O obxectivo central da operación estatística Contas das sociedades mercantís de Galicia é ordenar, agregar e difundir a información económico-financeira das empresas con sede social en Galicia, para un mellor coñecemento da súa actividade en termos contables. Ademais deste, a operación tamén buscar proporcionar información detallada que permita:
A información para a elaboración desta operación procede das contas anuais que as empresas están obrigadas a presentar nos Rexistros Mercantís. O IGE recibe esta información da base de datos Sistema de Análisis de Balances Ibéricos (SABI) a través da empresa Informa.
Investígase ao conxunto das empresas que presentan as súas contas de resultados nos Rexistros Mercantís de Galicia. Quedan fóra da investigación:
A operación estatística Contas das sociedades mercantís de Galicia substitúe a outra operación previa, os Indicadores do sector empresarial. A xustificación desta substitución atópase en que a base de datos que se emprega na elaboración de ambas ampliouse nos últimos anos e agora permite ofrecer a información das contas económicas das sociedades mercantís en valores absolutos, no canto de por medio de indicadores como se fixera ata o momento da substitución.
No ano 2018,
48.285
sociedades mercantís presentaron as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia. A meirande parte destas teñen a sede social na provincia da Coruña (o 38,9%
das empresas que presentaron as contas) e na de Pontevedra (38,1%).
O activo das empresas con sede en Galicia ascende a 105.077
millóns de euros. No ano 2018
o importe neto da cifra de negocios destas empresas situouse nos 68.712
millóns de euros e xeraron un valor engadido de 18.295
millóns de euros. Os gastos de persoal, pola súa banda, situáronse nos 10.535
millóns de euros.
Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís. Galicia e provincias. Ano 2018
Unidade: número de empresas, millóns de euros
Variables | Galicia | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra |
---|---|---|---|---|---|
Número de empresas | 48.285 | 18.773 | 6.079 | 5.044 | 18.389 |
Total activo | 105.077 | 60.142 | 7.276 | 7.476 | 30.183 |
Importe neto da cifra de negocios | 68.712 | 28.302 | 5.532 | 5.465 | 29.413 |
Gastos de persoal | 10.535 | 4.647 | 869 | 801 | 4.217 |
Resultado de explotación | 4.923 | 3.155 | 280 | 265 | 1.222 |
Valor engadido | 18.295 | 9.055 | 1.433 | 1.301 | 6.507 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
As empresas con sede social na provincia da Coruña aglutinan o 57,2 %
do activo total das sociedades mercantís que presentaron as contas no ano 2018.
Non obstante, se nos fixamos na variable “importe neto da cifra de negocios”, son as empresas da provincia de Pontevedra as que xeraron un maior importe en 2018
(o 42,8 %
do importe neto da cifra de negocios total).
Número de empresas con rexistros válidos segundo o tamaño da empresa. Galicia
Unidade: número de empresas
Tamaño | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Total | 46.241 | 46.272 | 47.066 | 49.294 | 47.337 | 51.063 | 48.285 |
Micro (Cifra de negocio <2 millóns de euros) | 42.912 | 43.170 | 43.837 | 45.767 | 43.845 | 47.295 | 44.268 |
Pequena (Cifra de negocio 2-10 millóns de euros) | 2.657 | 2.443 | 2.561 | 2.794 | 2.785 | 2.984 | 3.142 |
Mediana-Grande (Cifra de negocio >10 millóns de euros) | 672 | 659 | 668 | 733 | 707 | 784 | 875 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
O 91,7%
das sociedades mercantís que depositaron as súas contas nos Rexistros Mercantís de Galicia no ano 2018
teñen a consideración de microempresas; isto é, obtiveron unha cifra de negocio inferior aos 2 millóns de euros. O 6,5%
agrúpanse dentro da categoría de “pequena” empresa, ao xerar unha cifra de negocio de entre 2 e 10 millóns de euros anuais. E o 1,8%
restante, é dicir, as empresas cuxo importe da cifra de negocios supera os 10 millóns de euros, teñen a consideración de mediana e gran empresa.
A pesar de representaren o 91,7%
das sociedades mercantís de Galicia, as microempresas achegaron o 17,9%
do importe neto da cifra de negocios no ano 2018
(uns 12.315
millóns de euros), fronte ao 63,4%
das medianas e grandes empresas (43.554
millóns de euros). Se nos fixamos na variable “gastos de persoal”, a diferenza entre ambas tipoloxías de empresas non é tan acusada; así, tanto as microempresas como as medianas e grandes empresas tiveron uns gastos de persoal similares no ano 2018;
concretamente, de 3.712
millóns de euros no primeiro caso e 4.275
no segundo caso.
O 51,4%
do valor engadido das sociedades mercantís que presentaron as súas contas anuais en Galicia no 2018
foi xerado por medianas e grandes empresas; o 27,5%
por microempresas e o 21%
restante por pequenas empresas.
Principais variables das contas anuais das sociedades mercantís segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2018
Unidade: número de empresas, millóns de euros
Variables | Total | Micro | Pequena | Mediana-grande |
---|---|---|---|---|
Número de empresas | 48.285 | 44.268 | 3.142 | 875 |
Total activo | 105.077 | 31.071 | 15.740 | 58.266 |
Importe neto da cifra de negocios | 68.712 | 12.315 | 12.843 | 43.554 |
Gastos de persoal | 10.535 | 3.712 | 2.548 | 4.275 |
Resultado de explotación | 4.923 | 483 | 717 | 3.723 |
Valor engadido | 18.295 | 5.034 | 3.849 | 9.412 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
Nota: as microempresas son aquelas cuxa cifra de negocio non chega aos 2 millóns de euros anuais; o termo “pequena” empresa aglutina ás que teñen unha cifra de negocio anual de entre 2 e 10 millóns de euros; e as medianas e grandes empresas son aquelas que superan os 10 millóns de euros de cifra de negocio anual.
Importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís segundo o tamaño da empresa. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
O importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís que presentaron as súas contas anuais nos Rexistros Mercantís de Galicia tanto en 2017
como en 2018
incrementouse
un 6%.
A evolución das restantes variables que se presentan na táboa anexa tamén foi positiva entre estes dous exercicios: o activo total incrementouse
un 5%,
os gastos de persoal incrementáronse
un 6,9%,
o resultado de explotación aumentou
un 19,9%,
entre 2017
e 2018
e o valor engadido incrementouse
un 11,3%.
Se nos centramos na variable "importe neto da cifra de negocios" e analizamos a súa evolución a máis longo prazo, obsérvase que, despois de tres anos de caída, a variable recuperou a senda do crecemento en 2014 e, aínda que no último ano rexistrou unha leve caída respecto ao 2017,
a súa evolución segue a ser positiva.
1Para realizar as comparacións anuais deste apartado só se teñen en conta as sociedades mercantís que presentaron as súas contas nos Rexistros Mercantís en dous anos consecutivos.
Evolución das principais variables das contas anuais das sociedades mercantís, en base homoxénea. Galicia
Unidade: taxa de variación interanual (%)
Variables | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
---|---|---|---|---|---|---|
Total activo | -2,2 | 0,1 | 4,4 | 3,4 | 4,0 | 5,0 |
Importe neto da cifra de negocios | -0,6 | 2,5 | 4,9 | 3,5 | 6,9 | 6,0 |
Gastos de persoal | -2,5 | 1,6 | 4,3 | 5,2 | 6,0 | 6,9 |
Resultado de explotación | -5,6 | 45,9 | 38,3 | 9,8 | 16,9 | 19,9 |
Valor engadido | 4,1 | 31,4 | 11,8 | 5,2 | 5,6 | 11,3 |
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)
Evolución do importe neto da cifra de negocios das sociedades mercantís (comparativa en base homoxénea). Galicia
Unidade: taxa de variación interanual (%)
Fonte: IGE. Contas das sociedades mercantís de Galicia (descarga da táboa)