O obxectivo central da operación estatística Contas das sociedades mercantís de Galicia é ordenar, agregar e difundir a información económico-financeira das empresas con sede social en Galicia, para un mellor coñecemento da súa actividade en termos contables. Ademais deste, a operación tamén buscar proporcionar información detallada que permita:
A información para a elaboración desta operación procede das contas anuais que as empresas están obrigadas a presentar nos Rexistros Mercantís. O IGE recibe esta información da base de datos Sistema de Análisis de Balances Ibéricos (SABI) a través da empresa Informa.
Investígase ao conxunto das empresas que presentan as súas contas de resultados nos Rexistros Mercantís de Galicia. Quedan fóra da investigación:
A operación estatística Contas das sociedades mercantís de Galicia substitúe a outra operación previa, os Indicadores do sector empresarial. A xustificación desta substitución atópase en que a base de datos que se emprega na elaboración de ambas ampliouse nos últimos anos e agora permite ofrecer a información das contas económicas das sociedades mercantís en valores absolutos, no canto de por medio de indicadores como se fixera ata o momento da substitución.
No ano 2022,
46.414
sociedades mercantís
presentaron as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia. A
meirande parte destas teñen a sede social na provincia da Coruña (o
39,3%
das empresas que presentaron as contas) e na de
Pontevedra (38,2%).
O activo das empresas con sede en Galicia ascende a 161.059
millóns de euros. No ano 2022
o importe neto da cifra de
negocios destas empresas situouse nos 131.626
millóns de
euros e xeraron un valor engadido de 29.803
millóns de
euros. Os gastos de persoal, pola súa banda, situáronse nos
15.361
millóns de euros.
Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís.
Galicia e provincias. Ano 2022
Unidade:
número de empresas, millóns de euros
Variables | Galicia | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
---|---|---|---|---|---|
Número de empresas | 46.414 | 18.219 | 5.756 | 4.701 | 17.738 |
Total activo | 161.059 | 104.898 | 8.032 | 8.741 | 39.388 |
Importe neto da cifra de negocios | 131.626 | 71.266 | 7.328 | 7.556 | 45.476 |
Gastos de persoal | 15.361 | 8.003 | 1.057 | 1.028 | 5.273 |
Resultado de explotación | 10.546 | 7.675 | 502 | 472 | 1.896 |
Valor engadido | 29.803 | 17.621 | 1.859 | 1.787 | 8.536 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
As empresas con sede social na provincia da Coruña aglutinan o
65,1%
do activo total das sociedades mercantís que
presentaron as contas no ano 2022.
Se nos fixamos na
variable “importe neto da cifra de negocios”, as empresas da provincia
da Coruña xeraron o 54,1%
do importe neto da cifra de
negocios total.
Número de empresas con rexistros válidos segundo o tamaño da
empresa. Galicia
Unidade: número de empresas
Tamaño | 2021 | 2022 |
---|---|---|
Total | 49.209 | 46.414 |
Micro (Cifra de negocio <2 millóns de euros) | 44.734 | 41.425 |
Pequena (Cifra de negocio 2-10 millóns de euros) | 3.448 | 3.813 |
Mediana-Grande (Cifra de negocio >10 millóns de euros) | 1.027 | 1.176 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
O 89,3%
das sociedades mercantís que depositaron as súas
contas nos Rexistros Mercantís de Galicia no ano 2022
teñen
a consideración de microempresas; isto é, obtiveron unha cifra de
negocio inferior aos 2 millóns de euros. O 8,2%
agrúpase
dentro da categoría de “pequena” empresa, ao xerar unha cifra de negocio
de entre 2 e 10 millóns de euros anuais. E o 2,5%
restante,
é dicir, as empresas cuxo importe da cifra de negocios supera os 10
millóns de euros, teñen a consideración de mediana e gran empresa.
Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís
segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2022
Unidade: número de empresas, millóns de euros
Variables | Total | Micro | Pequena | Mediana-grande |
---|---|---|---|---|
Número de empresas | 46.414 | 41.425 | 3.813 | 1.176 |
Total activo | 161.059 | 32.142 | 18.443 | 110.474 |
Importe neto da cifra de negocios | 114.960 | 13.537 | 15.710 | 85.713 |
Gastos de persoal | 14.985 | 4.052 | 3.056 | 7.877 |
Resultado de explotación | 8.920 | 783 | 964 | 7.173 |
Valor engadido | 29.803 | 5.706 | 4.590 | 19.507 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga
da táboa)
Nota: as microempresas son aquelas cuxa cifra
de negocio non chega aos 2 millóns de euros anuais; o termo “pequena”
empresa aglutina ás que teñen unha cifra de negocio anual de entre 2 e
10 millóns de euros; e as medianas e grandes empresas son aquelas que
superan os 10 millóns de euros de cifra de negocio anual.
A pesar de representaren o 89,3%
das sociedades mercantís
de Galicia, as microempresas achegaron o 11,8%
do importe
neto da cifra de negocios no ano 2022
(uns
13.537
millóns de euros), fronte ao 74,6%
das
medianas e grandes empresas (85.713
millóns de euros). Se
nos fixamos na variable “gastos de persoal”, a diferenza entre ambas
tipoloxías de empresas non é tan acusada; no ano 2022
situáronse nos 4.052
millóns de euros no caso das
microempresas e nos 7.877
para as medianas e grandes
empresas.
O 65,5%
do valor engadido das sociedades mercantís que
presentaron as súas contas anuais en Galicia no 2022
foi
xerado por medianas e grandes empresas; o 19,1%
por
microempresas e o 15,4%
restante por pequenas empresas.
Importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís
segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
O importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís que
presentaron as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia
tanto en 2021
como en 2022
incrementouse
un 29,8%.
A evolución das
restantes variables que se presentan na táboa anexa tamén foi positiva
entre estes dous exercicios: os gastos de persoal
incrementáronse
un 12,5%,
o resultado de
explotación aumentou
un 25,7%,
entre
2021
e 2022,
o valor engadido
incrementouse
un 16,9%
e o activo total
incrementouse
un 8%,
entre ambos os dous
períodos.
Evolución das principais variables das contas anuais das
sociedades mercantís, en base homoxénea. Galicia
Unidade: taxa de variación interanual (%)
Variables | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
---|---|---|---|---|---|---|
Total activo | 3,8 | 10,9 | 11,6 | 3,3 | 5,0 | 8,0 |
Importe neto da cifra de negocios | 7,8 | 12,0 | 5,6 | -15,0 | 16,8 | 29,8 |
Gastos de persoal | 6,5 | 7,2 | 6,0 | -5,3 | 11,8 | 12,5 |
Resultado de explotación | 9,4 | 106,5 | 6,0 | -60,8 | 7,9 | 25,7 |
Valor engadido | 7,3 | 45,9 | 21,9 | -44,1 | 11,4 | 16,9 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
Se nos centramos na variable “importe neto da cifra de negocios” e analizamos a súa evolución a máis longo prazo, obsérvase que, despois de tres anos de caída, a variable recuperou a senda do crecemento en 2014. En 2019 apréciase un cambio de tendencia xa que, aínda que a súa evolución segue sendo positiva, o ritmo de crecemento diminúe respecto ao 2018. No ano 2020 rexistrouse unha diminución da cifra de negocios das sociedades mercantís con actividade en Galicia, para volver á senda de crecemento ao ano seguinte, no 2021. Hai que apuntar, non obstante, que a diminución rexistrada no ano 2020, tanto no caso da cifra de negocios das sociedades mercantís, como no caso das restantes variables presentadas na táboa anterior, tivo moito que ver coa paralización da actividade económica derivada da pandemia da COVID-19.
1Para realizar as comparacións anuais deste apartado só se teñen en conta as sociedades mercantís que presentaron as súas contas nos Rexistros Mercantís en dous anos consecutivos.
Evolución do importe neto da cifra de negocios das sociedades
mercantís (comparativa en base homoxénea). Galicia
Unidade: taxa de variación interanual (%)
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)