ÍNDICE


Introdución

A actual normativa europea sobre marcos orzamentarios establece a necesidade de introducir a planificación plurianual na política económica de todas as administracións públicas baseada nos principios de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. O seu cumprimento en España desenvólvese coa Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, en Galicia pola Lei 2/2011, do 16 de xuño de 2011, de Disciplina Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.

O principio de estabilidade orzamentaria conséguese cando unha administración pública non incorre en déficit estrutural. Ademais, o gasto non poderá aumentar por enriba dun valor de referencia, que no caso de España estableceuse para todas as administracións públicas na taxa de crecemento potencial do Produto interior bruto do conxunto de España.

Neste contexto, xorde a necesidade de estimar o crecemento potencial e o output gap da economía galega cun dobre obxectivo. Por unha parte, comparar o crecemento potencial da economía galega coa española, e por outra estimar a descomposición do déficit en cíclico e estrutural.

Segundo a Orde do 4 de xullo de 2016, na que se ditan as instrucións para a elaboración dos escenarios orzamentarios da Comunidade Autónoma de Galicia, o Instituto Galego de Estatística (IGE) é o organismo encargado de determinar estas variables para a economía galega.

Produto Interior Bruto (PIB) potencial e output gap de Galicia

Tempo PIB real (taxa %) PIB potencial (taxa %) Output gap (%) Contribución ao crecemento potencial: PTF Contribución ao crecemento potencial: Capital Contribución ao cremento potencial: Emprego
2023 1,8 0,6 0,0 1,0 0,1 -0,6
2024 2,1 0,7 1,4 1,0 0,2 -0,6
2025 1,8 1,0 2,0 1,0 0,3 -0,3
2026 1,7 1,6 2,0 1,0 0,5 0,1
2027 1,7 2,0 1,3 1,0 0,5 0,5
2028 1,6 2,1 0,3 1,0 0,5 0,6

Fonte: IGE. Posición cíclica da economía galega

Nota: NAWRU: taxa de desemprego non aceleradora dos salarios, calculada coa Curva de Philips híbrida; PTF: produtividade total dos factores


Definicións, fontes e máis información

Máis información: