ÍNDICE


Introdución

As Contas económicas anuais son unha estatística de síntese de carácter estrutural. O seu obxectivo é ofrecer ao usuario unha representación cuantificada, completa, sistemática, sinxela e detallada da realidade económica galega.

Esta operación estatística segue as liñas metodolóxicas establecidas para o conxunto dos Estados membros da Unión Europea polo Regulamento do Sistema Europeo de Contas (SEC 2010). A publicación de novembro de 2024 é a primeira na “Revisión estatística 2024” (RE24), revisión extraordinaria regular das contas económicas realizada por criterios estatísticos: incorporación de novas fontes de información e mellora nos procedementos internos de estimación. Trátase dunha revisión estatística coordinada a nivel europeo, coa que a Oficina estatística da Comisión Europea (Eurostat) procura harmonizar os cambios de base contable nas contabilidades nacionais dos Estados Membros.

Ofrece información do cadro macroeconómico de Galicia desde o ano 1995 e achega información desagregada para ata 72 sectores económicos. Dentro das súas utilidades están:



Estrutura produtiva de Galicia

A estimación do PIB pola vía da oferta permite coñecer que sectores produtivos contribúen á xeración de valor engadido en Galicia. O sector servizos achega o 64,2% do Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia no ano 2022. Este sector é cada vez máis relevante: pasou de achegar o 55,8% do PIB en 1995 ao 64,2% no ano 2022. O sector industrial e enerxético achega o 17,3%, o sector primario 4,2%, a construción un 6,0% e os impostos netos sobre os produtos un 8,4%.


 

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

 

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


A estimación do PIB pola vía da demanda permite coñecer a achega da demanda interna (gasto en consumo final e formación bruta de capital –investimentos-) xunto coa demanda exterior neta (diferenza entre exportacións e importacións). O gasto en consumo final, que inclúe tanto o realizado polos fogares como polas Administracións públicas e Institucións sen fin de lucro ao servizo dos fogares (ISFLSF), representa o 80,5% do PIB. O investimento representa o 17,3%. No ano 2022 a demanda externa neta é positiva (as exportacións superan ás importacións).


 




Pola vía das rendas o PIB expresa a remuneración dos factores produtivos: traballo (remuneración de asalariados), capital (excedente de explotación bruto) e o pagamento de impostos. Dentro do excedente de explotación bruto recóllese tamén a renda mixta, que é a remuneración do traballo autónomo. A remuneración dos asalariados achega o 44,2% do PIB no ano 2022, mentres o excedente de explotación bruto achega o 47,0%. O restante 8,8% é a achega dos impostos netos sobre a produción e as importacións ao PIB.

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


Desagregación por sectores

As contas económicas anuais ofrecen un alto nivel de detalle sectorial, polo que é posible afondar no coñecemento da estrutura produtiva de Galicia analizando as ramas de actividade que a forman.

No ano 2022 o 72,8% do emprego da economía galega está centrada no sector servizos, no sector da industria e enerxía concéntrase o 13,4%, no sector primario o 6,5% e na construción o 7,3% restante. En termos de VEB os servizos, que achegan o 64,2% do PIB, teñen un valor elevado do ratio remuneración de asalariados sobre valor engadido (50,3%), é dicir, a participación das rendas salariais na xeración de valor é elevada.

A maior produtividade do factor traballo está no sector secundario, no que a participación das rendas salariais é do 43,5%.

No sector primario a produtividade do traballo é inferior á media da economía e a participación do traballo asalariado é baixo no valor engadido. Neste sector a presenza do traballo por conta propia é elevado.


Desagregación por sectores. Ano 2022.
Sector Distribución do PIB Distribución do emprego (postos de traballo) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
Sector primario 4,2 6,5 19,6 23,7
Industria e enerxía 17,3 13,4 47,9 43,5
Construción 6,0 7,3 29,2 56,9
Servizos 64,2 72,8 34,9 50,3
Impostos netos sobre os produtos 8,4
Total Economía 100,0 100,0 38,2 44,2
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. Descarga das táboas: (distribución do PIB), (distribución do emprego)
(–) Non procede


Sector primario

As Contas Económicas anuais ofrecen información de catro ramas de actividade dentro do sector primario. Este sector emprega a 73.933 postos de traballo, dos cales máis da metade son da rama da agricultura e gandaría. Nas ramas da pesca e acuicultura hai 22.997 postos de traballo.

