ÍNDICE


Introdución

A actividade estatística Indicadores de innovación ten como principal obxectivo calcular para Galicia unha serie de indicadores incluídos nos Marcadores da Unión pola Innovación ( European Innovation Scoreboard 2024) recompilados pola Comisión Europea para os países membros da Unión Europea. No cálculo dos indicadores para a Comunidade Autónoma de Galicia utilizouse a información procedente de:


Recursos humanos

No ano 2023 o 53,2% dos galegos de entre 25 e 34 anos contaba cun nivel de formación de educación terciaria. Este indicador sitúase 1,2 puntos porcentuais por riba do valor de España e 10,1 puntos por riba da media da UE-27. O indicador de Formación permanente, calculado como a porcentaxe de poboación de 25 a 64 anos que participou nalgunha actividade formativa, chega ao 16% en Galicia no ano 2023 . Esta cifra é 0,2 puntos superior á do conxunto de España e 3,2 puntos por riba da media da UE-27.


Poboación de 25 a 34 anos con nivel de formación alcanzado educación terciaria

Unidade: Porcentaxe

  

Formación permanente

Unidade: Porcentaxe

     Fonte: IGE. Indicadores de innovación (descarga da táboa)


Financiamento

No tocante ao gasto en investigación e desenvolvemento (I+D) en relación ao produto interior bruto (PIB) Galicia e España atópanse por baixo da media europea. No ano 2022 o gasto interno en I+D en Galicia representaba o 1,06% do PIB galego fronte ao 1,44% en España e ao 2,26% na UE-27.


Gasto en I+D en relación ao PIB

Unidade: Porcentaxe

Fonte: IGE. Indicadores de innovación (descarga da táboa)


Investimentos de empresa

Gasto en innovación non de I+D como porcentaxe da cifra de negocio total
Unidade: Porcentaxe
Tempo Unión Europea 27 (desde 2020) España Galicia
2012 0,76 0,31 0,70
2014 0,77 0,36 0,57
2016 0,86 0,42 0,51
2018 0,90 0,59 0,62
2020 0,80 0,56 0,40
2022 0,78 0,56 0,47

                                                                      Fonte: IGE. Indicadores de innovación (descarga da táboa)


Nesta táboa móstrase o gasto das empresas en innovación non de I+D como porcentaxe da cifra de negocios. Varias das compoñentes do gasto en innovación, como o investimento en equipamento e maquinaria e a adquisición de patentes e licenzas, miden a difusión de novas ideas e tecnoloxías de produción.

No seu cálculo non se inclúen os gastos internos e externos en I+D. En 2022 , último ano para o que dispoñemos de datos para Galicia, as empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia gastaron o 0,47% da súa facturación en actividades de innovación non de I+D. No caso de España e a UE-27 a porcentaxe situouse no ano 2022 no 0,56% e 0,78% respectivamente.


Innovadores

A innovación de produtos é clave para a innovación, xa que poden crear novos marcadores e mellorar a competitividade. Unha maior proporción de innovacións de produtos reflicte un maior nivel de actividades de innovación.

No ano 2022 o 15,96% das PEMEs con sede social en Galicia introduciron un produto novo ou significativamente mellorado.A media española nese mesmo ano foi de 17,19% e a da UE-27 foi 25,55%.

Por outra banda, moitas empresas innovan non mellorando novos produtos, senón mellorando os seus procesos de negocio. As innovacións en procesos de negocio inclúen as innovacións en procesos, márketing e organización. No ano 2022, o 24,66% das pequenas e medianas empresas con sede na comunidade autónoma innovaron en proceso de negocio.

PEMEs innovadoras en produto como porcentaxe de PEMEs
Unidade: Porcentaxe
Tempo Unión Europea 27 (desde 2020) España Galicia
2012 22,61 9,65 8,43
2014 22,23 10,35 10,17
2016 24,18 10,34 9,18
2018 28,73 13,80 12,50
2020 26,97 17,87 14,63
2022 25,55 17,19 15,96

  

PEMEs innovadoras en procesos de negocio como porcentaxe de PEMEs
Unidade: Porcentaxe
Tempo Unión Europea 27 (desde 2020) España Galicia
2012 33,75 24,58 26,14
2014 32,26 26,92 27,66
2016 35,13 28,18 28,60
2018 39,99 22,92 19,98
2020 41,60 26,06 24,48
2022 41,24 26,19 24,66

Fonte: IGE. Indicadores de innovación (descarga da táboa)


Efectos económicos

Emprego en actividades de coñecemento intensivo como porcentaxe do emprego total

Unidade: Porcentaxe

Fonte: IGE. Indicadores de innovación (descarga da táboa)

As actividades de coñecemento intensivo proporcionan servizos directamente aos consumidores, por exemplo as telecomunicacións, e inputs ás actividades innovadoras doutras empresas no conxunto de sectores da economía.

Na gráfica móstrase a porcentaxe de emprego en actividades de coñecemento intensivo, onde máis do 33% do emprego posúe unha titulación superior, como porcentaxe do total de emprego. En 2023 o 11,1% dos ocupados galegos desenvolvían a súa labor en actividades de coñecemento intensivo. Esta porcentaxe é 0,3 décimas inferior á rexistrada no 2022 ( 11,4%).

Vendas de produtos novos para o mercado ou para a empresa como porcentaxe da cifra de negocio
Unidade: Porcentaxe
Tempo Unión Europea 27 (desde 2020) España Galicia
2012 13,13 14,34 14,14
2014 12,12 15,94 20,52
2016 12,45 19,32 15,79
2018 11,60 16,11 11,09
2020 13,14 21,74 22,49
2022 13,05 21,74 13,47

Fonte: IGE. Indicadores de innovación (descarga da táboa)

Este indicador mide a porcentaxe das vendas correspondente a produtos novos (para a empresa ou o conxunto do mercado) ou significativamente mellorados. O indicador captura tanto a creación de tecnoloxías punteiras (produtos novos para o mercado) coma a difusión destas tecnoloxías (produtos novos para a empresa).

Para o ano 2022 o 13,47% da cifra de negocios das empresas de 10 ou máis asalariados e con sede social en Galicia correspondía a vendas desta tipoloxía. En 2022 en España esta porcentaxe era do 21,74% e a media da UE-27 do 13,05%.

Acceso a indicadores