ÍNDICE


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009, incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo a súa compoñente humana. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que complementa a información da EPA. O módulo de 2022 investiga as capacidades profesionais da poboación de 16 a 74 anos que estivo ocupada en 2022 ou, non estándoo, deixou o seu último emprego nos últimos dous anos.


Tempo dedicado a traballar en determinadas tarefas


As tarefas ás que a poboación ocupada de Galicia dedica máis tempo no seu emprego principal son a traballar con dispositivos dixitais (o 31,4% das persoas ocupadas de 16 a 74 anos dedicou a metade ou máis tempo da súa xornada laboral en 2022 a traballar con este tipo de ferramentas), a interactuar con persoas externas á empresa ou organización (o 29,4% da poboación estudada dedica máis da metade da xornada a este tipo de tarefas), a realizar esforzos físicos (o 24,8%) e a interactuar con persoas da mesma empresa ou organización (o 23,7%).

Por outra banda, só o 5,2% da poboación ocupada de 16 a 74 anos de Galicia dedica a metade ou máis da súa xornada laboral a realizar cálculos relativamente complexos e só o 5,9% desta dedica polo menos a metade da xornada a ler manuais e documentos técnicos.

Poboación ocupada entre 16 e 74 anos segundo o tempo dedicado a traballar en determinadas tarefas no emprego principal. Ambos sexos. Ano 2022. Galicia
Unidade: porcentaxe
Tarefas A metade ou máis Menos da metade Non sabe / non contesta
Traballar con dispositivos dixitais 31,4 68,1 0,5
Ler manuais e documentos técnicos relacionados co traballo 5,9 92,3 1,8
Facer cálculos relativamente complexos 5,2 93,1 1,7
Facer esforzos físicos 24,8 74,7 0,5
Realizar tarefas que requiren destreza cos dedos 10,3 89,0 0,7
Interactuar con persoas da mesma empresa ou organización 23,7 75,0 1,3
Interactuar con persoas externas á empresa ou organización 29,4 69,6 1,0
Asesorar, formar ou ensinar a outras persoas 9,8 89,0 1,1
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)

Obsérvanse diferenzas por sexos na distribución do tempo dedicado ás distintas tarefas que figuran na táboa previa e na posterior; así, no caso dos homes, a porcentaxe de persoas que adican a metade ou máis tempo da súa xornada laboral a facer esforzos físicos sobe ata o 29,1%, fronte ao 19,9% de mulleres que dedican máis da metade da xornada laboral a este tipo de tarefas. Pola contra, a rúbrica “interactuar con persoas externas á empresa ou organización” ten máis prevalencia entre o xénero feminino que entre o masculino; así, o 35,6% das mulleres dedican a metade ou máis da súa xornada laboral a atender este tipo de tarefas, fronte ao 23,9% de homes.

Poboación ocupada entre 16 e 74 anos segundo o tempo dedicado a traballar en determinadas tarefas no emprego principal. Homes. Ano 2022. Galicia
Unidade: porcentaxe
Tarefas A metade ou máis Menos da metade Non sabe / non contesta
Traballar con dispositivos dixitais 27,6 71,7 0,7
Ler manuais e documentos técnicos relacionados co traballo 5,8 91,7 2,5
Facer cálculos relativamente complexos 5,0 92,5 2,6
Facer esforzos físicos 29,1 70,2 0,7
Realizar tarefas que requiren destreza cos dedos 11,7 87,5 0,9
Interactuar con persoas da mesma empresa ou organización 23,7 74,6 1,7
Interactuar con persoas externas á empresa ou organización 23,9 74,6 1,5
Asesorar, formar ou ensinar a outras persoas 6,7 91,6 1,7
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)
Poboación ocupada entre 16 e 74 anos segundo o tempo dedicado a traballar en determinadas tarefas no emprego principal. Mulleres. Ano 2022. Galicia
Unidade: porcentaxe
Tarefas A metade ou máis Menos da metade Non sabe / non contesta
Traballar con dispositivos dixitais 35,6 64,1 0,4
Ler manuais e documentos técnicos relacionados co traballo 5,9 93,0 1,1
Facer cálculos relativamente complexos 5,4 93,8 0,8
Facer esforzos físicos 19,9 79,7 0,4
Realizar tarefas que requiren destreza cos dedos 8,7 90,7 0,6
Interactuar con persoas da mesma empresa ou organización 23,7 75,5 0,9
Interactuar con persoas externas á empresa ou organización 35,6 64,0 0,4
Asesorar, formar ou ensinar a outras persoas 13,2 86,2 0,6
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)


Grao de influencia na orde e no contido das tarefas


En Galicia, no ano 2022, o 59,6% das persoas de 16 a 74 anos que traballan por conta propia manifestaron ter unha ampla ou moi ampla autonomía tanto na orde coma no contido das tarefas do seu emprego principal. No caso dos traballadores e das traballadoras por conta allea, a porcentaxe destas que teñen unha ampla ou moi ampla autonomía na orde e contido das tarefas do seu emprego baixa ao 18,8%.