Neste sector a remuneración de asalariados representa o 23,7% do VEB xerado, porque a taxa de asalarización (porcentaxe de emprego asalariado sobre emprego total) é baixa, como se aprecia especialmente na rama R01 “Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con ela”. Por outra banda, a produtividade do traballo é inferior á da economía.


Estrutura do sector primario galego. Ano 2022.
Ramas de actividade VEB (miles de €) VEB (% sobre total sector) EMPREGO (postos de traballo) EMPREGO (% sobre total sector) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
R01 - Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas 1.862.752 61,8 41.009 55,5 18,6 12,2
R02 - Silvicultura e explotacion forestal 414.067 13,7 9.927 13,4 23,6 30,9
R03 - Pesca e acuicultura 738.566 24,5 22.997 31,1 20,2 48,5
   • R03A - Pesca 522.534 17,3 17.435 23,6 19,1 57,5
   • R03B - Acuicultura 216.032 7,2 5.562 7,5 23,6 26,7
TOTAL PRIMARIO 3.015.385 100,0 73.933 100,0 19,6 23,7
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga das táboas)


Comparando o ano 2022 co inicio da serie contable, ano 2000, vemos como se incrementa a presenza da agricultura e gandaría no sector primario galego en termos de VEB, pero non en termos de emprego. A “Pesca e acuicultura” evolucionan de forma oposta: perden peso dentro do sector en termos de VEB pero gáñano en termos de emprego. No caso da “Silvicultura e explotación forestal” o máis relevante é o incremento do emprego, tanto en termos relativos como absolutos.


 

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

 

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


Sector industrial

Dentro do sector industrial distinguimos dous grandes bloques: o sector enerxético (que se corresponde coas seccións B, D, E da CNAE-09) e a industria manufactureira. A composición interna do sector sufriu modificacións dende o ano 2000: a enerxía achegaba nese ano o 23,0% do VEB xerado, mentres en 2022 pasa a representar o 31,5% do total. En termos de emprego a industria manufactureira é máis relevante, e en 2022 o 90,1% dos empregos do sector secundario proveñen dela.


 

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

 

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


O subsector da industria manufactureira

As Contas económicas anuais achegan información para 26 ramas de actividade diferentes dentro da industria manufactureira. Isto permite coñecer información de diversos sectores senlleiros da economía galega, como por exemplo, a industria alimentaria que está formada por seis ramas de actividade.


 


O valor engadido xerado polas seis ramas da industria alimentaria (1.941 millóns de euros) representa o 23,0% do valor xerado pola industria manufactureira. En termos de emprego supoñen o 25,7% e superan os 35 mil postos de traballo.

 

Dentro da industria alimentaria a participación das seis ramas que a forman en 2022 queda este xeito: a rama da conserva e do conxelado de peixe (R10B) achega o 27,0% do seu VEB, seguida pola fabricación de bebidas (R11) cun 21,2% e a rama de procesamento e conservación de carne e elaboración de produtos cárnicos (R10A) cun 16,9% do VEB.

Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


Tras a industria alimentaria, a fabricación de vehículos automóbiles é a que ten unha maior achega ao valor engadido xerado pola industria manufactureira de Galicia. Esta rama de actividade acadou un valor engadido bruto de 1.368 millóns de euros en 2022, o que supón o 16,2% do total da industria manufactureira galega. O emprego nesta rama de actividade é de 16.015 postos de traballo.

Outras industrias relevantes son a fabricación de produtos metálicos (cun VEB de 978 millóns de euros); o refino de petróleo (605 millóns de euros); as reparacións e instalación de maquinaria e equipamento (575 millóns de euros, nos que se inclúen os xerados pola reparación naval); a industria da madeira (490 millóns de euros); e a industria téxtil, confección, coiro e calzado (374 millóns de euros).

Con respecto ao ano 2000, a composición do subsector da industria manufactureira presenta algúns cambios. A achega das industrias alimentarias ao VEB industrial manufactureiro incrementouse en 5,2 puntos. A fabricación de vehículos de motor, que en 2000 achegaba o 15,4% do VEB da industria manufactureira, representa o 16,2% no 2022.

A “Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento” e as “Coquerías e refino do petróleo” achegan no ano 2022 un 11,6% e un 7,2% respectivamente, o que supón un incremento da súa relevancia no subsector con respecto ao ano 2000. Tamén presentan unha achega ao sector industrial superior ao do ano 2000 a “Reparación e instalación de maquinaria e equipamento” e a industria da madeira.

A achega da fabricación de roupa e a industria do vestido e do calzado diminuíu con respecto a 2000.


                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)

O emprego da “Industria alimentaria”, que medrou tanto en termos absolutos como relativos, concentra unha cuarta parte do emprego da industria manufactureira en Galicia no 2022.


Estrutura da industria manufactureira galega. Ano 2022.
Ramas de actividade VEB (miles de €) VEB (% sobre total sector) EMPREGO (postos de traballo) EMPREGO (% sobre total sector) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
R10A - Procesamento e conservación de carne e elaboración de produtos cárnicos 327.468 4,0 4.956 3,7 34,9 40,4
R10B - Procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos 523.483 6,3 12.135 9,1 25,0 68,9
R10C - Fabricación de produtos lácteos 194.086 2,3 2.724 2,1 39,8 50,2
R10D - Fabricación de produtos para a alimentación animal 100.549 1,2 1.668 1,3 35,3 60,6
R10E - Outras industrias alimentarias 383.944 4,6 10.162 7,7 22,0 65,4
R11 - Fabricación de bebidas 411.229 5,0 3.474 2,6 68,0 32,3
R12 - Industria do tabaco
R13 - Industria téxtil 50.388 0,6 1.760 1,3 16,8 82,3
R14_15 - Confección de roupa de vestir e industria do coiro e do calzado 374.007 4,5 8.367 6,3 25,9 44,4
R16 - Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría 489.851 5,9 8.218 6,2 32,5 54,8
R17 - Industria do papel 149.159 1,8 2.016 1,5 40,0 56,5
R18 - Artes gráficas e reprodución de soportes gravados 77.536 0,9 2.410 1,8 21,7 79,0
R19 - Coquerías e refinación de petróleo 604.910 7,3 590 0,4 564,8 14,8
R20_21 - Industria química e fabricación de produtos farmacéuticos 297.998 3,6 2.854 2,2 62,5 45,4
R22 - Fabricación de produtos de caucho e plásticos 208.473 2,5 3.479 2,6 36,2 53,6
R23 - Fabricación doutros produtos minerais non metálicos 326.702 3,9 6.803 5,1 29,1 67,6
R24 - Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes 138.302 1,7 4.258 3,2 19,5 167,4
R25 - Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento 977.705 11,8 17.013 12,8 35,6 60,6
R26 - Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos 83.557 1,0 1.046 0,8 44,7 55,3
R27 - Fabricación de material e equipamento eléctrico 94.597 1,1 1.011 0,8 74,0 46,2
R28 - Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n. 292.724 3,5 4.528 3,4 37,6 61,7
R29 - Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques 1.367.547 16,5 16.015 12,1 50,6 49,7
R31 - Fabricación de mobles 162.872 2,0 4.562 3,4 23,0 82,9
R32 - Outras industrias manufactureiras 74.979 0,9 1.971 1,5 23,1 67,8
R33 - Reparación e instalación de maquinaria e equipamento 575.331 6,9 10.709 8,1 31,4 70,9
TOTAL INDUSTRIA MANUFACTUREIRA 8.287.397 100,0 132.729 100,0 36,8 55,3
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga das táboas)
(–) Non procede


Sector construción

No ano 2022 o sector ten 83.129 postos de traballo, isto é, o 7,3% do emprego total da nosa comunidade. No que respecta á súa contribución ao PIB, a súa achega é do 6%, cota máis baixa de toda a serie contable.


                      Fonte: IGE. Contas económicas anuais. Descarga das táboas (evolución do emprego, evolución do peso no PIB)


Sector servizos

As Contas económicas de Galicia achegan información de 37 ramas de actividade do sector servizos. Estas ramas poden agruparse, seguindo a CNAE-09, en 14 seccións.

O “Comercio e reparación de vehículos” xerou en 2022 máis de 8.457 millóns de euros e 181.597 postos de traballo. Representa o 18,4% do valor engadido xerado no sector servizos.

As “Actividades inmobiliarias”, que inclúen a valoración do aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios, representan o 16,2% do VEB xerado no sector servizos, pero ten escasa relevancia en termos de emprego. Isto fai que os niveis de produtividade sexan moi elevados e a participación da renda salarial no valor xerado moi baixa.

As “Actividades sanitarias e de servizos sociais” xeraron 4.672 millóns de euros en 2022, cunha elevada participación das rendas salariais (81,2% do VEB). No caso da “Educación” esta participación é incluso superior (86,4%) ao tratarse dun tipo de sectores intensivos en traballo.


Estrutura do sector servizos galego. Ano 2022.
Ramas de actividade VEB (miles de €) VEB (% sobre total sector) EMPREGO (postos de traballo) EMPREGO (% sobre total sector) Produtividade (VEB/Horas efectivas) Remuneración de asalariados/VEB
G - Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 8.457.170 18,4 181.597 22,0 26,5 50,5
H - Transporte e almacenamento 2.764.947 6,0 50.339 6,1 30,6 55,6
I - Hostalaría 3.460.785 7,5 73.788 8,9 26,0 32,6
J - Información e comunicacións 1.898.028 4,1 24.818 3,0 44,3 53,5
K - Actividades financeiras e de seguros 2.492.512 5,4 16.561 2,0 84,4 25,7
L - Actividades inmobiliarias 7.420.236 16,2 9.087 1,1 449,1 1,4
M - Actividades profesionais, científicas e técnicas 2.822.515 6,2 57.416 6,9 28,4 53,1
N - Actividades administrativas e servizos auxiliares 1.740.489 3,8 70.598 8,5 20,5 79,7
O - Administración pública e defensa; seguranza social obrigatoria 4.090.947 8,9 57.843 7,0 45,6 73,1
P - Educación 3.437.047 7,5 69.903 8,5 37,5 86,4
Q - Actividades sanitarias e de servizos sociais 4.671.790 10,2 115.823 14,0 26,5 81,2
R - Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 966.718 2,1 22.495 2,7 31,2 61,7
S - Outros servizos 1.101.590 2,4 42.515 5,1 15,9 50,8
T - Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico; actividades dos fogares como produtores de bens e servizos para uso propio 560.287 1,2 33.829 4,1 13,9 100,0
TOTAL SERVIZOS 45.885.061 100,0 826.612 100,0 34,9 50,3
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga das táboas)

Con respecto ao ano 2000 destaca o incremento do peso no sector servizos das “Actividades inmobiliarias”, das “Actividades sanitarias e de servizos sociais” e das “Actividades profesionais, científicas e técnicas”. A “Hostalería”, que recupera o nivel pre-pandemia en 2022, achega máis VEB ao conxunto do sector servizos en 2022 que no ano 2000. Pola contra, diminúe a achega ao PIB do “Comercio e reparación de vehículos”, da “Información e comunicacións”, do “Transporte e almacenamento” e dos “Outros servizos”. En termos de emprego, gaña peso especialmente a sección “Actividades sanitarias e de servizos sociais” e perde peso o emprego na sección do “Comercio e reparación de vehículos” e na de “Administración pública e defensa; seguridade social obrigatoria”.


                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


                    Fonte: IGE. Contas económicas anuais (descarga da táboa)


Sectores característicos da economía galega

No IGE elaboramos desde o ano 2013 estudos referidos a diversos sectores da economía galega, incluídos nos programas estatísticos anuais na actividade de interese estatístico “Análise estatística de sectores produtivos e da estrutura económica en xeral”. Na seguinte táboa resumimos a evolución da súa achega ao PIB galego e a súa relevancia en termos de emprego.


Peso no PIB de sectores característicos da economía galega. Anos 2000, 2008 e 2022
Unidade: Porcentaxe
Sectores 2000 2008 2022
Cadea forestal-madeira 2,4 1,9 1,7
Fabricación de vehículos e compoñentes 2,1 1,9 1,9
Ramas características do sector cultural .. 2,2 2,0
Sector agroalimentario 7,5 6,2 6,4
Sector da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos 1,8 1,3 0,7
Sector da pesca 2,4 1,7 1,8
Sector do transporte e da loxística 4,3 3,9 3,9
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga da táboa)
(..) Non dispoñible


Emprego de sectores característicos da economía galega. Anos 2000, 2008 e 2022
Unidade: Postos de traballo
Sectores 2000 2008 2022
Cadea forestal-madeira 28.932 27.115 24.723
Fabricación de vehículos e compoñentes 18.782 20.579 16.015
Ramas características do sector cultural .. 29.956 34.838
Sector agroalimentario 190.156 120.167 99.125
Sector da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos 20.343 20.509 11.021
Sector da pesca 42.312 35.058 35.132
Sector do transporte e da loxística 44.537 55.667 50.339
Fonte: IGE. Contas económicas anuais. (Descarga da táboa)
(..) Non dispoñible


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos