ÍNDICE


Superficie e densidade

A superficie total da comunidade autónoma de Galicia é de 29.577 quilómetros cadrados e a densidade de poboación en 2022 foi de 92,0 persoas por quilómetro cadrado. Por provincias, Pontevedra, con 210,9 habitantes por quilómetro cadrado foi a que presentou unha maior densidade de poboación. No outro extremo atópase Lugo, con 33,0 persoas por quilómetro cadrado.

Superficie e densidade. Ano 2024
Superficie (km2) Densidade (hab./km2)
Galicia 29.576,74 91,5
A Coruña 7.949,90 141,9
Lugo 9.858,03 33,0
Ourense 7.273,96 41,9
Pontevedra 4.494,85 210,9

Entidades de poboación

A partir dos datos de España, obtense que o 49,1% das entidades singulares de España e o 76,9% das parroquias de España pertencen a Galicia. Por outra banda, o 41,6% dos diseminados de Galicia atópanse na provincia de Lugo.

Entidades de poboación. Ano 2023
España Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Concellos 8.131 313 93 67 92 61
Entidades colectivas (parroquias) 4.908 3.772 927 1.264 915 666
Entidades singulares 62.026 30.454 10.642 9.845 3.706 6.261
Núcleos de poboación 37.453 10.439 4.108 1.339 2.616 2.376
Diseminados 41.083 20.812 6.582 8.663 1.249 4.318
Fonte:INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero

Núcleos de residencia

No ano 2023 o 43,0% dos galegos residía en núcleos de poboación de máis de 10.000 habitantes. Estes núcleos (20) representan o 0,2% dos núcleos de Galicia.

Por outra banda, o 57,3% dos núcleos de Galicia ten menos de 50 habitantes pero a poboación que reside nestes núcleos é o 6,7% da poboación galega.

6,67% 6,95% 6,96% 8,16% 5,16%14,60% 8,50% 8,55%34,45%
Ata 50 habitantes51 a 100 habitantes101 a 200 habitantes201 a 500 habitantes501 a 1.000 habitantes1.001 a 5.000 habitantes5.001 a 10.000 habitantes10.001 a 50.000 habitantesMáis de 50.000 habitantesPoboación segundo o tamaño do núcleo de residencia. GaliciaAno 2023
57,31%21,87%11,14% 6,07% 1,68% 1,48% 0,25% 0,12% 0,07%
Ata 50 habitantes51 a 100 habitantes101 a 200 habitantes201 a 500 habitantes501 a 1.000 habitantes1.001 a 5.000 habitantes5.001 a 10.000 habitantes10.001 a 50.000 habitantesMáis de 50.000 habitantesNúcleos segundo o tamaño. GaliciaAno 2023

Superficie rústica e urbana

No ano 2024 a superficie rústica de Galicia era de 2.818.277 ha, repartidas en 10.892.783 parcelas. O valor catastral destas parcelas supera os 5.175 millóns de euros.

O número de parcelas urbanas ascendeu a 1.812.442 cunha superficie total de 1.250.459 hectáreas. O valor catastral total acadou os 108.558 millóns de euros, dos cales 71.342 millóns correspondían ao valor catastral dos bens inmobles de uso residencial.
Catastro inmobiliario rústico e urbano. Ano 2024
Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Urbano
Número de parcelas urbanas 1.812.442 562.055 293.726 398.629 558.032
Número de parcelas edificadas 1.078.630 335.534 202.710 242.324 298.062
Superficie das parcelas urbanas (miles de m2) 1.250.459 522.271 204.065 141.992 382.132
Bens inmobles 3.090.919 1.089.515 446.577 593.676 961.151
Bens inmobles de uso residencial 1.628.996 624.124 251.048 266.309 487.515
Valor catastral dos bens inmobles (miles de euros) 108.557.518 49.394.547 12.376.196 13.984.449 32.802.327
Valor catastral dos bens inmobles de uso residencial (miles de euros) 71.342.438 32.005.484 7.716.862 9.280.506 22.339.585
Rústico
Superficie total (hectáreas) 2.818.277 736.125 963.776 710.445 407.932
Número de parcelas reais 10.892.783 2.677.548 2.268.739 3.562.825 2.383.671
Valor catastral (miles de euros) 5.174.693 2.611.670 1.016.375 541.055 1.005.592
Fonte:INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero

Infraestruturas

No ano 2023 investíronse en Galicia 139,3 millóns de euros na rede de estradas dependentes do Estado, 171,0 millóns na dependente da Comunidade Autónoma e 49,6 millóns de euros na dependente das deputacións. O investimento en ferrocarril acadou os 285,4 millóns de euros, en aeroportos e navegación aérea 21,2 millóns de euros e en portos e costas investíronse 127,0 millóns de euros.
Liquidación orzamentaria dos investimentos en infraestruturas. Galicia
Unidade: Miles de euros
2022 2023
Total da rede de estradas 312.491 359.915
Estradas do estado 111.856 139.312
Estradas da comunidade autónoma 153.809 171.022
Estradas das deputacións 46.826 49.580
Concesionarias de autoestradas 4.894 4.393
Ferrocarrís 173.032 285.428
Aeroportos e navegación aérea 23.165 21.193
Transporte marítimo e actuación nas costas 98.847 127.006
Obras hidráulicas .. ..
Fonte: Ministerio de Fomento.

Rede de estradas. Galicia. Ano 2023
Unidade: Quilómetros
Total Dunha calzada Estradas multicarril, autovías e autoestradas
Estado 2.375 1.434 941
Comunidades autónomas 5.487 5.175 312
Deputacións e cabidos 9.731 9.731 0
Fonte: Ministerio de Fomento.

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos