ÍNDICE


Poboación de Galicia

Poboación segundo o sexo. 2023
Espazo Total Homes Mulleres
Galicia 2.699.424 1.299.064 1.400.360
A Coruña 1.123.884 538.523 585.361
Lugo 324.267 157.332 166.935
Ourense 304.563 146.271 158.292
Pontevedra 946.710 456.938 489.772
INE. Censos de poboación e vivendas

O día 1 de xaneiro de 2023 residían en Galicia 2.699.424 persoas, segundo o censo de poboación do INE. No último ano o número de residentes en Galicia tivo un aumento interanual en termos relativos do 0,25%.

Poboación residente nos sete grandes concellos galegos. Ano 2023
Poboación
Vigo 294.910
Coruña, A 247.350
Ourense 104.187
Santiago de Compostela 98.716
Lugo 98.189
Pontevedra 82.592
Ferrol 64.005
INE. Censos de poboación e vivendas

Vigo, con 294.910 habitantes, é o concello máis poboado de Galicia. A continuación atópanse A Coruña con 247.350 veciños e veciñas e Ourense con 104.187 persoas. Entre os sete grandes concellos suman 989.949 habitantes, o 36,7% do total da poboación residente en Galicia.

O índice de envellecemento, calculado coma o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20 anos, amosa a grao de envellecemento que sofre a poboación dunha rexión. No ano 2023 en Galicia este índice acadou o valor de 169,27.A provincia co maior índice de envellecemento é Ourense cun valor de 239,43. Pola súa banda, na pirámide de poboación de Galicia apréciase que a galega é unha poboación envellecida, cunha base estreita, o que indica que nacen poucos nenos e nenas. Por contra, a parte central e superior da pirámide son anchas, sintomático dunha estrutura poboacional con predominancia da xente de avanzada idade.

Estranxeiros

Poboación de nacionalidade estranxeira. Ano 2023
Total Homes Mulleres
Galicia 139.306 66.673 72.633
A Coruña 55.136 25.942 29.194
Lugo 19.759 10.001 9.758
Ourense 19.483 9.317 10.166
Pontevedra 44.928 21.413 23.515
INE. Censos de población

O día 1 de xaneiro de 2023 tiñan fixada a súa residencia habitual en Galicia 139.306 persoas de nacionalidade estranxeira, o que supón o 5,2% do total da poboación galega.



En 2023 a poboación de nacionalidade estranxeira aumentou un 16,9% con respecto ao ano 2022.

Movementos migratorios externos

Durante o ano 2022 marcharon de Galicia 32.697 persoas e chegaron 59.948 procedentes do resto de España ou do estranxeiro, o que sitúa o saldo migratorio externo en 27.251 persoas. Neste ano chegaron a Galicia 13.069 inmigrantes máis que en 2021. As entradas procedentes do estranxeiro aumentaron arredor dun 53,8%. Un total de 19.283 galegos e galegas marcharon de Galicia con destino a outra comunidade autónoma e 13.414 fixérono ao estranxeiro.

Movementos migratorios externos. Persoas
2021 2022 Variación Porcentaxe
Emigración externa 34.043 32.697 -3,95
A outra comunidade 18.191 19.283 6,00
Ao estranxeiro 15.852 13.414 -15,38
Inmigración externa 46.879 59.948 27,88
Doutra comunidade 21.332 20.667 -3,12
Do estranxeiro 25.547 39.281 53,76
Saldo migratorio externo 12.836 27.251 112,30
INE. Estadística de variaciones residenciales. Elaboración propia a partir dos
ficheiros proporcionados polo INE

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Distribución segundo o sexo e os grupos de idade. Ano 2024
Total Homes Mulleres
Total 534.972 260.264 274.708
Menos de 16 anos 47.422 24.042 23.380
De 16 a 64 anos 318.321 158.705 159.616
De 65 ou máis anos 169.229 77.517 91.712
INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero

O día 1 de xaneiro de 2024 residían no estranxeiro un total de 534.972 persoas de nacionalidade española e inscritas nalgunha provincia galega no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE). O 33,8% destas persoas residía en Arxentina, que é o país do estranxeiro onde viven máis galegos e galegas.

Segundo a idade, o 8,9% das persoas inscritas no PERE teñen menos de 16 anos, o 59,5% entre 16 e 64 anos e o 31,6% restante 65 ou máis anos.
Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Principais países. Ano 2024
2024
Total 534.972
Arxentina 181.037
Brasil 51.409
Cuba 48.674
Suíza 41.188
Uruguai 40.818
Venezuela 30.118
Estados Unidos de América 26.108
Francia 19.846
Alemaña 17.901
Reino Unido 16.155
México 15.047
Portugal 5.020
Fonte: INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos