Principais resultados

1 Produto Interior Bruto en volume

O Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía galega, medido en termos de volume encadeado e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación interanual do 2,8% no primeiro trimestre do 2025, unha décima inferior á rexistrada no trimestre anterior.

A variación intertrimestral do PIB sitúase no 0,9% (0,8% no trimestre anterior).

Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación
Unidade: porcentaxe
Dato 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I
Taxa de variación trimestre anterior 1,1 0,1 0,8 0,8 0,9
Taxa de variación interanual 2,6 2,6 2,9 2,9 2,8
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

PIB. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

   

PIB. Taxas de variación intertrimestral

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

A demanda interna contribuíu con 1,2 puntos porcentuais ao crecemento interanual do PIB galego. A aportación da demanda externa foi de 1,6 puntos porcentuais.

Evolución do PIB en volume e achegas da demanda interna e da demanda externa

Unidade: taxas de variación en porcentaxe e achegas en puntos porcentuais

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

No primeiro trimestre do 2025, o gasto en consumo final dos fogares aumenta un 0,4%, mentres que no trimestre anterior diminuíra un 0,2%. O gasto das Administracións públicas medra un 1,8%, presentando unha taxa do 6,1% no trimestre anterior.

Por outra banda, a formación bruta de capital experimenta unha variación semellante á do trimestre anterior, acadando un avance do 3,7%.

As exportacións de bens e servizos presentan unha taxa interanual do 2,2%, mentres que as importacións diminúen un 0,7%.

Compoñentes do PIB pola vía da demanda. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I
Gasto en consumo final 1,9 0,4 1,3 1,5 0,8
Gasto dos fogares e ISFLSF 0,2 -1,1 -0,2 -0,2 0,4
Gastos das AA.PP. 6,6 4,6 5,3 6,1 1,8
Formación bruta de capital -0,5 0,7 2,2 3,7 3,7
Demanda interna (en termos nacionais) (*) 1,4 0,5 1,4 1,8 1,2
Exportación de bens e servizos 1,8 5,4 4,1 2,9 2,2
Importación de bens e servizos -0,2 1,6 1,3 0,9 -0,7
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

Nota: (*) Achega ao crecemento do PIB

No que respecta á oferta, o Valor Engadido Bruto (VEB) de todos os grandes sectores de actividade rexistra taxas interanuais positivas no primeiro trimestre de 2025.

O VEB das ramas primarias rexistra unha taxa de variación interanual do 3,2% (3,4% no trimestre anterior). Pola súa parte, o VEB da industria medra un 2,3%, sendo a taxa no trimestre precedente do 0%. O VEB do sector da construción moderouse 1,1 puntos con respecto ao trimestre precedente ao presentar unha taxa do 4,9%. O sector servizos rexistra unha taxa do 3% (3,6% no trimestre anterior).

Compoñentes do PIB pola vía da oferta. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Compoñentes 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I
VEB. Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca -4,1 -0,9 -2,1 3,4 3,2
VEB. Industria 3,5 2,6 4,0 0,0 2,3
VEB. Construción 1,7 4,2 4,5 6,0 4,9
VEB. Servizos 3,3 3,3 3,1 3,6 3,0
Impostos netos sobre os produtos -0,9 -1,7 0,3 1,2 0,8
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

Evolución do valor engadido bruto por sectores. Volume encadeado referencia ano 2020=100. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

2 Produto Interior Bruto a prezos correntes e deflactor implícito

No primeiro trimestre do 2025, o PIB valorado a prezos correntes e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, rexistra unha variación interanual do 6%, unha décima inferior á rexistrada no trimestre precedente. O deflactor implícito do PIB medrou un 3,1% neste trimestre.

A variación intertrimestral do PIB a prezos correntes sitúase no 1,2% (1,7% no trimestre anterior).

3 Emprego e produtividade

Os postos de traballo equivalentes a tempo completo aumentan un 0,9% en taxa interanual este trimestre, variación semellante á rexistrada no trimestre anterior.

Postos de traballo equivalentes a tempo completo e horas efectivas. Datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario. Taxas de variación interanual
Unidade: porcentaxe
Dato 2024/I 2024/II 2024/III 2024/IV 2025/I
Postos de traballo equivalentes a tempo completo 1,8 1,0 0,9 0,9 0,9
Horas traballadas 1,6 0,4 0,5 0,4 0,1
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais (descarga da táboa)

As horas traballadas aumentan un 0,1% en taxa interanual no primeiro trimestre (0,4% no trimestre anterior).

A produtividade aparente real por posto de traballo equivalente a tempo completo medrou un 1,9% neste trimestre, mentres que a produtividade por hora traballada incrementouse un 2,7%.

4 Notas metodolóxicas

As Contas económicas trimestrais son unha estatística de síntese de carácter conxuntural. O seu obxectivo primordial é proporcionar unha descrición cuantitativa e coherente do conxunto da actividade económica galega. Con esta finalidade, elabórase un cadro macroeconómico que ofrece o ritmo de crecemento do PIB galego e das súas compoñentes.

Esta actividade é unha réplica trimestral simplificada das Contas económicas anuais que, pola súa maior frecuencia de elaboración, permite o seguimento conxuntural da actividade económica. Estas estimacións axústanse aos mesmos principios de coherencia e equilibrio contable que as contas de frecuencia anual e, por conseguinte, ao marco do Sistema Europeo de Contas 2010 (SEC-2010). Pódese dicir que as Contas económicas trimestrais supoñen un compromiso entre o rigor e a amplitude das Contas anuais e a rapidez e oportunidade dos indicadores conxunturais.

As utilidades concretas das Contas económicas trimestrais de Galicia son as seguintes:

5 Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis información: