A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación inactiva, activa, ocupada e parada) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.
Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que completa a información da EPA. O módulo de 2018 investiga a conciliación entre a vida laboral e a familiar; en concreto, investíganse aspectos como…
A poboación investigada restrínxese ás persoas de 18 a 64 anos con residencia en Galicia.
En 2018
en Galicia residían en torno a 1.649.100
persoas de entre 18 e 64 anos; o 33,5%
deste colectivo (unhas 551.800
persoas) coidaba de forma regular de fillos/as menores de 15 anos (propios/as ou da parella) e/ou de familiares dependentes.
O 54,9%
destas persoas eran mulleres, fronte ao 45,2%
de coidadores varóns. Se se restrinxe a análise ao colectivo de persoas que coida unicamente de familares dependentes, a porcentaxe de mulleres coidadoras sitúase no 64,1%.
O 73,2%
das persoas de 18 a 64 anos que realizaron tarefas de coidado regular de familiares en 2018
(unhas 404.000
persoas) pertencía ao colectivo de poboación ocupada de Galicia, o 10,2%
(en torno a 56.100
persoas) estaba parada e o 16,6%
(404.000
persoas) formaba parte da poboación inactiva.
Persoas de 18 a 64 anos segundo se fagan cargo ou non do coidado de fillos/as (1) e/ou familiares dependentes (2), clasificadas por sexo e a relación coa actividade económica. Galicia. Ano 2018
Unidade: miles de persoas
Ambos sexos
Actividade | Total | De fillos/as (1) | De familiares dependentes (2) | De ambos colectivos | Sen responsabilidades (3) |
---|---|---|---|---|---|
Total | 1.649,1 | 401,5 | 118,6 | 31,7 | 1.097,2 |
Ocupados | 1.063,7 | 321,5 | 62,0 | 20,5 | 659,7 |
Parados | 165,0 | 41,3 | 10,9 | 3,9 | 109,0 |
Inactivos | 420,3 | 38,8 | 45,8 | 7,2 | 328,5 |
Homes
Actividade | Total | De fillos/as (1) | De familiares dependentes (2) | De ambos colectivos | Sen responsabilidades (3) |
---|---|---|---|---|---|
Total | 813,3 | 194,3 | 42,7 | 12,2 | 564,2 |
Ocupados | 552,4 | 171,6 | 23,5 | 10,1 | 347,2 |
Parados | 80,9 | 15,1 | 5,1 | 1,0 | 59,7 |
Inactivos | 180,0 | 7,6 | 14,0 | 1,1 | 157,3 |
Mulleres
Actividade | Total | De fillos/as (1) | De familiares dependentes (2) | De ambos colectivos | Sen responsabilidades (3) |
---|---|---|---|---|---|
Total | 835,8 | 207,2 | 76,0 | 19,5 | 533,1 |
Ocupados | 511,3 | 149,9 | 38,5 | 10,4 | 312,5 |
Parados | 84,1 | 26,2 | 5,7 | 2,9 | 49,3 |
Inactivos | 240,3 | 31,1 | 31,8 | 6,2 | 171,3 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar (descarga da táboa)
Nota: (1) Refírese tanto aos fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos que residan no fogar como aos que residen fóra do mesmo pero que coiden regularmente; (2) Refírese a familiares dependentes (con algunha discapacidade, enfermos ou de idade avanzada) de 15 anos ou máis; (3) Refírese a responsabilidades de coidado regular
Por sexo, a porcentaxe de homes de entre 18 e 64 anos que en 2018
compaxinou o coidado de fillos/as menores de 15 anos e/ou familiares dependentes cunha actividade laboral foi superior ao de mulleres: 82,3%
para o colectivo masculino fronte ao 65,7%
para o feminino. Pola contra, o 22,8%
das mulleres que se fixeron cargo do coidado de fillos/as e/ou familiares dependentes en 2018
atopábase na situación de inactividade.
