ÍNDICE


Introdución

A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.

O principal obxectivo do módulo de Vivendas familiares: características e medio é obter información sobre as características das vivendas, as infraestruturas da súa contorna e o equipamento dos fogares.


Características básicas das vivendas

No ano 2020 existían en Galicia 1.068.882 fogares, dos cales o 34,75% residía en vivendas familiares principais con 50 ou máis anos de antigüidade, o 47,74% en vivendas con entre 20 e 49 anos de antigüidade, o 15,58% en vivendas con entre 10 e 19 anos e o 1,93% restante, en vivendas con menos de 10 anos dende a construción.

No tocante ao tipo de edificio, case a metade (49,13%) eran vivendas unifamiliares (independentes ou acaroadas). Os pisos ou apartamentos que formaban parte de edificios con 10 ou máis vivendas supoñían o 31,71% do total de vivendas, mentres que os situados en edificacións máis pequenas (menos de 10 vivendas) conformaban o 19,13% do total.

A superficie media das vivendas galegas era de 109 metros cadrados en 2020. Ademais, o 23,04% contaba cunha superficie superior aos 120 metros cadrados.


Fogares segundo a clase de vivenda e o tipo de edificio. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Porcentaxe Número
Vivenda unifamiliar independente 40,35 431.265
Vivenda unifamiliar acaroada 8,78 93.795
Piso ou apartamento nun edificio con menos de 10 vivendas 19,13 204.466
Piso ou apartamento nun edificio con 10 ou máis vivendas 31,71 338.900
Outro tipo 0,04 457
Total 100,00 1.068.882
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

Nota: “Outro tipo” inclúe: as vivendas situadas nun edificio destinado principalmente a outros fins (colexio, oficina, taller) e as usadas como aloxamento fixo tales como chabola, cabana…

   

Fogares segundo a antigüidade da vivenda. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Porcentaxe Número
Menos de 5 anos 0,34 3.636
De 5 a 9 anos 1,59 17.038
De 10 a 19 anos 15,58 166.540
De 20 a 49 anos 47,74 510.236
De 50 ou máis anos 34,75 371.432
Total 100,00 1.068.882
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


O 61,36% dos fogares galegos residía en vivendas que eran da súa propiedade e non estaban suxeitas a hipoteca en 2020, mentres que os fogares con vivenda en propiedade e con hipoteca supoñían o 17,11% e os fogares con vivendas en aluguer o 14,81%.

Os gastos totais da vivenda supoñían unha carga pesada para o 40,56% dos fogares galegos no ano 2020. Esta porcentaxe era maior entre os fogares que tiñan a vivenda en aluguer (54,06%) e menor entre os fogares coa vivenda cedida ou con outro réxime de tenza (33,3%).


Fogares segundo o réxime de tenza da vivenda. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Porcentaxe Número
En propiedade sen hipoteca 61,36 655.849
En propiedade con hipoteca 17,11 182.862
En aluguer 14,81 158.335
Cedida e outro 6,72 71.835
Total 100,00 1.068.882
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

   

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


Equipamentos, instalacións e servizos

No ano 2020 o 99,63% dos fogares de Galicia dispoñía de auga quente nas súas vivendas (1.064.956 fogares) e o 75,48% dispoñía de calefacción (806.768 fogares).

O 34,58% dos fogares que dispoñían de auga quente na súa vivenda utilizaba o propano/butano para quentar a auga. As seguintes fontes de enerxía máis utilizadas para esta finalidade eran a electricidade (23,8%), o gas natural (22,82%) e o gasóleo (18,75%).

Para o sistema de calefacción, a fonte de enerxía máis habitual era o gasóleo, que o empregaba o 34% dos fogares que dispoñían de instalación de calefacción na súa vivenda. A continuación atopábanse o gas natural (25,34%), a electricidade (25,18%) e a biomasa (14,04%).


Fogares segundo as fontes de enerxía que empregan para quentar a auga. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Incidencia Número
Solar 0,72 7.645
Biomasa (madeira e derivados) 4,23 45.002
Xeotérmica 0,31 3.258
Electricidade 23,80 253.497
Gasóleo 18,75 199.725
Gas natural 22,82 243.073
Propano/butano 34,58 368.233
Outra 0,21 2.254
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

   

Fogares segundo as fontes de enerxía que empregan para a calefacción. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Incidencia Número
Solar 0,25 2.029
Biomasa (madeira e derivados) 14,04 113.269
Xeotérmica 0,53 4.269
Electricidade 25,18 203.171
Gas natural 25,34 204.474
Gasóleo 34,00 274.264
Propano/butano 6,42 51.776
Outra 0,29 2.303
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


En relación aos servizos exteriores da vivenda, o 84,84% dos fogares tiña conexión pública de augas residuais na súa vivenda e unha porcentaxe moi similar (84,53%) conexión á rede pública de auga potable.

Aínda que a práctica totalidade dos fogares dispoñía de servizo de recollida de lixo nun contorno inmediato a súa vivenda (97,4%), a porcentaxe de fogares que dispoñía de servizo de recollida selectiva de lixo baixaba ata o 82,24%.

O 60,3% dos fogares de Galicia dispoñía en 2020 dun centro de saúde ou ambulatorio públicos a unha distancia aproximada de 15 minutos a pé da súa vivenda e o 36,93% utilizando algún medio de transporte (o 16,46% tiña a posibilidade de usar o transporte público e o 20,47% non dispoñía desta posibilidade). O 2,77% restante non contaba cun centro de saúde ou ambulatorio a unha distancia aproximada de 15 minutos da súa vivenda.

Por outra banda, o 56,72% dos fogares tiña acceso a unha gardería pública a unha distancia de 15 minutos a pé da súa vivenda, o 17,1% utilizando algún medio de transporte público, o 19,9% utilizando algún medio de transporte privado e o 6,28% restante non tiña acceso a este servizo a unha distancia igual ou inferior a 15 minutos.

   

Fogares que dispoñen de determinados servizos exteriores na vivenda. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Incidencia Número
Terraza, patio ou xardín 65,77 702.988
Terraza, patio ou xardín individual ou privado 59,67 637.820
Terraza, patio ou xardín público ou comunitario 8,59 91.844
Tendedeira 76,70 819.830
Conexión pública de augas residuais (rede de sumidoiros) 84,84 906.832
Saneamento individual ou outros 19,20 205.233
Conexión á rede pública de auga potable 84,53 903.543
Abastecemento de auga comunitario ou individual 21,32 227.838
Recollida de lixo nun contorno inmediato á súa vivenda 97,40 1.041.136
Recollida selectiva de lixo 82,24 879.066
Recollida de vidro 71,32 762.338
Recollida de plásticos, metálicos (latas…) 80,78 863.401
Recollida de papel e cartón 71,24 761.477
Iluminación pública exterior 98,90 1.057.129
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


Fogares segundo a accesibilidade a determinados servizos nunha distancia de aproximadamente 15 minutos. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
A pé Nalgún medio de transporte    Con posibilidade de transporte público    Sen posibilidade de transporte público Non dispoñen Total
Centro de saúde ou ambulatorio públicos 60,30 36,93 16,46 20,47 2,77 100
Farmacia 69,81 28,09 10,29 17,80 2,10 100
Gardería pública 56,72 37,00 17,10 19,90 6,28 100
Centro público que imparte educación infantil 64,25 32,30 16,64 15,65 3,45 100
Centro público que imparte educación primaria 64,27 32,61 17,20 15,41 3,12 100
Centro público que imparte ESO 57,56 36,85 20,52 16,33 5,60 100
Centro público que imparte bacharelato 52,38 37,96 21,21 16,75 9,65 100
Centro público que imparte formación profesional 46,10 41,10 24,29 16,81 12,80 100
Biblioteca pública 51,65 41,90 21,25 20,64 6,46 100
Oficina de correos 54,02 40,59 19,31 21,27 5,40 100
Parada de autobús 75,49 20,53 5,43 15,10 3,98 100
Estación de tren 26,85 38,18 22,96 15,22 34,97 100
Instalacións deportivas de titularidade pública 57,50 38,26 18,17 20,10 4,23 100
Centros sociais de ocio públicos (culturais, da terceira idade, ludotecas…) 61,95 33,85 14,53 19,32 4,20 100
Espazos abertos de ocio (parques…) 72,78 25,22 9,05 16,17 2,01 100
Tenda de comestibles 71,01 26,72 9,40 17,32 2,27 100
Venda de prensa 67,23 29,67 10,96 18,71 3,10 100
Banco, caixa de aforros, caixeiro 62,92 33,54 12,99 20,55 3,54 100
Bar ou cafetería 78,08 20,47 6,56 13,90 1,45 100
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


Nivel de satisfacción coa vivenda e o seu contorno físico e social


Fogares con determinados problemas na vivenda. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Incidencia Número
Falta de espazo 8,49 90.758
Ruídos (tráfico, negocios, veciños…) 12,55 134.157
Ruídos producidos polos veciños 4,92 52.591
Ruídos procedentes do exterior (tráfico, negocios…) 10,24 109.466
Vibracións 4,30 45.987
Luz natural insuficiente nalgunha habitación 7,25 77.547
Deficiencias de illamento térmico ou acústico 14,21 151.844
Goteiras 4,28 45.740
Humidades 22,24 237.705
Podremia en solos ou en ventás 2,43 25.957
Deficiencias na instalación eléctrica da vivenda 3,14 33.613
Deficiencias da instalación de fontanería da vivenda 3,51 37.569
Subministro deficiente de enerxía eléctrica 3,42 36.523
Subministro deficiente de auga 2,98 31.805
Contaminación, sucidade ou outros problemas pola industria ou o tráfico 3,31 35.408
Deficiente acceso a internet 13,93 148.860
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

   

En 2020 o 70,73% dos fogares galegos estaba satisfeito coa súa vivenda e o 21,43% moi satisfeito. A porcentaxe de fogares moi insatisfeitos coa súa vivenda situábase no 0,75%.

Entre os problemas máis habituais sufridos polas vivendas atopábanse as humidades e as deficiencias de illamento térmico e acústico, que afectaban ao 22,24% e ao 14,21% dos fogares galegos en 2020, respectivamente.


Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


O 12,55% dos fogares manifestou que sufría problemas de ruído na vivenda. As causas máis habituais destes problemas de ruído eran por mor do tráfico terrestre (60,48%) e dos veciños e das veciñas (39,2%).

Por outra banda, o 6,41% dos fogares tiña problemas de cheiros na vivenda. Neste caso, entre as causas máis habituais atopábanse a canalización e saneamento (45,5%) e as explotacións agrogandeiras (21,32%).


Fogares con problemas de ruído na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Porcentaxe Número
Tráfico terrestre 60,48 81.143
Tráfico aéreo 2,85 3.821
Veciños 39,20 52.591
Orixe animal 8,43 11.307
Orixe mecánica (obras, canteiras, minas…) 8,51 11.421
Actividades comerciais e de ocio 16,10 21.603
Reunións informais urbanas (botellón…) 7,11 9.539
Outra 0,45 608
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

   

Fogares con problemas de cheiros na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Incidencia Número
Fumes, tabaco 12,67 8.675
Canalización, saneamento 45,50 31.164
Explotacións agrogandeiras 21,32 14.602
Explotacións acuícolas 0,92 632
Industrias (alimentarias, conserveiras, talleres…) 10,16 6.957
Comercios (supermercados, peixarías…) 0,55 379
Colectores de residuos 5,13 3.512
Vertedoiros 6,80 4.659
Outra 8,38 5.742
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


Fogares segundo os aspectos que producen un impacto negativo na paisaxe do contorno da vivenda. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Incidencia Número
Edificacións ruinosas ou con deficiente mantemento 27,32 35.718
Edificacións e urbanización inacabadas ou soar abandonado 22,33 29.190
Tamaño e volume das edificacións inadecuado 5,84 7.640
As cores ou os materiais das construcións 4,39 5.737
Construcións ou instalacións singulares (parques eólicos, infraestruturas, explotacións mineiras, industriais…) 2,42 3.169
Paredes medianeiras vistas 7,22 9.434
Os peches e valados 7,59 9.916
O estado da urbanización (beirarrúa, calzada, mobiliario urbano, graffiti…) 17,32 22.640
A circulación e aparcadoiros de vehículos 14,06 18.384
Os cableados aéreos (electricidade, telefonía…) 12,85 16.802
A mestura de tipos de edificacións (vivendas unifamiliares, bloques de vivendas, naves industriais, talleres…) 7,75 10.126
Deterioración costeira e fluvial (deficiente coidado das ribeiras, abandono de embarcacións…) 4,90 6.400
Ocupación dos espazos costeiros e fluviais naturais por zonas urbanizadas (paseo, área recreativa…) 2,29 2.988
A mala conservación do patrimonio cultural (monumentos, conxuntos históricos, restos arqueolóxicos, espazos protexidos…) 9,02 11.787
O abandono da terra coa conseguinte xeración de maleza e arboredo espontáneo 19,55 25.555
Determinadas explotacións forestais ou de cultivos pola situación ou pola especie 5,09 6.656
Abandono de obxectos, vehículos, outros materiais… 9,75 12.745
Ningún 45,62 59.638
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

   

O 45,62% dos fogares de Galicia manifestou non haber ningún aspecto que producise un impacto negativo na paisaxe do contorno da súa vivenda. De feito, o 87,67% dos fogares galegos estaba satisfeito ou moi satisfeito coa paisaxe do seu contorno.

