A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
O regulamento (CE) nº 1372/2007 do Parlamento Europeo e do Consello establece a obrigatoriedade de incluír a variable salario do traballo principal na Enquisa de Forza de Traballo da Unión Europea (Enquisa de poboación activa en España); deste xeito, introdúcese como variable de clasificación o nivel de remuneración na análise das características do emprego principal para os traballadores e as traballadoras por conta allea ou persoas asalariadas. Na Enquisa de poboación activa o INE optou por empregar rexistros administrativos para obter esta variable (ver metodoloxía).
O salario mensual calculouse dividindo por doce o total salarial percibido no ano, polo que se prorratearon os pagos salariais que non teñen periodicidade mensual (entre outras, as pagas extraordinarias). O regulamento esixe que o salario se codifique en deciles; polo tanto, unha vez estimados os salarios mensuais, calculáronse os deciles da distribución salarial e clasificouse ás persoas en función do decil ao que pertencían. Así, no decil 01 está incluído o 10% dos asalariados e das asalariadas que perciben o salario máis baixo; pola súa banda, o decil 10 corresponde ao grupo do 10% das persoas que perciben o salario máis alto.
O salario medio foi en Galicia de 2136.1 euros brutos ao mes no ano 2023, cun aumento de 97,5 euros (un 4,8%) respecto a 2022. Pola súa banda, o salario mediano (valor que, ordenando as persoas asalariadas de menor a maior salario, deixa a metade por baixo dese valor e a outra metade por riba) sitúase en 1.855,6 euros, cunha subida de 127,3 euros (7,4%) respecto do ano anterior
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa)
O salario medio das persoas asalariadas a tempo completo foi de 2.364,9 euros brutos ao mes, mentres que para os traballadores a tempo parcial foi de 895,2 euros.
Os homes gañaron de media 387,2 euros máis que as mulleres; os primeiros ingresaron arredor de 2.330,2 euros brutos ao mes, mentres que o salario medio mensual das mulleres situouse nos 1.943 euros brutos ao mes en 2023.O salario mediano tamén foi superior nos homes que nas mulleres.
Salario medio e mediano por tipo de xornada e sexo. Galicia. Ano
2023
Unidade: euros/persoa
Xornada | Total | Homes | Mulleres | Total | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|---|---|---|
Total | 2.136,1 | 2.330,2 | 1.943,0 | 1.855,6 | 2.000,0 | 1.648,0 |
Completa | 2.364,9 | 2.444,4 | 2.269,0 | 2.005,9 | 2.056,4 | 1.909,6 |
Parcial | 895,2 | 902,4 | 892,9 | 800,0 | 780,2 | 807,5 |
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa)
Un factor determinante á hora de analizar os salarios das persoas traballadoras é o tipo de xornada laboral que realizan. Deste xeito, os traballadores e as traballadoras con xornada parcial concentraranse con maior frecuencia nos tramos salariais máis baixos.
En 2023
o 60,83%
das persoas asalariadas de
Galicia con xornada parcial gañou menos de 967,2
euros
mensuais (en termos brutos); o 22,42%
entre
967,2
e 1.322,6
euros e, finalmente, o
16,75%
restante máis de 1.322,6
euros
mensuais. Pola contra, entre as persoas asalariadas con xornada
completa, a porcentaxe das que ingresaron menos de 967,2
euros ao mes sitúase no 0,61%.
O colectivo de persoas asalariadas con xornada completa representaba en
2023
o 84,43%
do total de asalariados e
asalariadas de Galicia. O 18,69%
destas persoas ingresou
menos de 1.494,2
euros ao mes, o 46,02%
entre
1.494,2
e 2.367,4
e o 35,31%
máis
de 2.367,4
euros mensuais.
Persoas asalariadas por tipo de xornada e decil salarial.
Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe
sobre o total de persoas asalariadas por tipo de xornada (%)
Decil | Total | Completa | Parcial |
---|---|---|---|
Total | 100 | 100,00 | 100,00 |
Menos de 967,2 euros | 10 | 0,61 | 60,83 |
De 967,2 a < 1.322,6 euros | 10 | 7,73 | 22,42 |
De 1.322,6 a < 1.494,2 euros | 10 | 10,35 | 7,99 |
De 1.494,2 a < 1.667,8 euros | 10 | 11,27 | 3,22 |
De 1.667,8 a < 1.855,6 euros | 10 | 11,45 | 2,10 |
De 1.855,6 a < 2.081,0 euros | 10 | 11,68 | 0,84 |
De 2.081,0 a < 2.367,4 euros | 10 | 11,62 | 1,26 |
De 2.367,4 a < 2.851,6 euros | 10 | 11,66 | 0,98 |
De 2.851,6 a < 3.552,3 euros | 10 | 11,80 | 0,35 |
3.552,3 ou máis euros | 10 | 11,85 | 0,00 |
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa)
Segundo o sexo da persoa, o 18,67%
dos homes recibiu un
salario inferior aos 1.494,2
euros mensuais en
2023;
o 46,91%
gañou entre
1.494,2
e 2.367,4
e o 34,43%
percibiu máis de 2.367,4
euros.
Entre as mulleres, a porcentaxe incluída no primeiro dos intervalos
(menos de 1.494,2
euros/mes) sobe ata o
41,19%.
Hai que ter en conta que en 2023
o
7,4%
dos homes tiña xornada parcial fronte ao
23,7%
das mulleres.
Persoas asalariadas por sexo e decil salarial. Galicia. Ano
2023
Unidade: porcentaxe sobre o total de
persoas asalariadas por sexo (%)
Decil | Total | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Total | 100 | 100,00 | 100,00 |
Menos de 967,2 euros | 10 | 5,32 | 14,60 |
De 967,2 a < 1.322,6 euros | 10 | 6,89 | 13,10 |
De 1.322,6 a < 1.494,2 euros | 10 | 6,46 | 13,49 |
De 1.494,2 a < 1.667,8 euros | 10 | 10,00 | 10,01 |
De 1.667,8 a < 1.855,6 euros | 10 | 12,74 | 7,27 |
De 1.855,6 a < 2.081,0 euros | 10 | 12,61 | 7,40 |
De 2.081,0 a < 2.367,4 euros | 10 | 11,56 | 8,47 |
De 2.367,4 a < 2.851,6 euros | 10 | 11,80 | 8,23 |
De 2.851,6 a < 3.552,3 euros | 10 | 10,48 | 9,55 |
3.552,3 ou máis euros | 10 | 12,15 | 7,88 |
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa)
Distribución das persoas asalariadas segundo o decil salarial e
o sexo. Galicia. Ano 2023
Unidade:
porcentaxe sobre o total de persoas asalariadas por sexo (%)
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa)
Na seguinte táboa pódese observar como, en termos xerais, o salario increméntase a medida que aumenta o nivel de formación da persoa.
En 2023
case a metade (o 44,48%)
das persoas
asalariadas con estudos superiores ingresou máis de 2.367,4
euros ao mes; o 18,59%
das persoas con educación secundaria
de segunda etapa completada ingresa máis desta cantidade. Esta
porcentaxe sitúase no 11,23%
para as persoas que non
completaron a segunda etapa da educación secundaria e no
12,41%
para as persoas analfabetas ou con estudos
primarios. En 2023
o 42,49%
da poboación con
menor nivel de formación (analfabeta ou con estudos primarios) percibiu
un salario inferior aos 1.494,2
euros ao mes.
Persoas asalariadas por nivel de estudos e decil salarial.
Galicia. Ano 2023
Unidade: porcentaxe
sobre o total de persoas asalariadas por nivel de estudos (%)
Decil | Total | Analfabetos e estudos primarios | Educación secundaria. Primeira etapa | Educación secundaria. Segunda etapa | Estudos superiores |
---|---|---|---|---|---|
Total | 100 | 100,00 | 100,00 | 100,00 | 100,00 |
Menos de 967,2 euros | 10 | 23,53 | 14,68 | 12,70 | 6,13 |
De 967,2 a < 1.322,6 euros | 10 | 8,50 | 13,74 | 11,93 | 7,45 |
De 1.322,6 a < 1.494,2 euros | 10 | 10,46 | 11,45 | 13,47 | 7,72 |
De 1.494,2 a < 1.667,8 euros | 10 | 14,38 | 15,58 | 10,82 | 6,89 |
De 1.667,8 a < 1.855,6 euros | 10 | 18,95 | 15,13 | 11,69 | 6,51 |
De 1.855,6 a < 2.081,0 euros | 10 | 7,19 | 10,82 | 9,37 | 9,99 |
De 2.081,0 a < 2.367,4 euros | 10 | 3,27 | 7,36 | 11,49 | 10,82 |
De 2.367,4 a < 2.851,6 euros | 10 | 5,88 | 5,93 | 8,93 | 12,54 |
De 2.851,6 a < 3.552,3 euros | 10 | 2,61 | 3,68 | 5,36 | 15,29 |
3.552,3 ou máis euros | 10 | 3,92 | 1,62 | 4,30 | 16,65 |
Fonte: IGE. Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal (descarga da táboa)