Persoas de 18 a 64 anos que se fixeron cargo do coidado de fillos/as (1) e/ou familiares dependentes (2), clasificados por sexo e a relación coa actividade económica. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar (descarga da táboa: homes, mulleres)
Nota: (1) Refírese tanto aos fillos/as propios ou da parella menores de 15 anos que residan no fogar como aos que residen fóra do mesmo pero que coiden regularmente; (2) Refírese a familiares dependentes (con algunha discapacidade, enfermos ou de idade avanzada) de 15 anos ou máis; (3) Refírese a responsabilidades de coidado regular
En 2018
unhas 74.300
persoas de 18 a 64 anos con fillos/as a cargo menores de 15 anos (propios/as ou da parella) (o 17,1%)
utilizaron servizos de coidado para todos eles/elas.
Polo contrario, outras 358.900
non empregaron este tipo de servizos. Os principais motivos aducidos para non facelo foron que organizaron o coidado dos/as fillos/as sós/soas ou coa parella (o 42,7%)
ou que contaron coa axuda de avós/avoas, parentes ou amigos/as (o 26,7%).
O 5,8%
das persoas con fillos/as a cargo non recorre a servizos de coidado porque considera que son demasiado caros.
Persoas de 18 a 64 anos con fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos que non utilizan habitualmente servizos para o coidado, segundo o principal motivo polo que non os utilizan. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Motivo | Dato |
---|---|
Total | 100,0 |
Son demasiado caros | 5,8 |
Organizan o coidado dos/as fillos/as sós/soas ou coa súa parella | 42,7 |
Organizan o coidado dos/as fillos/as sós/soas ou coa axuda de avós/avoas, parentes ou amigos/as | 26,7 |
Non precisan axuda | 11,3 |
Por outros motivos | 13,2 |
Non sabe / non contesta | 0,3 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar (descarga da táboa)
Nota: inclúense os/as fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos que residan no fogar e os que residen fóra do fogar que coiden regularmente. Inclúense as persoas que non utilizan habitualmente servizos para o coidado de fillos/as e as que os utilizan, pero non para todos eles. Na categoría “Por outros motivos” inclúense os seguintes items: non hai servizos accesibles ou prazas dispoñibles; a calidade, o tipo de servizos dispoñibles ou o horario de apertura non satisfai as necesidades do fogar; outros motivos relacionados cos servizos dispoñibles para o coidado de menores ou outros motivos polos que non os precisan ou non lles interesan.
Para o 23,4%
da poboación ocupada de Galicia con fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos (unhas 79.900
persoas), o seu coidado tivo efecto no seu emprego actual en 2018:
o 47,9 %
deste colectivo reduciu o número de horas de traballo e outro 27,5 %
modificou as súas horas de entrada e saída ao traballo.
Poboación ocupada entre 18 e 64 anos con fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos segundo se o seu coidado ten efecto ou non no seu emprego actual. Galicia. Ano 2018
Unidade: miles de persoas
Efecto | Dato |
---|---|
Total | 342,0 |
Tivo efectos | 79,9 |
|
38,3 |
|
22,0 |
|
19,6 |
Non tivo efectos | 260,1 |
Non sabe / non contesta | 2,0 |
Poboación ocupada entre 18 e 64 anos con fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos cuxo coidado tivo efecto no seu emprego actual, segundo o dito efecto. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar (descarga da táboa)
Nota: inclúense os/as fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos que residan no fogar e os que residen fóra do fogar que coiden regularmente.
O 40,9%
da poboación asalariada entre 18 e 64 anos con responsabilidades de coidado dispón da posibilidade de modificar o inicio ou o fin da súa xornada laboral para asumir as ditas responsabilidades; o 49,4%
deste colectivo ten a opción de organizar a xornada laboral para dispor dun día libre.
As ocupacións coas maiores porcentaxes de traballadores/as ás que se lles dá a opción de modificar o inicio ou o fin da xornada laboral para atender as súas responsabilidades de coidado familiar son “Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina” (52,1%)
e “Técnicos e profesionais de apoio” (52,0%).
