ÍNDICE


Principais resultados

Notas metodolóxicas

Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.


Evolución

No mes de febreiro, os prezos dos bens exportados na Comunidade Autónoma de Galicia aumentaron un 3,1% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que os prezos dos bens importados diminuíron un 1,9%.

     Índices de valor unitario. Galicia. Taxas de variación interanuais (%)

Fonte: IGE (descarga da táboa)


Clasificación por destino económico dos bens

Segundo a clasificación por destino económico, no mes de febreiro produciuse un aumento interanual do 6,2% nos prezos das exportacións de bens de consumo e os bens de capital incrementaron os seus prezos un 1,4%. Pola contra, os prezos dos bens intermedios diminuíron un 1,4% respecto ao mesmo mes de 2024.

En canto as importacións, os prezos dos bens de consumo creceron un 3,7% e os dos bens de capital un 6,4%, en comparación co mesmo mes do ano anterior. En senso contrario, os prezos dos bens intermedios experimentaron unha diminución interanual do 5,5%.


Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Febreiro 2025/Febreiro Variación interanual 2024/Febreiro 2025/Febreiro Variación interanual
BENS DE CONSUMO 130,82 138,88 6,2 133,64 138,57 3,7
BENS INTERMEDIOS 139,23 137,34 -1,4 136,31 128,86 -5,5
BENS DE CAPITAL 140,91 142,83 1,4 87,70 93,31 6,4
NON ENERXÉTICO 131,53 135,48 3,0 119,83 121,10 1,1
IVU TOTAL 135,19 139,38 3,1 133,68 131,12 -1,9
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Clasificación por orixe/destino xeográfico

En febreiro, por destino xeográfico, os prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria aumentaron un 6,2% en termos interanuais e os das exportacións ao conxunto da Unión Europea medraron un 6,1%. As exportacións dirixidas a países da OCDE incrementáronse un 3,8% mentres que os prezos dos bens destinados ao resto do mundo diminuíron un 1,8%.

En canto á orixe xeográficas das importacións, os prezos dos bens procedentes da Unión Económica e Monetaria subiron un 4,1% respecto ao mesmo mes do ano anterior e os procedentes da Unión Europea, un 4,5%. As importacións de bens desde países da OCDE rexistraron un alza do 4,2%, mentres que os prezos dos bens importados do resto do mundo baixaron un 9,2%.

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Unidade: Taxas de variación interanuais en porcentaxes
EXPORTACIÓNS
IMPORTACIÓNS
2024/Febreiro 2025/Febreiro Variación interanual 2024/Febreiro 2025/Febreiro Variación interanual
UEM 130,92 139,00 6,2 111,42 115,96 4,1
UE 130,76 138,73 6,1 115,82 121,03 4,5
OCDE 135,06 140,15 3,8 121,26 126,39 4,2
Resto do Mundo 132,34 129,99 -1,8 163,25 148,29 -9,2
Fonte: IGE (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010.