Porén, no contorno da vivenda do 27,32% dos fogares existían edificacións ruinosas que provocaban un impacto negativo na paisaxe.

 

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


Cambios de vivenda dos fogares

En 2020 o 54,46% dos fogares galegos levaba residindo na mesma vivenda 20 ou máis anos, o 22,04% entre 10 e 19 anos, o 10,93% entre 5 e 9 anos e o 12,59% restante menos de 5 anos.

O 24,16% dos fogares que mudaron de vivenda nos últimos 5 anos fixérono para cambiar a unha vivenda mellor. Outras das razóns principais do cambio son a formación dun novo fogar (17,76%), por motivos laborais (14,46%) e por motivos familiares (14,31%).


Fogares segundo o número de anos que levan residindo na vivenda. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Porcentaxe Número
Menos de 5 anos 12,59 134.529
De 5 a 9 anos 10,93 116.782
De 10 a 19 anos 22,04 235.540
De 20 a 29 anos 18,10 193.442
De 30 a 39 anos 11,49 122.806
De 40 a 49 anos 10,46 111.794
50 ou máis anos 14,41 153.989
Total 100,00 1.068.882
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

   

Fogares que cambiaron de vivenda nos últimos 5 anos segundo a razón principal do cambio. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de fogares
Porcentaxe Número
Mellor vivenda (máis nova, máis grande, mellor equipada, zona con mellores servizos) 24,16 32.506
Adquiriu esta vivenda en propiedade ou cedéronlla 14,13 19.005
Esta vivenda é máis económica 10,69 14.380
Motivos de traballo dalgún dos membros do fogar, mellorar as posibilidades de atopar traballo ou montar un negocio 14,46 19.451
Motivos familiares (ter familia que vive na zona…) 14,31 19.247
Por formación do fogar (matrimonio, vida en parella, emancipación…) 17,76 23.888
Outra razón 4,50 6.051
Total 100,00 134.529
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


En 2020, uns 39.481 núcleos familiares manifestaron necesitar un cambio de vivenda principal. O 40,09% eran núcleos unipersoais, o 30,76% eran parellas con fillos e o 15,69% eran parellas sen fillos.

O 38,83% dos núcleos manifestou necesitar un cambio de vivenda por mor do tamaño da que estaban a habitar, o 22,24% dos núcleos quería cambiar de vivenda debido á formación dun novo fogar e o 18,79% necesitaban cambiar polas malas condicións de habitabilidade da vivenda que estaban a ocupar neste ano.


Núcleos que necesitan cambiar de vivenda principal segundo a tipoloxía do núcleo. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de núcleos
Porcentaxe Número
Unipersoal 40,09 15.827
Parella con fillos 30,76 12.145
Parella sen fillos 15,69 6.196
Monoparental 8,54 3.370
Outra 4,92 1.943
Total 100,00 39.481
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)

Nota: “Outra” inclúe “Sen núcleo”, “Un núcleo e outros” e “Varios núcleos”.

   

Núcleos que necesitan cambiar de vivenda principal segundo as razóns. Galicia. Ano 2020
Unidade: Porcentaxe, número de núcleos
Porcentaxe Número
Tamaño (maior, menor…) 38,83 15.330
Condicións de habitabilidade (mal estado…) 18,79 7.419
Accesibilidade (falta de ascensor…) 11,93 4.710
Localización (zona sen servizos, distante, para estar cerca da familia…) 15,39 15
Traballo (cambio, busca…) 12,74 5.029
Económica (máis barata, cambio no réxime de tenza…) 18,48 7.294
Formación de fogar (emancipación, matrimonio, vida en parella, separación, divorcio…) 22,24 8.782
Outra 1,62 639
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa estrutural a fogares. Vivendas familiares: características e medio