións de xubilación de empresa e de plans de xubilación persoais.


Das 268.700 persoas que percibiron unha pensión de xubilación no ano 2023, no 99,1% dos casos a xubilación procedía do sistema público; isto é, en torno a 266.200 persoas percibiron polo menos unha pensión do sistema público en 2023. Ademais, 9.500 persoas percibiron nese mesmo ano unha pensión de xubilación procedente dalgún plan de xubilación persoal (o 3,5% das persoas do grupo de 50 a 74 anos que en 2023 recibiu algunha pensión deste tipo).

O 56,5% das 268.700 persoas de 50 a 74 anos que percibiu algunha pensión de xubilación en 2023 en Galicia, comezou a percibir a xubilación cando tiña entre 65 e 74 anos; o 34,4% deste colectivo comezou a percibila entre os 60 e os 64 anos e o 7,7%, entre os 45 e os 59 anos.


Pensións de discapacidade ou invalidez segundo o xénero e a idade da persoa

No ano 2023, unhas 80.400 persoas de entre 50 a 74 anos percibiron algún tipo de pensión ou prestación por incapacidade ou invalidez en Galicia, o 8,3% do colectivo estudado mediante este módulo da EPA. O 60,6% delas eran homes e o 39,4% restante, mulleres.

Por grupos de idade, o 81,7% das 80.400 persoas que percibiron algún tipo de prestación por incapacidade ou invalidez tiña entre 50 e 64 anos, mentres que o 18,3% tiña entre 65 e 74 anos.

Do conxunto de persoas do grupo considerado que percibiu unha prestación por incapacidade ou invalidez en Galicia, o 6,6% formou parte da poboación activa en 2023 (unhas 5.300 persoas) e o 93,4%, da poboación inactiva (en torno a 75.100 persoas).


Poboación de 50 a 74 anos que percibiu algunha pensión ou prestación periódica por discapacidade ou invalidez, segundo o xénero e o grupo de idade. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral (descarga da táboa)


O 35,6% das 80.400 persoas de 50 a 74 anos que percibiu algunha prestación periódica por discapacidade ou invalidez en 2023 en Galicia, comezou a percibir esta prestación cando tiña entre 45 e 54 anos; o 32,1% deste colectivo comezou a percibila entre os 55 e os 74 anos e o 28,7%, entre os 16 e os 44 anos.


Contribución pasada ou presente

Se se restrinxe o estudo ao colectivo de persoas de 50 a 74 anos que non percibe pensión de xubilación ou que só percibe unha procedente de plans de pensións individuais, obtense que arredor de 506.600 persoas contribúen na actualidade ou contribuíu no pasado para ter dereito a percibir unha pensión de xubilación.

Por outra banda, 125.000 persoas contribúen na actualidade ou contribuíu no pasado a plans de xubilación individuais.


Poboación de 50 a 74 anos que contribúe ou contribuíu no pasado a plans de xubilación, por xénero. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Sexo Datos
Total 506,6
Homes 248,2
Mulleres 258,4

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral (descarga da táboa)

Nota: só se considera a poboación de 50 a 74 anos que non percibe pensión de xubilación ou que só percibe unha procedente de plans de pensións individuais. Estas contribucións aos plans de pensións inclúen tanto as do sistema público, como as que se realizan a través de plans de pensións por parte dalgunha empresa ou a través de plans individuais.


Poboación de 50 a 74 anos segundo contribúa ou contribuíse no pasado a plans de xubilación individuais, por xénero. Galicia. Ano 2023

Unidade: miles de persoas

Sexo Datos
Total 125,0
Homes 57,6
Mulleres 67,5

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral (descarga da táboa)

Nota: só se considera a poboación de 50 a 74 anos que non percibe pensión de xubilación ou que só percibe unha procedente de plans de pensións individuais.


Situación laboral no momento do cobro da primeira pensión de xubilación

O 60% das 268.700 persoas de 50 a 74 anos que percibiron algunha pensión de xubilación en 2023 en Galicia deixou de traballar no momento no que comezou a percibir a pensión. O 35,7% non traballaba no momento de comezar a percibir a pensión de xubilación. O 3,7% do colectivo seguiu traballando, incluso despois de comezar a percibir a pensión de xubilación, ben con cambios ou sen cambios nas súas condicións laborais.


Poboación de 50 a 74 anos segundo a situación laboral na que se atopaba cando percibiu a primeira pensión de xubilación. Galicia. Ano 2023

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral (descarga da táboa)

Nota: só se considera a poboación de 50 a 74 anos que percibe unha pensión de xubilación. Os cambios aos que se refiren as categorías “Continuou traballando sen cambios”/“Continuou traballando con cambios” poden ser: cambiou de traballo, redución no número de horas traballadas ou continuidade no emprego secundario abandonando o principal. Na categoría ‘Deixou de traballar’ inclúense as persoas que traballaron e deixaron de traballar para pasar á situación de xubilación. A categoría ‘Non traballaba’ aplícase ás persoas que non estaban traballando xusto antes de xubilarse, por atoparse sen emprego ou estar de baixa nese momento.


Motivos do abandono do mercado laboral

Das 161.100 persoas de 50 a 74 anos que deixou de traballar ao comezar a percibir a primeira pensión de xubilación, para o 81% o principal motivo do abandono do mercado laboral foi que cumpría os requisitos para xubilarse. Pola contra, o 8,6% viuse obrigado a abandonar o mercado laboral por enfermidade ou incapacidade propia. Ademais, o 4,7% deixou de traballar por acadar a idade máxima de xubilación.


Poboación de 50 a 74 anos segundo o principal motivo para deixar de traballar ao percibir a primeira pensión de xubilación. Galicia. Ano 2023

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral (descarga da táboa)

Nota: só se considera a poboación de 50 a 74 anos que deixou de traballar ao comezar a percibir algunha pensión de xubilación. Dentro da categoría ‘Outra razón’ inclúense as sub-categorías: tiña unha situación financeira favorable, outras razóns relacionadas co traballo, enfermidade ou incapacidade propia.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa (EPA). Módulo sobre pensións e participación no mercado laboral