A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación inactiva, activa, ocupada e parada) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.
Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que completa a información da EPA. O módulo de 2019 investiga a organización e duración da xornada laboral; en concreto, investíganse aspectos como…
A poboación investigada restrínxese ás persoas ocupadas de 16 ou máis anos con residencia en Galicia.
En 2019
a ocupación en Galicia situouse, de media, nas 1.095.200
persoas. O 14,5%
destas persoas (unhas 158.700)
podía decidir o comezo e o final da xúa xornada laboral sen restricións, o 16,4%
(179.300
persoas) podían facelo con certas restricións e no 68,4%
dos casos (749.100
ocupados/as) a xornada víñalles determinada polo seu empregador ou a súa empregadora e/ou os seus clientes.
A incidencia de ocupados e ocupadas que teñen a posibilidade de decidir a súa xornada laboral sen restricións aumenta coa idade; así, entre o grupo de persoas de 16 a 34 anos só o 8%
ten esta posibilidade; entre o grupo de 35 a 54 anos a porcentaxe sitúase no 14,1%
e entre as persoas de 55 e máis anos elévase ao 22,2%.
Poboación ocupada segundo a forma na que se determina o inicio e o final da xornada laboral no seu emprego principal, por grupos de idade. Galicia. Ano 2019
Unidade: miles de persoas
Forma | Total | De 16 a 34 anos | De 35 a 54 anos | De 55 e máis anos |
---|---|---|---|---|
Total | 1.095,2 | 203,7 | 680,4 | 211,0 |
O traballador pode decidir a súa xornada laboral sen restricións | 158,7 | 16,3 | 95,6 | 46,8 |
O traballador pode decidir a súa xornada laboral con certas restricións | 179,3 | 24,2 | 118,5 | 36,7 |
O empregador ou o cliente deciden fundamentalmente a súa xornada laboral | 749,1 | 160,2 | 462,9 | 125,9 |
Non sabe / Non contesta | 8,0 | 3,1 | 3,4 | 1,6 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
Por sexo, é maior a porcentaxe de homes que poden decidir a súa xornada laboral sen restricións que a de mulleres: o 16,9%
dos ocupados dispoñen desta posibilidade fronte ao 12%
das ocupadas que poden decidir o comezo e final da súa xornada laboral sen restricións.
Poboación ocupada segundo a forma na que se determina o inicio e o final da xornada laboral no seu emprego principal, por sexo. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Homes
Mulleres
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
Das 936.400
persoas que non puideron decidir o comezo ou o final da súa xornada laboral ou que o decidiron pero con restricións1, o 23,6%
vía moi doado coller unha ou dúas horas libres na mesma xornada na que as precisaban, e o 43,8%
tíñao bastante doado. Ademais, do total de ocupados e ocupadas de Galicia, o 25,8%
considerou moi doado coller un ou dous días libres no traballo, sempre e cando avisase con tres días laborables de antelación.
O 13,9%
da poboación ocupada de Galicia tivo que enfrontarse ao menos unha vez por semana a solicitudes imprevistas de cambio de horario no seu emprego en 2019,
o 9,9%
tivo que facelo ao menos unha vez ao mes e o 74,2%
menos dunha vez ao mes ou nunca.
As ocupacións que presentaron as maiores porcentaxes de empregados e empregadas que se tiveron que enfrontar ao menos unha vez por semana a imprevistos foi a de Directores e xerentes
(34,6%),
Operadores de instalacións e maquinaria e montadores
(17,3%)
e Técnicos e profesionais científicos e intelectuais
(16,8%).
Poboación ocupada segundo a frecuencia coa que teñen que enfrontarse a solicitudes imprevistas de cambio de horario no emprego principal, por ocupación. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Ocupación | Total | Polo menos unha vez por semana | Polo menos unha vez ao mes | Menos dunha vez ao mes ou nunca | Non sabe / Non contesta |
---|---|---|---|---|---|
Total | 100 | 13,9 | 9,9 | 74,2 | 2,1 |
Ocupacións militares | 100 | 0,0 | 18,3 | 74,5 | 7,2 |
Directores e xerentes | 100 | 34,6 | 14,3 | 49,8 | 1,3 |
Técnicos e profesionais científicos e intelectuais | 100 | 16,8 | 13,1 | 68,5 | 1,6 |
Técnicos e profesionais de apoio | 100 | 16,4 | 11,4 | 70,7 | 1,5 |
Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina | 100 | 5,2 | 8,2 | 85,9 | 0,8 |
Traballadores de servizos de restauración, persoais, protección e vendedores de comercio | 100 | 13,8 | 9,8 | 74,4 | 1,9 |
Traballadores cualificados no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro | 100 | 16,7 | 7,6 | 73,3 | 2,4 |
Artesáns e traballadores cualificados das industriais manufactureiras e da construción (excepto operadores de instalacións e maquinaria) | 100 | 14,3 | 8,2 | 73,9 | 3,6 |
Operadores de instalacións e maquinaria e montadores | 100 | 17,3 | 11,7 | 67,6 | 3,5 |
Ocupacións elementais | 100 | 5,3 | 4,6 | 88,3 | 1,8 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
O 7,1%
da poboación ocupada de Galicia foi contactada durante o seu tempo libre tres veces ou máis nos últimos dous meses, esperando que traballara antes do próximo día laborable. Outro 5,9%
dos ocupados e das ocupadas tamén foi contactada no seu tempo libre tres veces ou máis, pero neste caso sen esperar que traballaran antes do próximo día laborable.
En 2019
en Galicia a poboación asalariada situouse de media nas 879.600
persoas. Destas, 261.200
(o 29,7%)
non rexistraban nin a súa presenza nin as horas traballadas no seu emprego, 252.700
persoas (o 28,7%)
rexistraban só a súa presenza e 297.800
persoas (o 33,9%)
rexistraban as horas.
O sector con maior porcentaxe de poboación asalariada que non ten que rexistrar nin a súa presenza nin as horas de traballo é o primario (agricultura e pesca), onde o 49,1%
dos asalariados e das asalariadas se atopa nesta situación. Pola contra, a industria é o sector onde un maior número de persoas debe rexistrar as súas horas de traballo (ao 41,8%
da poboación asalariada na industria lévaselle cómputo das horas traballadas).
Poboación asalariada segundo a existencia ou non dun método de rexistro de presenza ou de horas de traballo no seu emprego principal, por sector económico. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
Unhas 103.600
persoas en Galicia declararon traballar sempre baixo presión en 2019,
o que supón o 9,5%
da poboación ocupada nese ano. Outras 169.200
(o 15,5%)
declararon traballar a miúdo baixo presión.
Por sexo, é lixeiramente superior a porcentaxe de homes que traballaron sempre baixo presión en 2019
que a de mulleres: o 10,1%
dos homes fronte ao 8,8%
das mulleres ocupadas.
O 26,6%
da poboación ocupada de Galicia exerce moita influencia na orde ou no contido das tarefas que desempeña no seu traballo principal. Pola contra, o 32,5%
dos ocupados e das ocupadas exerce moi pouca influencia.
De novo, é maior a porcentaxe de varóns con capacidade para influír na orde ou contido das súas tarefas laborais, que entre o sexo feminino: o 27,8%
dos homes exercen moita influencia na organización do seu traballo, fronte ao 25,3%
de mulleres.
Poboación ocupada segundo a frecuencia coa que traballou baixo presión por falta de tempo para finalizar as tarefas no emprego principal, por sexo. Galicia. Ano 2019
Unidade: miles de persoas
Frecuencia | Total | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Total | 1.095,2 | 555,3 | 539,8 |
Sempre | 103,6 | 56,0 | 47,6 |
A miúdo | 169,2 | 82,2 | 87,0 |
Ás veces | 372,8 | 191,7 | 181,1 |
Nunca | 416,6 | 204,9 | 211,6 |
Non sabe / Non contesta | 33,0 | 20,5 | 12,5 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
Poboación ocupada segundo o grao de influencia na orde ou no contido das tarefas do seu emprego principal, por sexo. Galicia. Ano 2019
Unidade: miles de persoas
Grao | Total | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Total | 1.095,2 | 555,3 | 539,8 |
Moita influencia na orde ou contido | 291,0 | 154,5 | 136,4 |
Situacións intermedias | 422,3 | 204,4 | 217,9 |
Pouca ou ningunha influencia na orde ou contido | 356,3 | 179,6 | 176,7 |
Non sabe / Non contesta | 25,6 | 16,8 | 8,8 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
Nota: a categoría “situacións intermedias” engloba situacións como ter gran influencia na orde e algunha no contido, gran influencia na orde e pouca ou ningunha no contido, algunha influencia na orde e gran influencia no contido, algunha influencia na orde e no contido, algunha influencia na orde e pouca ou ningunha no contido, pouca ou ningunha na orde e gran influencia no contido e pouca ou ningunha na orde e algunha influencia no contido.
O 77,6%
da poboación ocupada de Galicia (unhas 850.200
persoas) traballou en 2019
de maneira habitual nos locais da empresa2, o 1,9%
(21.000
persoas) dende a casa, o 10,3%
(112.400)
nos locais ou nas casas dos clientes, o 8,1%
(88.400)
non tiña un lugar fixo de traballo3 e o 2,0%
(21.400)
noutro sitio distinto dos anteriores.
Por sexo, destaca a elevada porcentaxe de homes que non tivo un lugar fixo de traballo en 2019
(o 13,8%
da ocupación masculina) fronte ao de mulleres nesta situación (o 2,2%
da ocupación feminina).
Poboación ocupada segundo o seu lugar de traballo habitual no emprego principal. Galicia. Ano 2019
Unidade: miles de persoas
Lugar | Miles de persoas | Porcentaxes |
---|---|---|
Total | 1.095,2 | 100,0 |
Nos locais da empresa na que traballa ou nos locais da súa propia empresa | 850,2 | 77,6 |
Na súa casa | 21,0 | 1,9 |
Nos locais ou nas casas dos clientes | 112,4 | 10,3 |
Non existe un lugar fixo (traballa nun vehículo, servizo de entrega, …) | 88,4 | 8,1 |
Noutro sitio distinto dos anteriores | 21,4 | 2,0 |
Non sabe / Non contesta | 1,7 | 0,2 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
Das 1.074.100
persoas que se tiveron que desprazar en 2019
para chegar da súa casa ao traballo, no 54%
dos casos o traxecto durou menos de 15 minutos, no 29,5%
dos casos o traxecto levoulles de 16 a 30 minutos, no 9,3%
de 31 minutos a 1 hora e ao 1,3%
dos ocupados e das ocupadas de Galicia levoulles máis dunha hora chegar ao traballo en 2019.
No referido á frecuencia coa que a poboación ocupada traballou fóra do seu lugar habitual en 2019,
o 9,8%
fíxoo a diario. Non obstante, a gran maioría dos ocupados e das ocupadas de Galicia (o 75,2%)
ten que traballar fóra do seu lugar habitual menos dunha vez ao mes.
Poboación ocupada segundo o tempo empregado para chegar ao traballo desde a casa no emprego principal. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)
Poboación ocupada segundo a frecuencia coa que traballa fóra do lugar habitual no seu emprego principal. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre organización e duración da xornada laboral (descarga da táboa)