As Contas económicas anuais son unha estatística de síntese de carácter estrutural. O seu obxectivo é ofrecer ao usuario unha representación cuantificada da realidade económica galega, completa, sistemática, sinxela e detallada.
Esta actividade segue as liñas metodolóxicas establecidas para o conxunto dos Estados membros da Unión Europea polo Regulamento do Sistema Europeo de Contas (SEC 2010).
Ofrece información do cadro macroeconómico de Galicia desde o ano 1995 e achega información desagregada para 72 sectores económicos desde o ano 2000. Dentro das súas utilidades están:
A “Revisión Estatística 2019” (RE19) é unha revisión extraordinaria regular das contas económicas realizada por criterios estatísticos: incorporación de novas fontes de información, mellora nos procedementos internos de estimación e homoxeneización de criterios de estimación de determinadas variables. Coa implantación desta Revisión, Galicia cumpre coas recomendacións de Eurostat e garante a comparabilidade dos seus datos cos das economías da súa contorna.
A estimación do PIB pola vía da oferta permite coñecer que sectores produtivos contribúen á xeración de valor engadido en Galicia.
O sector servizos achega o 62,8% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia no ano 2017. Este sector é cada vez máis relevante no PIB: pasou de achegar o 56,4% do PIB en 1995 ao 62,8% no ano 2017.
O sector industrial achega o 16,1%, o sector primario 5%, a construción un 6,6% e os impostos netos sobre os produtos un 9,6%.
Distribución do PIB pola vía da oferta
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Distribución do PIB pola vía da demanda
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
A estimación do PIB pola vía da demanda permite coñecer a achega da demanda interna (gasto en consumo final e formación bruta de capital –investimentos-) xunto coa demanda exterior.
O gasto en consumo final, que inclúe tanto o realizado polos fogares como polas Administracións públicas e ISFLSF, representa o 85,3% do PIB. O investimento representa o 16,3%.
Distribución do PIB pola vía das rendas
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Pola vía das rendas o PIB expresa a remuneración dos factores produtivos: traballo (remuneración de asalariados), capital (excedente de explotación bruto) e o pagamento de impostos. Dentro do excedente de explotación bruto recóllese tamén a renda mixta, que é a remuneración do traballo autónomo. A remuneración dos asalariados achega o 43,8% do PIB no ano 2017, mentres o excedente de explotación bruto achega o 46,1%.
As contas económicas anuais ofrecen un alto nivel de detalle sectorial, polo que é posible afondar no coñecemento da estrutura produtiva de Galicia analizando as ramas de actividade que a forman.
No ano 2017 o 73% do emprego da economía galega está centrada no sector servizos, no sector da industria e enerxía concéntrase o 13,2%, no sector primario o 7,2% e na construción o 6,6% restante. En termos de VEB os servizos achegan o 62,8% do PIB, teñen un valor elevado do ratio remuneración de asalariados sobre valor engadido, é dicir, a participación das rendas salariais na xeración de valor é elevada.
A maior produtividade do factor traballo está no sector secundario. Industria e enerxía achegan o 16,1% do PIB en 2017, e a participación das rendas salariais é do 49,5%.
No sector primario a produtividade do traballo é inferior á media da economía e a participación do traballo asalariado é baixo no valor engadido. Neste sector a presenza do traballo por conta propia é elevado.
Estrutura da economía galega a catro grandes sectores. Ano 2017
Unidade: porcentaxe (%), euros
Sector | Distribución do PIB | Distribución do emprego (postos de traballo) | Produtividade (VEB/Horas efectivas) (euros) | Remuneración de asalariados/VEB (%) |
---|---|---|---|---|
Sector primario | 5,0 | 7,2 | 15,9 | 22,5 |
Industria e enerxía | 16,1 | 13,2 | 37,9 | 49,5 |
Construción | 6,6 | 6,6 | 30,1 | 40,8 |
Servizos | 62,8 | 73,0 | 27,5 | 51,0 |
Impostos netos sobre os produtos |
9,6 | |||
Total economía | 100,0 | 100,0 | 30,9 | 43,8 |
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. Descarga das táboas:(distribución do PIB,distribución do emprego)
As Contas Económicas anuais ofrecen información de catro ramas de actividade dentro do sector primario. Este sector emprega a 80.311 postos de traballo, dos cales máis da metade son da rama da agricultura e gandería. No sector da pesca e acuicultura hai 22.150 postos de traballo.
Neste sector a remuneración de asalariados representa o 22,5% do VEB xerado, porque a taxa de asalarización é baixa, como se aprecia especialmente na rama R01 “Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con ela”. Por outra banda, a produtividade do traballo é inferior á da economía.
Estrutura do sector primario galego. Ano 2017
Ramas de actividade | VEB (miles de euros) | VEB (% sobre total sector) | EMPREGO (postos de traballo) | EMPREGO (% sobre total sector) | Produtividade (VEB/Horas efectivas) (euros) | Remuneración de asalariados/VEB (%) |
---|---|---|---|---|---|---|
R01 Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas | 1.862.488 | 62,9 | 49.698 | 61,9 | 14,0 | 13,9 |
R02 Silvicultura e explotacion forestal | 409.087 | 13,8 | 8.463 | 10,5 | 26,6 | 25,4 |
R03 Pesca | 687.569 | 23,2 | 22.150 | 27,6 | 17,9 | 44,2 |
|
510.625 | 17,3 | 16.929 | 21,1 | 16,8 | 52,0 |
|
176.944 | 6,0 | 5.221 | 6,5 | 22,4 | 21,8 |
TOTAL PRIMARIO | 2.959.144 | 100,0 | 80.311 | 100,0 | 15,9 | 22,5 |
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Comparando o ano 2017 co inicio da serie contable, ano 2000, vemos como se incrementa a presenza da agricultura e gandaría no sector primario galego en termos de VEB, pero non en termos de emprego. A “Pesca e acuicultura” evolucionan de forma oposta: perden peso dentro do sector en termos de VEB pero gáñano en termos de emprego. No caso da “Silvicultura e explotación forestal” o máis relevante é o incremento do emprego, tanto en termos relativos como absolutos.
Distribución do emprego do sector primario.
Unidade: porcentaxe sobre o total do sector(%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa))
Distribución do VEB do sector primario.
Unidade: porcentaxe sobre o total do sector(%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Dentro do sector industrial distinguimos dous grandes bloques: o sector enerxético (que se corresponde coas seccións B, D, E da CNAE-09) e a industria manufactureira. A composición interna do sector industrial sufriu modificacións dende o ano 2000: a enerxía achegaba nese ano o 22,7% do VEB xerado, mentres en 2017 pasa a representar o 25,2% do total. En termos de emprego a industria manufactureira é máis relevante, e en 2017 o 89,9% dos empregos do sector secundario proveñen da industria manufactureira.
Distribución do emprego no sector da Industria e enerxía.
Unidade: porcentaxe sobre o total do sector (%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Distribución do VEB no sector da Industria e enerxía.
Unidade: porcentaxe sobre o total do sector (%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Este subsector está composto por 26 ramas de actividade na difusión das Contas económicas anuais.
A composición da industria manufactureira pon de manifesto a relevancia da fabricación de vehículos automóbiles en Galicia. Esta rama de actividade achega un valor engadido bruto de 976 millóns de euros en 2017, o que supón o 13,7% do total da industria manufactureira galega. O emprego nesta rama de actividade é de 14.612 postos de traballo.
Esta publicación pon o foco en sectores senlleiros da economía galega e ofrece unha información moi desagregada. Un exemplo témolo nas seis ramas da industria alimentaria das que ofrece información as “Contas económicas anuais”. Para analizar a súa relevancia no subsector da industria manufactureira resulta de utilidade tratalas conxuntamente.
Distribución do VEB da industria alimentaria por subramas. Ano 2017
Unidade: porcentaxe sobre o total da industria agroalimentaria(%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
O valor engadido xerado polas seis ramas da industria alimentaria (1.576 millóns de euros) supera a achega do sector do automóbil, e supón a quinta parte do valor xerado pola industria manufactureira. En termos de emprego supoñen o 24,1% e superan os 31.600 postos de traballo.