As ocupacións coas maiores porcentaxes de traballadores/as ás que se lles dá a opción de dispor dun día libre para atender as súas responsabilidades de coidado son “Ocupacións militares” (66,3%)
e “Técnicos e profesionais de apoio” (54,5%).
Poboación asalariada entre 18 e 64 anos con responsabilidades de coidado á que lle é posible modificar o inicio e o fin da xornada laboral ou organizar esta de forma que poida dispor dun día libre para asumir mellor esas responsabilidades, segundo a ocupación. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Ocupación | Posibilidade de modificar o inicio ou o fin da xornada laboral | Posibilidade de organizar a xornada laboral para dispor dun día libre |
---|---|---|
Total | 40,9 | 49,4 |
Ocupacións militares | 36,5 | 66,3 |
Directores e xerentes | 50,8 | 54,3 |
Técnicos e profesionais científicos e intelectuais | 42,0 | 49,3 |
Técnicos e profesionais de apoio | 52,0 | 54,5 |
Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina | 52,1 | 52,6 |
Traballadores de servizos de restauración, persoais, protección e vendedores de comercio | 38,1 | 50,9 |
Traballadores cualificados no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro | 44,4 | 52,0 |
Artesáns e traballadores cualificados das industriais manufactureiras e da construción (excepto operadores de instalacións e maquinaria) | 30,4 | 41,6 |
Operadores de instalacións e maquinaria e montadores | 24,2 | 35,3 |
Ocupacións elementais | 41,3 | 54,0 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar (descarga da táboa: modificar o inicio e o fin da xornada laboral, organizar a xornada laboral para dispor dun día libre)
Nota: inclúense todas as persoas con responsabilidades de coidado, xa sexa de fillos/as propios/as ou da parella menores de 15 anos (incluso se residen fóra do fogar, sempre que os/as coiden regularmente) ou doutros familiares dependentes de 15 ou máis anos.
Das 964.900
persoas de 18 a 64 anos con fillos/as propios/as ou da parella, o 27,9%
(269.500
persoas) abandonou o seu traballo nalgún momento dende que deixaron os estudos para atender o seu coidado. Deste colectivo, o 58,6%
fixérono por un período inferior a 6 meses e o 16,3%
por un período de entre seis meses a un ano.
Persoas entre 18 e 64 anos con fillos/fillas propios/as ou da parella que deixaron de traballar durante polo menos un mes seguido para dedicarse ao seu coidado, segundo o sexo. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar (descarga da táboa)
Nota: inclúe os/as fillos/as propios/as ou da parella de calquera idade (residan ou non na vivenda), sempre que fosen menores de 15 anos cando a persoa entrevistada deixou de traballar para coidalos. A categoría “Si” da variable “Abandono do traballo” inclúe as persoas que deixaron de traballar durante polo menos un mes seguido desde que deixaron os seus estudos ata o momento actual.
O 85,9%
das 269.500
persoas que abandonaron o seu traballo para coidar dos/as fillos/as eran mulleres.
Persoas entre 18 e 64 anos con fillos/as propios/as ou da parella, que deixaron de traballar polo menos un mes seguido para o seu coidado, segundo o tempo total de interrupción. Galicia. Ano 2018
Unidade: miles de persoas, porcentaxe (%)
Tempo de interrupción | Miles de persoas | Porcentaxe |
---|---|---|
Total | 269,5 | 100,0 |
Ata 6 meses | 158,1 | 58,6 |
De máis de 6 meses a 1 ano | 44,0 | 16,3 |
De máis de 1 ano a 2 anos | 17,5 | 6,5 |
De máis de 2 anos a 3 anos | 11,3 | 4,2 |
De máis de 3 anos a 5 anos | 8,2 | 3,0 |
Máis de 5 anos | 26,8 | 9,9 |
Non sabe / non contesta | 3,7 | 1,4 |
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar (descarga da táboa)
Nota: inclúe os/as fillos/as propios/as ou da parella de calquera idade (residan ou non na vivenda), sempre que fosen menores de 15 anos cando a persoa entrevistada deixou de traballar para coidalos. Inclúense tamén as persoas que non traballaron nunca.