ÍNDICE


Introdución

A Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas, grao de utilización da capacidade produtiva e indicador de sentimento do sector servizos de Galicia é unha operación estatística na que se enmarcan tres estudos:


Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas


Segundo o Regulamento (CE) No 453/2008 do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de abril de 2008 relativo ás estatísticas trimestrais sobre vacantes de emprego na Comunidade, unha vacante defínese do seguinte xeito: Vacante de emprego refírese a un posto remunerado creado recentemente ou non ocupado, ou que está a punto de quedar libre, para o que o empregador:

  1. está tomando medidas activas e está preparado para tomar outras co obxecto de atopar un candidato idóneo alleo á empresa en cuestión, e
  2. ten a intención de cubrilo inmediatamente ou nun prazo de tempo determinado

No terceiro trimestre de 2024 había en Galicia 13.586 vacantes nas empresas de 10 ou máis asalariados. O número de vacantes incrementouse en 21 con respecto do mesmo trimestre do ano anterior (13.565)

No terceiro trimestre de 2024, o 26,3% das vacantes requirían titulación STEM1. Esta porcentaxe sube con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, no que o 26,2% das vacantes requirían titulación STEM.

Número de vacantes nas empresas de 10 ou máis asalariados. Galicia.
Unidade: número
2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III TAXA DE VARIACIÓN INTERANUAL DO 2024/III
VACANTES 12.355 11.359 11.962 13.586 0,15
VACANTES STEM 3.272 3.258 2.733 3.568 0,39
Fonte: Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa)

As empresas con maior número de asalariados son as que teñen máis vacantes e as máis pequenas as que teñen menos necesidade de cubrir postos vacantes.

O principal motivo polo que as empresas non tiñan vacantes foi “Non se necesita ningunha persoa máis”, que superou o 81% no terceiro trimestre de 2024 .

No terceiro trimestre de 2024 o 19,1% das empresas con vacantes aínda tiñan sen cubrir as do trimestre anterior. Esta porcentaxe foi do 21,2% no terceiro trimestre do ano anterior.

O motivo máis indicado en todos os trimestres como causante de non ter cubertas as vacantes foi a falta de persoas con formación axeitada (sen ter en conta a formación STEM e a capacitación dixital); a porcentaxe foi de 38,0% no terceiro trimestre, algo superior a do mesmo trimestre do ano anteriror (28,8%).

Motivos polos que as empresas con vacantes non puideron cubrilas. Galicia.
Unidade: porcentaxes
Motivos 2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Falta de persoas candidatas con titulación superior STEM 21,43 18,45 20,51 22,54
Falta de persoas candidatas con preparación dixital suficiente 8,33 6,80 10,26 8,45
Falta de persoas candidatas con formación axeitada non incluída nos dous anteriores 35,71 38,83 42,31 38,03
As persoas candidatas non consideraron axeitadas as condicións económicas 20,24 16,50 15,38 12,68
As persoas candidatas non consideraron idóneas outras circunstancias do posto 21,43 24,27 19,23 11,27
Outros 40,48 33,01 37,18 42,25
Fonte: Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa)


Estudo da utilización da capacidade produtiva das empresas galegas do sector servizos


No terceiro trimestre de 2024, o 61,7% das empresas empregan as súas instalacións, maquinaria e/ou equipamento máis do 75%. Esta porcentaxe incrementouse con respecto do mesmo trimestre do ano anterior, no que a porcentaxe de empresas que empregaba as súas instalacións, maquinaria e/ou equipamento máis do 75% era do 56,4%

Grao de utilización das instalacións, maquinaria e/ou equipamento. Galicia.
Unidade: porcentaxes
2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Menos do 25% 7,20 5,85 5,67 4,69
Entre o 25% e 50% 14,64 14,89 11,86 8,07
Entre 50% e 75% 19,85 19,41 19,33 25,52
Máis do 75% 58,31 59,84 63,14 61,72
Fonte: Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa)

No que respecta ao grao de ocupación do persoal, no terceiro trimestre de 2024, o 72,9% das empresas empregan ao seu persoal máis do 75%.

Grao de utilización do persoal. Galicia.
Unidade: porcentaxes
2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Menos do 25% 4,71 5,05 2,58 3,39
Entre o 25% e 50% 10,42 7,45 7,73 7,81
Entre 50% e 75% 16,63 15,96 18,56 15,89
Máis do 75% 68,24 71,54 71,13 72,92
Fonte: Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa)

Indicador de sentimento harmonizado do sector servizos

Calculando a diferencia entre a porcentaxe de empresas con resposta favorable e a porcentaxe de empresas con resposta desfavorable nos items do indicador de sentimento económico para o sector servizos (economic sentiment indicator for the services sector ou ESI.SERV) calcúlanse os seguintes indicadores:

Indicador de sentimento harmonizado do sector servizos (balance). Galicia.
Unidade: porcentaxes
2023/IV 2024/I 2024/II 2024/III
Percepción da situación empresarial no trimestre en curso 1,40 2,90 7,51 11,83
Percepción da evolución da demanda de servizos no trimestre en curso 4,03 0,57 14,33 12,51
Previsión da evolución da demanda no próximo trimestre -0,90 20,13 20,46 18,51
Fonte: Enquisa sobre vacantes nas empresas galegas (descarga da táboa)

A percepción nas empresas galegas de servizos da situación empresarial mantense en valores positivos nos catro últimos trimestres. O mesmo ocorre coa percepción da evolución da demanda de servizos.

A previsión da evolución da demanda para o próximo trimestre acada o valor 18,5% no terceiro trimestre de 2024, este valor positivo segue a senda do ano 2023, no que este indicador acadou valores positivos nos tres primeiros trimestres.


  1. STEM é un acrónimo dos termos en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).
    ↩︎