Dentro da industria alimentaria a participación das seis ramas que a forman en 2017 queda este xeito: a rama da conserva e do conxelado de peixe (R10B) achega o 30,4% do seu VEB, seguida pola fabricación de bebidas (R11) cun 21,1% e as “R10E Outras industrias alimentarias” cun 19,5% do VEB.
Outras industrias relevantes son a fabricación de produtos metálicos (702 millóns de euros), a metalurxia (549 millóns de euros), a industria téxtil, confección, coiro e calzado (476 millóns de euros), as reparacións e instalación de maquinaria e equipamento, que inclúe a reparación naval(409 millóns de euros) e a industria da madeira que achegou 344 millóns de euros de valor engadido á economía galega.
Con respecto ao ano 2000, a composición do subsector da industria manufactureira presenta algúns cambios. A achega das industrias alimentarias ao VEB industrial manufactureiro incrementouse case cinco puntos. A fabricación de vehículos de motor, que en 2000 achegaba o 15,2% do VEB da industria manufactureira, perdeu un punto e medio porcentual e achega o 13,7% do valor engadido xerado pola industria galega en 2017.
A “Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento” e as “Reparación e instalación de maquinaria e equipamento” achegan no ano 2017 un 9,8 e un 5,7% respectivamente, o que supón un incremento da súa relevancia no subsector con respecto ao ano 2000. Tamén gana presenza a rama da Confección de roupa de vestir e industria do coiro e calzado.
A Industria da madeira achega o 4,8% do VEB industrial, e ganou peso interno con respecto a 2000.
Achega ao VEB da industria manufactureira. Ramas con maior achega. Anos 2000 e 2017
Unidade: porcentaxe (%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Estrutura da industria manufactureira galega. Ano 2017
Ramas de actividade | VEB (miles de euros) | VEB (% sobre total sector) | EMPREGO (postos de traballo) | EMPREGO (% sobre total sector) | Produtividade (VEB/Horas efectivas) (euros) | Remuneración de asalariados/VEB (%) |
---|---|---|---|---|---|---|
R10A Procesamento e conservación de carne e elaboración de produtos cárnicos | 253.773 | 3,6 | 4.407 | 3,4 | 28,9 | 45,9 |
R10B Procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos | 478.427 | 6,7 | 11.245 | 8,6 | 24,3 | 63,1 |
R10C Fabricación de produtos lácteos | 137.032 | 1,9 | 2.111 | 1,6 | 37,5 | 48,9 |
R10D Fabricación de produtos para a alimentación animal | 66.611 | 0,9 | 1.330 | 1,0 | 28,9 | 66,5 |
R10E Outras industrias alimentarias | 307.570 | 4,3 | 9.653 | 7,4 | 20,2 | 64,6 |
R11 Fabricación de bebidas | 332.368 | 4,7 | 2.927 | 2,2 | 65,7 | 30,1 |
R12 Industria do tabaco | 0 | 0,0 | 0 | 0,0 | ||
R13 Industria téxtil | 43.976 | 0,6 | 1.709 | 1,3 | 16,7 | 78,9 |
R14_15 Confección de roupa de vestir e industria do coiro e do calzado | 476.413 | 6,7 | 9.595 | 7,3 | 27,0 | 47,7 |
R16 Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría | 343.818 | 4,8 | 7.911 | 6,0 | 25,0 | 66,2 |
R17 Industria do papel | 222.594 | 3,1 | 1.865 | 1,4 | 69,0 | 30,5 |
R18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados | 84.091 | 1,2 | 2.851 | 2,2 | 16,2 | 89,9 |
R19 Coquerías e refino de petróleo | 255.075 | 3,6 | 681 | 0,5 | 207,7 | 31,2 |
R20_21 Industria química e fabricación de produtos farmacéuticos | 274.828 | 3,8 | 2.293 | 1,7 | 70,5 | 36,0 |
R22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos | 206.924 | 2,9 | 3.741 | 2,8 | 32,9 | 59,5 |
R23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos | 231.309 | 3,2 | 6.555 | 5,0 | 20,3 | 88,2 |
R24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes | 548.762 | 7,7 | 4.312 | 3,3 | 77,5 | 35,1 |
R25 Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento | 702.053 | 9,8 | 15.165 | 11,6 | 27,0 | 66,0 |
R26 Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos | 74.731 | 1,0 | 1.012 | 0,8 | 42,9 | 52,9 |
R27 Fabricación de material e equipamento eléctrico | 112.779 | 1,6 | 1.578 | 1,2 | 41,7 | 54,7 |
R28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n. | 214.904 | 3,0 | 4.579 | 3,5 | 27,6 | 76,3 |
R29 Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques | 976.008 | 13,7 | 14.612 | 11,1 | 36,7 | 59,5 |
R30 Fabricación doutro material de transporte | 164.235 | 2,3 | 4.071 | 3,1 | 24,5 | 116,6 |
R31 Fabricación de mobles | 173.340 | 2,4 | 4.812 | 3,7 | 21,1 | 70,2 |
R32 Outras industrias manufactureiras | 52.407 | 0,7 | 1.769 | 1,3 | 17,8 | 66,1 |
R33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento | 409.046 | 5,7 | 10.509 | 8,0 | 22,7 | 87,0 |
TOTAL INDUSTRIA MANUFACTUREIRA | 7.143.074 | 100,0 | 131.293 | 100,0 | 31,4 | 58,4 |
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
No ano 2017 o sector achega o 6,6% do PIB de Galicia e ten 72.837 postos de traballo, isto é, o 6,6% do emprego total da nosa comunidade. Despois do ano 2009, o sector perdeu peso no total da economía galega, tanto en termos de valor engadido bruto como en termos de emprego, se ben nos últimos anos esta tendencia parece mudar incrementándose a súa achega ao PIB galego:
Evolución do sector da construción galego. 1995-2017
Unidade: peso no PIB (%), postos de traballo
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. Descarga das táboas (evolución do emprego,evolución do peso no PIB)
As Contas económicas de Galicia achegan información de 37 ramas de actividade do sector servizos. Estas ramas poden agruparse, seguindo a CNAE-09, en 14 seccións.
O “Comercio e reparación de vehículos” xerou en 2017 máis de 6.595 millóns de euros e 186.102 postos de traballo. Representa o 17,6% do valor engadido xerado no sector servizos.
As “Actividades inmobiliarias”, que inclúen a valoración do aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios, representan case o 15,7% do VEB xerado no sector servizos, pero ten escasa relevancia en termos de emprego. Isto fai que os niveis de produtividade sexan moi elevados e a participación da renda salarial no valor xerado moi baixa.
As “Actividades sanitarias e de servizos sociais” xeraron 3.644 millóns de euros en 2017, cunha elevada participación das rendas salariais (80,8% do VEB). No caso da “Educación” esta participación é incluso superior (86%). En ambos casos trátase de sectores intensivos en traballo.
