ÍNDICE


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.


Poboación activa


No cuarto trimestre de 2024 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.378.500 persoas, das cales 1.262.700 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,1%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 9.200 persoas e a taxa de actividade diminúe 0,5 puntos respecto ao terceiro trimestre de 2024.


Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 2.378,5 5,0 0,2 14,1 0,6
Activos 1.262,7 -9,2 -0,7 11,9 1,0
Poboación ocupada 1.153,3 -6,1 -0,5 17,4 1,5
Poboación parada 109,4 -3,1 -2,8 -5,5 -4,8
Inactivos 1.115,8 14,2 1,3 2,2 0,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Con respecto ao mesmo trimestre de 2023, o número de persoas activas aumenta en 11.900 persoas e a taxa de actividade aumenta 0,2 puntos.


Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 53,1 -0,5 0,2
Homes 56,7 -1,0 -0,4
Mulleres 49,7 -0,1 0,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, a taxa de actividade masculina diminúe 1 punto respecto á cifra rexistrada hai 3 meses, situándose no 56,7%. A taxa de actividade feminina, pola súa banda, rexistra tamén unha variación negativa, cifrada neste caso en 0,1 puntos, ata situarse no 49,7%.


Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.262,7 -9,2 -0,7 11,9 1,0
Homes 644,1 -9,5 -1,5 1,4 0,2
Mulleres 618,6 0,3 0,0 10,5 1,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación ocupada


A ocupación diminúe en 6.100 persoas no cuarto trimestre de 2024 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.153.300 persoas ocupadas. A taxa de ocupación tamén diminúe con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 48,5%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 17.400 persoas, o que supón un incremento do 1,5% en termos relativos.


Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 48,5 -0,3 0,5
Homes 52,5 -0,3 0,2
Mulleres 44,9 -0,4 0,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, neste trimestre diminúe a ocupación masculina en 2.400 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2024; a ocupación das mulleres tamén rexistrou un descenso, neste caso de 3.800 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 0,3 puntos e de 0,4 puntos da taxa feminina.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2023, o número de homes ocupados aumenta en 6.400 persoas (un 1,1%) e o de mulleres ocupadas en 10.900 (un 2%).


Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.153,3 -6,1 -0,5 17,4 1,5
Homes 595,3 -2,4 -0,4 6,4 1,1
Mulleres 557,9 -3,8 -0,7 10,9 2,0
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminuíu no sector primario, na construción e na industria e aumentou no sector servizos. No sector primario a diminución da poboación ocupada cifrouse en 5.300 traballadores e traballadoras menos que hai tres meses; na construción en 800 e na industria en 1.100. No sector servizos o incremento foi de 900 persoas.


Con respecto ao mesmo trimestre de 2023, a ocupación diminuíu no sector primario un 6,7%. Na industria, na construción e no sector servizos a ocupación aumentou con respesto ao mesmo trimestre de 2023: na industria un 9,1%, na construción un 6,7% e nos servizos un 0,2%.


Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.153,3 -6,1 -0,5 17,4 1,5
Agricultura e pesca 69,5 -5,3 -7,1 -5,0 -6,7
Industria 189,8 -1,1 -0,6 15,8 9,1
Construción 82,3 -0,8 -1,0 5,2 6,7
Servizos 811,6 0,9 0,1 1,3 0,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación asalariada


En Galicia había 948.200 persoas asalariadas no cuarto trimestre de 2024, 797.400 con contrato indefinido e os 150.800 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 13.200 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe en 13.800 efectivos (o que supón, en termos relativos, un descenso do 8,4% con respecto ao terceiro trimestre de 2024). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido aumentou un 3,7%, e as persoas con contrato temporal diminuíron, pola contra, un 0,5%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 15,9%.


Poboación asalariada segundo o tipo de contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 948,2 -0,6 -0,1 27,9 3,0
De duración indefinida 797,4 13,2 1,7 28,6 3,7
Temporal 150,8 -13,8 -8,4 -0,7 -0,5
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación parada


No cuarto trimestre de 2024 en Galicia había 109.400 persoas en paro, 3.100 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminuíu 0,1 puntos e sitúase no 8,7%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2023, o número de parados e paradas diminúe en 5.500 persoas (un 4,8%) e a taxa de paro, a súa vez, baixa 0,5 puntos en termos interanuais.


Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 8,7 -0,1 -0,5
Homes 7,6 -1,0 -0,8
Mulleres 9,8 0,6 -0,2
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe o paro masculino mentres que aumenta o feminino: o número total de homes parados sitúase en 48.700 persoas (7.200 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 60.700 persoas (4.100 mulleres paradas máis). A taxa de paro masculina sitúase no 7,6% e a feminina no 9,8%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 5.100 persoas (un 9,5% menos), e o volume de paradas diminúe en 400 persoas (un 0,7% menos que hai un ano).


Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 109,4 -3,1 -2,8 -5,5 -4,8
Homes 48,7 -7,2 -12,9 -5,1 -9,5
Mulleres 60,7 4,1 7,2 -0,4 -0,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Fogares


No cuarto trimestre de 2024, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 2.400 unidades e sitúase en 41.000 fogares. Respecto ao cuarto trimestre de 2023, esta tipoloxía de fogares diminúe un 12%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 1.100 unidades. O número de fogares nesta situación é de 668.100. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 8.200 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 1,2% en termos relativos.


Fogares segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de fogares, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.127,7 0,3 0,0 2,4 0,2
Fogares con polo menos un activo 764,8 -4,1 -0,5 -0,4 -0,1
Todos os activos son ocupados 668,1 -1,1 -0,2 8,2 1,2
Todos os activos son parados 41,0 2,4 6,2 -5,6 -12,0
Con ocupados e parados 55,7 -5,4 -8,8 -3,0 -5,1
Fogares nos que non hai ningún activo 362,9 4,3 1,2 2,8 0,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación xuvenil


Dos 335.100 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 135.800 (o 40,5%) están ocupados/as, 30.000 (o 9%) parados/as e os 169.400 (o 50,6%) restantes son inactivos/as.


Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 335,1 1,9 0,6 7,4 2,3
Activos 165,7 -3,1 -1,8 11,6 7,5
Poboación ocupada 135,8 -1,1 -0,8 7,1 5,5
Poboación parada 30,0 -1,9 -6,0 4,6 18,1
Parados que buscan primeiro emprego 7,3 -3,2 -30,5 1,2 19,7
Parados que xa traballaron 22,7 1,2 5,6 3,4 17,6
Inactivos 169,4 5,1 3,1 -4,2 -2,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 40,5% no cuarto trimestre de 2024. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 0,6 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2023 aumenta 1,2 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 18,1% neste trimestre; diminúe 0,8 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre de 2023, aumenta 1,6 puntos.


Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Taxa de actividade 49,5 -1,2 2,5
Taxa de ocupación 40,5 -0,6 1,2
Taxa de paro 18,1 -0,8 1,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


No cuarto trimestre de 2024, o 72,3% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao terceiro trimestre de 2024, a cifra de ocupados a xornada completa baixa un 9,5%. A cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial aumenta neste trimestre; en concreto, sobe en 9.200 persoas. Con respecto ao cuarto trimestre de 2023, increméntase a ocupación xuvenil, tanto a que traballa a xornada completa (en 7.000 persoas), como a xornada parcial (en 100 persoas).


Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 135,8 -1,1 -0,8 7,1 5,5
Completa 98,2 -10,3 -9,5 7,0 7,7
Parcial 37,6 9,2 32,4 0,1 0,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Dos 127.200 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 67,9% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido rexistra un incremento do 14,6% respecto ao trimestre anterior e do 12,4% respecto ao mesmo trimestre de 2023. O número de mozos e mozas asalariadas con contrato temporal diminúe un 23% respecto ao trimestre pasado e un 2,4% respecto ao cuarto trimestre de 2023.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 32,1%.


Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 127,2 -1,2 -0,9 8,6 7,3
De duración indefinida 86,4 11,0 14,6 9,5 12,4
Temporal 40,8 -12,2 -23,0 -1,0 -2,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)



Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)