Introdución

volver ao índice

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que completa a información da EPA. O módulo de 2017 ten como obxectivos…

Nota: neste módulo o colectivo de traballadores e traballadoras por conta propia defínese en virtude da Clasificación Internacional de Situación no Emprego (CISE) actualmente vixente. Non obstante, están excluídos do ámbito do módulo as chamadas axudas familiares (son as persoas ocupadas que traballan sen remuneración regulamentaria na empresa dun familiar co que conviven). Inclúense, por tanto, os empresarios e as empresarias con asalariados, os traballadores e as traballadoras independentes (ou empresarios/empresarias sen asalariados) e os membros de cooperativas.



Traballo por conta propia segundo o número e importancia dos clientes; liberdade na fixación do horario de traballo

volver ao índice

O 70,7% das persoas que traballaron por conta propia en 2017 en Galicia tivo máis de 9 clientes nos últimos doce meses; o 12,5% tivo entre 2 e 9 clientes e un 12,2% non tivo clientes ou ben, só tivo un cliente, nos últimos doce meses.


Persoas traballadoras por conta propia segundo o número de clientes no último ano. Galicia. Ano 2017
Unidade: miles de persoas, porcentaxe (%)

Clientes Número
Total 224,3
Ningún cliente ou como máximo un nos últimos doce meses 27,4
Entre 2 e 9 clientes nos últimos doce meses 28,0
Máis de 9 clientes nos últimos 12 meses 158,6
Non sabe/Non contesta 10,3

Nota: o último ano refírese aos doce meses anteriores ao domingo da semana de referencia
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre a actividade por conta propia (descarga da táboa)


Por outra banda, das 211.500 persoas traballadoras por conta propia que tiveron polo menos un cliente nos últimos doce meses, o 8,7% tivo que adecuar a súa xornada de traballo pola influencia dos seus clientes.


Persoas traballadoras por conta propia con polo menos un cliente, segundo a súa influencia na decisión do seu horario de traballo. Galicia. Ano 2017
Unidade: miles de persoas, porcentaxe (%)

Influencia Número
Total de traballadores por conta propia con polo menos un cliente 211,5
Decídeo o traballador 177,5
Decídeo o cliente ou clientes 18,3
Decídeo outra parte 14,9
Non sabe/non contesta 0,8

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre a actividade por conta propia (descarga da táboa)


Causas e inconvenientes de traballar por conta propia

volver ao índice

O 27,7% das persoas que en 2017 traballaban por conta propia en Galicia decantouse por este tipo de emprego para continuar co negocio da familia. A segunda razón en importancia para escoller o traballo autónomo foi para aproveitar unha boa oportunidade: o 23,0% afirman que esta foi a razón que os motivou a traballar por conta propia. Outro 17,2% do colectivo investigado decantouse por esta vía ao non lograr atopar un traballo por conta allea.


Persoas traballadoras por conta propia segundo a razón principal pola que comezaron a traballar pola súa conta. Galicia. Ano 2017
Unidade: miles de persoas, porcentaxe (%)

Razón Número Porcentaxe
Total 224,3 100,0
Continuou co negocio familiar 62,1 27,7
É a práctica habitual na súa actividade 24,0 10,7
Non conseguiu atopar un traballo por conta allea 38,7 17,2
Non tiña intención nin plans de traballar por conta propia, pero comezou a facelo por unha razón distinta das anteriores 15,3 6,8
O seu anterior empregador pediulle que se dera de alta como traballador por conta propia 2,4 1,1
Presentóuselle unha boa oportunidade 51,5 23,0
Quería traballar por conta propia pola flexibilidade do horario de traballo 8,0 3,5
Quería traballar por conta propia por outro motivo 19,8 8,8
Non sabe 2,5 1,1

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre a actividade por conta propia (descarga da táboa)


As maiores dificultades que se atoparon os traballadores e as traballadoras por conta propia de Galicia foron experimentar períodos sen clientes, sen ter ningún pedido ou proxecto no que traballar (o 14,1% indicaron que pasaran por esta dificultade) e a falta de ingresos no caso de caer enfermo/a (o 12,6%). Por outra banda, o 18,4% das persoas deste colectivo afirma non sufrir ningunha dificultade.


Persoas traballadoras por conta propia segundo a maior dificultade ou inconveniente de traballar pola súa conta. Galicia. Ano 2017
Unidade: miles de persoas, porcentaxe (%)

Dificultade Número Porcentaxe
Total 224,3 100,0
Falta de financiación para o seu negocio 14,5 6,5
Falta de ingresos no caso de enfermidade 28,3 12,6
Non ter o control na fixación do prezo do seu propio traballo 11,3 5,0
Períodos de precariedade financeira 17,6 7,8
Períodos sen clientes, sen ter ningún pedido ou proxecto no que traballar 31,5 14,1
Retraso ou falta de pago dos clientes 25,7 11,5
Un nivel inadecuado de carga administrativa 8,5 3,8
Outras dificultades non mencionadas anteriormente 37,9 16,9
Non sufriu ningunha dificultade 41,4 18,4
Non sabe 7,5 3,3

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre a actividade por conta propia (descarga da táboa)


Comparativa entre as condicións laborais das persoas ocupadas por conta propia e por conta allea

volver ao índice

O 90,1% do colectivo de traballadores e traballadoras por conta propia de Galicia pode influír tanto no contido como na orde das tarefas do seu emprego; no caso das persoas ocupadas por conta allea, esta porcentaxe sitúase no 43,6%.

No referido ás preferencias por modificar a súa actual situación profesional, obsérvase que a tendencia ao cambio é maior no colectivo que traballa por conta propia que no colectivo que traballa por conta allea. Así, o 23,9% dos traballadores e das traballadoras por conta propia desexa cambiar a súa situación profesional, mentres que no caso dos asalariados e asalariadas a porcentaxe é do 6,5%.


Persoas traballadoras por conta propia e por conta allea segundo o nivel de influencia sobre o contido e a orde das tarefas do seu emprego principal. Galicia. Ano 2017
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre a actividade por conta propia (descarga da táboa)

Persoas traballadoras por conta propia e por conta allea segundo desexen ou non cambiar a súa situación profesional. Galicia. Ano 2017
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre a actividade por conta propia (descarga da táboa)


Definicións e máis información

Definicións

volver ao índice

Máis información

volver ao índice