Estrutura do sector servizos galego. Ano 2017
Ramas de actividade | VEB (miles de euros) | VEB (% sobre total sector) | EMPREGO (postos de traballo) | EMPREGO (% sobre total sector) | Produtividade (VEB/Horas efectivas) (euros) | Remuneración de asalariados/VEB (%) |
---|---|---|---|---|---|---|
G Comercio e reparación de vehículos | 6.595.793 | 17,6 | 186.102 | 23,0 | 18,7 | 52,4 |
H Transporte e almacenamento | 2.377.494 | 6,4 | 49.034 | 6,1 | 24,8 | 48,3 |
I Hostalaría | 3.631.413 | 9,7 | 76.477 | 9,4 | 23,7 | 36,3 |
J Información e comunicacións | 1.580.626 | 4,2 | 19.305 | 2,4 | 45,2 | 47,7 |
K Actividades financeiras e de seguros | 1.804.881 | 4,8 | 18.435 | 2,3 | 52,4 | 41,7 |
L Actividades inmobiliarias | 5.868.958 | 15,7 | 7.962 | 1,0 | 420,2 | 1,5 |
M Actividades profesionais, científicas e técnicas | 2.029.708 | 5,4 | 53.412 | 6,6 | 20,6 | 55,6 |
N Actividades administrativas e servizos auxiliares | 1.261.459 | 3,4 | 64.119 | 7,9 | 14,5 | 86,4 |
O Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria | 3.367.400 | 9,0 | 55.129 | 6,8 | 36,6 | 71,7 |
P Educación | 2.921.461 | 7,8 | 67.204 | 8,3 | 31,1 | 86,0 |
Q Actividades sanitarias e de servizos sociais | 3.644.409 | 9,8 | 101.095 | 12,5 | 22,1 | 80,8 |
R Actividades artísticas, recreativas e de entretemento | 1.056.253 | 2,8 | 22.005 | 2,7 | 34,2 | 56,2 |
S Outros servizos | 745.542 | 2,0 | 36.033 | 4,4 | 11,5 | 50,5 |
T Actividades dos fogares como empregadores de personal doméstico | 490.055 | 1,3 | 53.859 | 6,6 | 12,5 | 100,0 |
TOTAL SERVIZOS | 37.375.452 | 100,0 | 810.171 | 100,0 | 27,5 | 51,0 |
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Con respecto ao ano 2000 ganan importancia dentro do sector servizos a “Hostalería”, as “Actividades inmobiliarias”, as “Actividades sanitarias e de servizos sociais” e as “Actividades profesionais, científicas e técnicas”. Pola contra, están a perder presenza relativa no sector servizos o “Comercio e reparación de vehículos”, a “Educación”, a sección de “Información e comunicacións”, o “Transporte e almacenamento” ou as “Actividades financeiras e de seguros”. En termos de emprego, gaña peso especialmente a sección “Actividades Sanitarias e de servizos sociais” e perde peso o emprego no sector do comercio e a “Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria”.
Distribución do VEB no sector servizos. Anos 2000 e 2017
Unidade: porcentaxe sobre o VEB total do sector(%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Distribución do emprego (postos de traballo) no sector servizos. Anos 2000 e 2017
Unidade: porcentaxe sobre o emprego total do sector (%)
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa))
No IGE elaboramos dende o ano 2013 estudos referidos a diversos sectores da economía galega, incluídos nos programas estatísticos anuais na actividade de interese estatístico “Análise estatística de sectores produtivos e da estrutura económica en xeral”. Na seguinte táboa resumimos a evolución da súa achega ao PIB galego e a súa relevancia en termos de emprego.
Peso no PIB de sectores característicos da economía galega. Anos 2000, 2008 e 2017
Unidade: porcentaxe (%)
Sectores | 2000 | 2008 | 2017 |
---|---|---|---|
Cadea forestal-madeira | 2,4 | 1,9 | 1,9 |
Fabricación de vehículos e compoñentes | 2,0 | 1,9 | 1,6 |
Ramas características do sector cultural | 2,6 | 2,4 | |
Sector da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos | 1,9 | 1,3 | 0,7 |
Sector da pesca | 2,4 | 1,6 | 2,0 |
Sector do transporte e da loxística | 4,2 | 3,9 | 4,0 |
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)
Emprego de sectores característicos da economía galega. Anos 2000, 2008 e 2017
Unidade: postos de traballo
Sectores | 2000 | 2008 | 2017 |
---|---|---|---|
Cadea forestal-madeira | 29.544 | 27.448 | 23.051 |
Fabricación de vehículos e compoñentes | 18.782 | 20.579 | 14.612 |
Ramas características do sector cultural | 36.704 | 33.675 | |
Sector da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos | 20.836 | 21.058 | 10.561 |
Sector da pesca | 42.312 | 35.058 | 33.395 |
Sector do transporte e da loxística | 44.537 | 55.667 | 49.034 |
Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)