No lado oposto, o 28,7% da poboación ocupada por conta allea en 2022 non tiña a penas autonomía nin na orde nin no contido das tarefas do seu emprego principal; no caso da ocupación por conta propia, esta porcentaxe sitúase no 4% do colectivo.

Poboación ocupada por conta propia entre 16 e 74 anos segundo o grao de influencia sobre a orde e o contido das tarefas do emprego principal. Galicia. Ano 2022

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)


Poboación ocupada por conta allea entre 16 e 74 anos segundo o grao de influencia sobre a orde e o contido das tarefas do emprego principal. Galicia. Ano 2022

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)

Diferenzando por sexo, obsérvase que a porcentaxe de homes con ampla ou moi ampla autonomía tanto na orde coma no contido das tarefas do seu emprego principal é maior que o de mulleres: 26,7% para o xénero masculino fronte a 25,8% para o feminino no ano 2022 en Galicia.

Agora ben, tamén é maior a porcentaxe de homes que teñen pouca autonomía tanto na orde coma no contido fronte á de mulleres nesta categoría: o 25,8% da poboación ocupada masculina manifestou ter moi pouca autonomía na organización das tarefas do seu emprego principal; no caso das mulleres, esta porcentaxe baixa ao 22,5%.

Poboación ocupada entre 16 e 74 anos segundo o sexo e o grao de influencia sobre a orde e contido das tarefas do emprego principal. Ano 2022. Galicia
Unidade: miles de persoas
Contido das tarefas Homes Mulleres
Total 577,5 524,6
Ampla ou moi ampla autonomía tanto na orde como no contido 154,1 135,5
Ampla ou moi ampla autonomía na orde e certa autonomía no contido 48,0 44,2
Ampla ou moi ampla autonomía na orde e pouca ou ningunha no contido 18,0 22,1
Certa autonomía na orde e ampla ou moi ampla no contido 20,1 18,8
Certa autonomía tanto na orde como no contido 96,6 101,0
Certa autonomía na orde e pouca ou ningunha no contido 53,4 56,3
Pouca ou ningunha autonomía na orde e ampla ou moi ampla no contido 3,5 4,7
Pouca ou ningunha autonomía na orde e certa autonomía no contido 19,8 16,4
Pouca autonomía tanto na orde como no contido 149,1 118,0
Non sabe / non contesta 14,8 7,6
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)


Grao de repetición e precisión nas tarefas


O 84,8% da poboación ocupada de Galicia de 16 a 74 anos realiza sempre, en grande medida ou en certa medida tarefas repetitivas no seu emprego principal. Esta porcentaxe é lixeiramente inferior no caso da poboación que conta con educación superior, do 79,6%. Pola contra, supera o 90% entre a poboación con educación secundaria de primeira etapa, onde o 91% da poboación ocupada realizou tarefas repetitivas con frecuencia no seu emprego principal en 2022.

Poboación ocupada entre 16 e 74 anos segundo o nivel de formación alcanzado e o grao de repetición de tarefas do emprego principal. Ano 2022. Galicia
Unidade: miles de persoas
Nivel de formación Total Sempre, en grande medida ou en certa medida Moi pouco o en absoluto Non sabe / non contesta
Total 1.102,1 934,9 155,5 11,8
Analfabetos e estudos primarios 24,7 21,2 3,2 0,3
Educación secundaria. Primeira etapa 295,9 269,3 22,7 3,9
Educacion secundaria. Segunda etapa 253,0 223,8 27,8 1,5
Educación superior 528,5 420,6 101,8 6,0
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)

O 59,9% da poboación ocupada de Galicia de 16 a 74 anos manifestou que as tarefas do seu emprego principal se describían sempre, en grande medida ou en certa medida con precisión. Neste caso, esta porcentaxe aumenta co nivel de formación; así, no caso dos ocupados e ocupadas cuxo nivel formativo se sitúa nos estudos primarios, o 40,5% manifestou que as tarefas do seu emprego principal se describían a miúdo con precisión; esta porcentaxe sobe entre o grupo de poboación ocupada que conta con estudos secundarios (de primeira e/ou segunda etapa) e acada o seu valor máis alto entre a poboación con educación superior (o 66,8% deste colectivo).

Poboación ocupada entre 16 e 74 anos segundo o nivel de formación alcanzado e o grao de precisión nas tarefas do emprego principal. Ano 2022. Galicia
Unidade: miles de persoas
Nivel de formación Total Sempre, en grande medida ou en certa medida Moi pouco o en absoluto Non sabe / non contesta
Total 1.102,1 660,1 410,9 31,1
Analfabetos e estudos primarios 24,7 10,0 13,3 1,5
Educación secundaria. Primeira etapa 295,9 158,9 126,8 10,2
Educacion secundaria. Segunda etapa 253,0 138,2 107,6 7,2
Educación superior 528,5 353,1 163,3 12,2
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa. Módulo sobre habilidades profesionais